x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

sobre o autor





Éste blog foi creado após un longo tempo de dúbidas onde fun amadurando a idea que me viña comendo o bandullo de encetar un sitio no que vencellar a miña afeizon á fotografía có respecto que profeso pola natureza.

Vaia por diante que non son ningún profisional de ningunha das dúas cousas, nin pretendo eiquí dar leucións de nada disto a ninguén. Pola contra, gosto de aprender cada día o que poida de ámbalas dúas. O que pretendo aportar neste blog é un espazo distraído onde amosar as mellores fotografías e vídeos que vou acadando, achegándolle historias coas miñas experiencias e, si acaso, sumar algúns dados de interese dos verdadeiros protagonistas: os Bichiños de Carreirón na Illa de Arousa.

Pra se instruir de xeito mais científico sobre todo o concernente ós "bichiños" haiche unha morea de páxinas web, libros, e outro material audiovisual en tódolos formatos, feitos por xente moi preparada pra elo, o que non é o meu caso, como veño de recoñecer.

Todo o contido do blog expresareino en lingua galega. É a miña contribución à preservación do nóso fermoso e ameazado idioma, tantas veces menosprezado, tantas outras esquencido, e a cotío ninguneado.

O Galego é a lingua na que me falan os meus veciños e amigos, e na que eu chamo e lle falo ós meus bichiños, a lingua na que orgullosamente trato de desenvolverme persoal e profesionalmente, na medida en que nolo permiten os escasos curruchos que a asfixiante presión do castelán nos deixa.

Resumindo, a miña proposta é un sitio virtual que consiga divertir, transmitir algunhas experiencias interesantes, e aportar o máximo de beleza, a mesma que nos entrega, sin demandar nada en troco, a Natureza salvaxe que nos arrodea tódolos días, ésa mesma que a cotío nos pasa desapercibida, e que día tras día sofre un continuo exterminio, coma se no mundo non tuvese dereito a vivir ninguén mais ca nós.

O meu fondo agradecemento a tódolos amigos que se molesten en visitar éste blog, desexando que atopen nél o que buscan, o mesmo que eu procuro ofrecer coa maior paixón. 

Se queres partillar calquera cousa onde eu poida axudar, nono dubides, vaime encantar recibir a túa mensaxe, a cal podes inserir no Formulario de Contacto que teño ubicado na parte dembaixo da banda dereita do blog.

Apertas a tod@s

Francisco M. Cores Allo