x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_05

O Peixe Lúa, mola


O Peixe Lúa, mola


Eiquí temos outra proba mais do irremediable cambio climático que xa fica con nós pra se quedar. Uns amigos pasáronme éstes días un vídeo cunha extraordinaria grabación da semana pasada do que semella unha cría de Peixe Lúa, a cal recolleron cando iba a varar, pra liberala de inmediato no muelle do Cabodeiro. Tamén me comentaron o avistamento doutro exemplar que sería un par de cuartas mais grande que éste, ó que lle estaba a acontecer algún problema similar,  sendo capaces de desvialo lonxe da mallante. Desta quenda o suceso foi pola zona dos Tarais, coa Ponte á vista.

Tales avistamentos coinciden no tempo con outros producidos días atrás no Boiro, que foron noticia nos periódicos da Ría alomenos por dúas veces, e sempre con exemplares mais grandes, arredor de dous metros de lonxitude. Neste artigo do Faro de Vigo detállanse os pormenores do suceso.

O Peixe Lúa (Mola mola) é un peixe dunha lonxitude media duns 2m, aínda que se teñen anotado rexistros de 3,3m. e habita as augas mornas en zonas tropicais. É unha especie peláxica que pode nadar ata profundidades de 600m, iso sí, ó seu xeito, con ésa forma tan particular de abanear a un lado e a outro as grandes aletas superior e inferior, que lle restrinxe bastante a lixeireza do nado. Cértamente semella bastante torpe. A mín recórdame un pouco coma cando, por dispoñer dun só remo, no canto de bogar poste a cinguir, avanzando con dificultade e rumbo errático... ;-)

Pódese ler na Wikipedia que si o Peixe Lúa ten que nadar en augas por baixo dos 12º pódelle causar desorientación. Non creo que eiquí a temperatura do mar chegue tan baixo nesta época, mais o vídeo insertado no remate desta entrada semella confirmalo, pois unha vez que o noso peixiño foi liberado, anduvo nadando en roda por mais de dez minutos sen ser quén de fuxir a augas mais abertas. Tamén avisan nesa entrada de que os avistamentos desprazados tan ó norte do seu hábitat natural son unha proba mais do aumento da temperatura das augas.

Unha captura accidental en augas Asturianas
foto: noticia Faro de Vigo 20/08/2017

E o que resulta aínda mais asombroso é que tivesen a coraxe de adentrarse na Ría, con escaso fondo en moitas zonas, e por tanto de perigo certo de varamento que lle pode provocar, ou cando non o alto risco de embestida con calquera embarcación lixeira do saturado tráfico que temos nas nosas augas.


Vaia, que tendo en conta que os nosos Peixiños Lúa semellan exemplares novos e inexpertos, ó mellor aínda nos dan a oportunidade de nos ver nunha vindeira ocasión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️