x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

"Sólo ante el peligro..."





Un día de fortes experiencias...

Que vos parece, si vos digo que entre Thais, Laura, Miriam, Lara, Carme, Estela, Violeta e Eloy... preparáronme unha traicionera encerrona, deixándome só ante a perigosísima situación de me ter que enfrontar a unhas "temibles feras" que durante mais de dúas horas acosáronme sen piedade, tendo eu que procurar o refuxio do currucho da aula da "Marexada"...


Mais esa temible agresión de tan inmundas alimañas transformouse de súpeto nunha xenerosísima ración de agarimo, pureza, espontaneidade, orixinalidade e tantos outros "...ades" cós que me viñen prá casa "asubiando baixiño" e có peito botando por fóra da tenrura da que mo encheron éstes incomparables "bichiños".


- Queredes ver un vídeo de Arroases?
- Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii


Mimadriña, tal abafante resposta obrígache por un intre a te poñer de costas a éles cara á pantalla pa que non se decaten que xa conseguiron emocionar a éste vello Carcamán, pois non vaia a ser o demo que collan excesiva confianza, pra que de repente che larguen unha desas inxeniosas preguntas que, coma un "zarpazo" déixanche a abanear.
É de todos coñecido que de semexantes e espantosos depredadores non se pode un fiar...


Unha fermosísima leución recibida dos nosos cativiños da Arousa que, cós ollos coma platos ollaban abraiados, por poñer un exemplo, prá pel dunha muda de culebra que lle levei, véndose obrigados pola lóxica curiosidade a achegarse á mesa da "profe" estirando os seus brazos có dediño índice estirado pra apalpala e sentir, cun pouco de resquemor e surpresa, semexante "piesa" de última moda pret-a-porter que o ofidio deixou atrás pra "disfrutasión" de tod@s.


E cando pensei que xa estaba franco de perigo, éste inmerecido e conmovedor agasallo con moito traballo e dedicatoria incluída, que Pepa e eu penduraremos no mellor lugar da casa e do noso corazón.
Quedamos abraiados con tantas satisfaccións e surpresas coas que nos deleita esta nósa afición ós bichiños. Sen palabras...

Xa volo prometín estando con vós de "corpo presente", pero reitérovolo eiquí pra que non haxa dúbidas, nesta declaración no meu blog, que vale mais que o mais sesudo contrato: CONTADE COMIGO PRA OUTRA !!!



Pró mellor remate, recomendar a encantadora historia e álbum de fotos (de onde roubei as que subín aquí) que as intrépidas "amazonas" de Marexada fixeron de tan procelosa e arriscada aventura, acho que inmerecida pola parte que me toca. PREME NESTE LINK..











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño