x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido
Amosando publicacións coa etiqueta aves mariñas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aves mariñas. Amosar todas as publicacións

Crónicas Jaboteiras


Crónicas jaboteiras


Ésta vai ser a crónica duns aquelados episodios semanais experimentados durante os roteiros de cadanseu finde, coa asombrosa fazanha dunhas valentes Gabotas patiamarelas que se puxeron a criar nuns expostos Cóns entre dúas praias, desafiando ós ciclos de cría, e desafiando tamén aos inocentes guiris que xa se iban achegando a torrar os corpos a Carreirón, inorantes da zona hostil na que se adentraban, e dende a cal tiveron algúns deles que saír por pés, fuxindo dos ataques que lle chovían do Ceo lembrando a aqueles afamados Stukas da WW2...

Velo aí vos vai o azaroso relato:



Finde n°1:
Camiño da caseta de observación de Punta Carreirón asistimos con curiosidade ós agresivos ataques de dúas gabotas sobre unha Garza real que ficaba pousada nos Cóns de fóra.
Supoñiamos que esa agresividade estaría xustificada polas habituais rifas "gastronómicas" de toda a vida, polo que, unha vez gravado o interesante evento aéreo, continuamos inocentemente camiñando en direución á praíña da caseta, onde a cotío temos acadado moi boas fotos de limícolas, Corvos mariños, etc.
Porén, antes de chegar a éla os ataques trocan de obxectivo, que os sofisticados sistemas de guiado das jabotas fixan sobre nós.
Aí foi onde nos decatamos de que xusto enriba dun déses Cóns do final da praia había outra Jabota que, polos inconfundibles sons guturais que emitía (glogloglo..., glogloglo... ;-) quería amosarnos o seu cabreo ante a nosa insolente actitude que supoñía a violación do perimetro de seguridade da zona materno-infantil que, unilateralmente e sen previo aviso tería situado arredor de dito Cón.
Toca fuxir.

Finde n°2:
Frustrados intentos do retratista repunantiño de se achegar ó niño pra acadar algunha imaxe interesante, con infructuoso resultado. Como ainda por riba chove, suspéndese a misión ate a seguinte semán.

Finde n°3:
Novos intentos de grabación dos ataques, desta vez dende discretas posicións de francotirador. Deixamos que un candoroso grupo de tres mosiños se acheguen resoltos pra facer un selfie nése Cón. 
O resultado foi que o oportuno "pau-de-selfie" que levaban pra inmortalizar o evento debe mudar a súa función, erguéndoo entre eles e os Stukas, así como arrecian os picados. Constatamos que correr polos Cóns pra fuxir da "choiva" de Jabotas encabreadas fai da retirada un perigoso camiño de inestables equilibrios.
Nós, que xa lle imos collendo o fío ó asunto, aproveitamos unha saída do niño do proxenitor que estaba de guardia, que seica saleu un intre a buscar tabaco, pra lograr o premio dunha valiosísima foto dos oviños que están a chocar. Descobrimos tres primorosos proxectos de Jabotiñas en camiño.

Finde n°4:
Vemos mais gabotas arredor, (debe ser a familia, que vén de visita á maternidade) de tal xeito que cando a nai ou o pai, que fican no niño chocando os ovos, chía pra pedir axuda, achéganse intimidantes revoando por riba das nosas cabezas ata que se deciden a atacar dereitiñas frontalmente a tí cós peteiros afiados, deixando caír tamén algunha "bomba" en forma de pestilente cagada que con moita puntería liberan no intre exacto. Dou fé.
Fascíname a valentía destas aves, que se enfrontan sen vacilar á ameaza que representan pra éles uns "bichos" moito mais grandes ca éles, nun exemplo asombroso de temeraria ousadía, por protexer á niñada que está en camiño. Por certo que o incremento de efectivos defensores con ésa renovada agresividade fainos inferir que os pitiños xa deberon nacer, mais polo momento aínda non podemos confirmar tal.

Finde n°5:
Con ledicia podemos distinguir, camuflados entre as caprichosas formas dos Cóns, ata tres poliños que son vixiados con celo e alimentados sen descanso por seus pais.
Vaites! A pesar de tódalas dificultades lograron a totalidade do proxecto...
Contra todo prognóstico foron capaces de alonxar do niño unha grande variedade de perigos que a tódalas horas os provocaban. Temos rexistrado o ataque á Garza real, diversas escaramuzas cós bañistas, e ata algún can que tuvo que saír có rabo entre as patas.
Afortunadamente non se rexistraron danos colaterais, e cun final feliz, como deixamos atestiguado.

Non podo pechar ó epílogo deste épico relato, sen recoñecer que sempre tuven, coma case todo o mundo, bastante tirria contra éstas aves, por carroñeiras, ou por oportunistas, pero a experiencia que vimos de contar axudoume a valorar un pouco mais a tódolos bichos en xeral, e a éstas Gabotas en particular, que con tanta valentía foron capaces de lograr, con tódalas circunstancias en contra, un novo ciclo da vida traendo unha nova xeración de veciñiños de Carreirón.

Éste laborioso video para o cal me otorguei a licenza de engadir algún toque de humor, pode servir como acta notarial da procelosa historia Jaboteira que vimos de relatar nesta entrada do Blog. Durante mais dun mes fixemos o seguimento do chocado dos ovos por ámbolos pais, acadando algunhas secuencias cunha boa dose de sorte, dada a nula disposición dos celosos protagonistas para a gravación de cada toma...



Págalo grande, cavaleiro das tormentas


Págalo grande,
cavaleiro das tormentas


Coma tódolos anos, inseparables do pack do Inverno chegan os enbravecidos temporais que nos deixan, case sempre en diferido en forma de vítimas, uns peculiares agasallos que nunca quixéramos apañar nas praias, bichiños derrotados polas inclemencias climatolóxicas, que rematan a derradeira viaxe varados difuntiños nas costas da nosa Illa.

Nestes primeiros días de Febreiro, rematadas as que foron, segun pudemos ler na prensa, as piores cicloxénesis que se teñen rexistrado, superando ó Hortensia e o Klaus, (que xa lle chegou), agardamos a chegada ás nosas praias déses temidos "efectos colaterais" nesta dura Estación invernal.


Porén, o estrano náufrago da historia de hoxe, chegou "polo seu propio pé", como dicimos por aquí, unha ave cértamente moi estrana por éstas latidudes, por tratarse dunha especie peláxica que desenrola todo o seu ciclo vital nos mares de fóra, ou si acaso nas partes da costa mais abertas ó océano.


Ó primeiro só se distinguía un obxecto aboiando no medio das ondas batidas polo temporal. Có revelado da primeira foto descobrimos que era unha boia á deriva, mais ó carón déla descobría ó paso das encabreadas ondas unha ave, que polo tamaño, e polas cores, non confirmaba o que, inicialmente parecía unha Gabota. As sucesivas imaxes e tomas de vídeo adxudicáronnos un "Págalo grande" (Stercorarius skua), que porfiaba arredor daquel obxecto, queréndolle roubar algo que mirou nél e que finalmente papou.

By Psychofox at English Wikipedia - Transferred from en.wikipedia to Commons., Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2199242

Ésta é unha ave moi afeita ás durísimas condicións do mar aberto, cuxo menú abarca tanto carroña, coma o roubo da pesca a outras aves, ás que acosan repunantemente ate lograr que arríen os peixes que declaran no seu peteiro. Tamén son efectivos depredadores de calquera bicho que amose febleza. Non teñen piedade, a supervivencia obriga. Por certo, agradézolle ó noso veciño e amigo Victor Dios, ó que lle pudemos contar o suceso, a enxebre información sobre o nome có que se coñecen estas aves entre os nosos mariñeiros. Disque lle chaman "Merdaseiros", alcume que demostra pouca simpatía por éles, intúo que por carroñeiro e ladrón da comida doutras aves de ocupación mais nobre. Porén, éste inesperado avistamento resultou pra mín espectacular e enriquecedor.

By Elrond - Own work, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=43144438

Alí estuvo durante uns minutos, loitando con aquela cousa aboiada e basculando mariñeiramente as ondas que se sucedían, e ás veces elevando o vóo, cunha maestría que proclamaba a súa condición peláxica de loitador de inclemencias.


Cando o noso "Merdaseiro" se dou por satisfeito, despegou aparentemente cara a Sálvora, ata que comprobou que non era boa idea, pois os fortes refachos do Sur que batían Carreirón devolvíano a base de sopapos ó punto de partida, ou mais para atrás. Rematou derivando o vóo cara ó Leste ata que se me foi da vista.


Éste foi o último dos "momentazos" que o cinema de Carreirón nos proxecta en primeira fila, pra que nesta ocasión pudésemos admirar a forza, talento e afouteza desta mareira ave.

Qué queres que che diga!, cada vez gosto mais dos Ciclóns...

Anima-diños


Anima-diños



Como se fose un pase en Sesión Contínua, nesta entrada imos colgar unha escolla das gravacións logradas nos que sempre son afortunados encontros cós Bichiños de Carreirón, as cales, logo de pasaren o criba das inflexibles críticas das redes sociais, resultaron nominadas pra éste enxebre certame cinematográfico. 

Cértamente estes videos non pasarán ós anais dos documentais pola súa calidade, pois responden a tropezos casuais cunha fauna que sempre me surprende sen tempo de porfía, si ben no meu descargo hei de alegar que sempre procurei respeitar a imaxe mediática dos artistas. Polo tanto creo precisa certa indulxencia no implacable xuizo que dea a reverenciada audiencia deste Blog, que agardo indulte as tremendas carencias das gravacións, que nalgúns casos aquelei botándolle un pouco de humor. Defeitos que, por outra banda, evidencian a improvisación das tomas, transmitindo así o frescor e a emoción do momento

Pois logo, como dicía aquel, imos botar man da "maldita hemeroteca"  pra lle sacar as cores ós atrevidos bichiños que valentemente se chantaron diante do obxectivo deste repunante retratista, agasallándonos con éstas glamurosas intrepretacións:





O descobremento dun niño de Cobra sapeira con catro ou cinco crías que non terían nin dous días de vida. O seguinte finde volvemos por alí e xa medraran o triple, rematando os estudos superiores, e emáncipándose do núcleo familiar, deixando un completo roupeiro cheo de mudas.



É a primeira vez que podo grabar a un Peto verde alimentándose. Aínda que quedei discretamente a bastante distancia, non son parvos, e sí que me veu. Foi moi estrano que non fuxira, seguramente disfrutaba dunha boa comedela de formigas, que é o que xeralmente procuran peteirando nas dunas de Carreirón, onde hai moitos formigueiros. Outro momentazo...



Un admirable momentazo que non desaproveitei, cando ése grupo de Cullereiros, enfaenados e preocupados como estaban en encher o bandullo, concedéronme unha boa aproximación pra facer a toma désta memorable actuación.



Unha selección de boas imaxes de varias Estrozas, unhas raniñas encantadoras e dunha fotoxenia sin par.



Éstas foron as mellores imaxes en movemento acadadas ate o de agora da manda de Arroases que día tras día percorren a nosa Ría. Aínda estou gardando o alento pra non prexudicar as magníficas escenas.



Habilidades marisqueiras dun Mazarico rubio que no curto espacio de minuto e pico foi quén de arrincar da entranas da praia dúas boas miñocas, a última délas dun considerable tamaño, que seguro lle prestaron dabondo no seu valeiro bandullo. Todo o evento foi, como se pode comprobar, vixiado por uha Gabota patiamarela que, coma un Xuiz de silla dun partido de tenis, controlaba arrente dél dende a súa "atalaia" as evolucións do artista desta seman.



Un pavero grupo de Pardaliños que, dun xeito moi simpático andan a peteirar os restos que poden atopar polas gavias das tellas.



Aínda non fún quén de coller a xeito unha imaxe como eu quixera dun Verderol. Porén, aquí plantóuseme diante do coche pra se asear debidamente pola mañán nunha poza no medio e medio do camiño, o que non desaproveitei pra inmortalizar esta cinematográfica escena clásica de ducha.



Os Patos Culleretes son unhas anátidas cun peteiro desproporcionado que locen con orgullo. A mín ése magnífico apéndice lémbrame a Cyrano de Bergerac. Na Arousa só se poden ver na Poza de Espiñeiro, agardemos que por moitos anos, porque a súa presencia mais ben semella intermitente.



Toda a comunidade de Pardaliños do rueiro se citaron nunha poza formada coas que semellan ser xa a finais de Abril, as derradeiras choivas mais ou menos serias do inverno. Así que aínda non sei moi bén si se estaban aseando, ou facendo as beiras "one each other" que por alfo xa chegou a Primavera e haise que poñer á faena...



Aquí pillámoslle o rechouchío a éste macho de Escribenta facendo alarde das súas dotes cantoras en plena época de efervescencia reproductora. Abofé que estaba falador...



Menos mal que pasaba eu pra sacalo dalí, que si non, non sei que sería dél. Díxenlle que tuvera mais coidado, porque correu moito perigo, ó que me respondeu que viña un pouco "colocado" despois dunha noite loca de fiestuqui desfrutando de tanta auga que caeu onte, e como están en época de reproducción, xa se sabe... Son as hormonas, estúpido! :D



Con todos vostedes, o repoludo Lagarto Arnau e a glamurosa Lagartixa de Bocage, acabadiños de aterrar a Carreirón, para a presentación da inminente estrea nas carteleiras do mundo mundial dun novo "remake", de... "Os findes ó Sol"



Un violento suceso aconteceu días atrás a horas intempestivas nun bar da Poza de Espiñeiro na Illa de Arousa: Andaban dous Mergullóns cós ánimos moi alporizados, con moita violencia física e verbal por un perigoso asunto de ciumes. Aquí deixo constancia mediática do incidente, permitíndome a licenza de subtitular a escena pra mellor contextualizala e facilitar a comprensión do espeluznante acontecemento. O suceso foi denunciado ante a autoridá competente polo taberneiro, que tamén estivo a piques de papalas como queda demostrado no vídeo, instruíndo aquéla o correspondente parte de danos, inxurias e ameazas... ;) Son as hormonas, estúpido! :D




Cando a nosa productora "Bichiños Productions Corporation " volva a producir novas pelis con mais "saídas de tono" destas estrelas mediáticas, iremos enchendo este sitio có correspondente material audiovisual, onde os amigos das cousas do retratista de bichos de Carreirón poderán facer os pases que queiran có mesmo abono da entrada inicial.

Eso sí, sen dereito a palomitas.


Danos "colaterais"


Danos colaterais


Ben sexa polos temporais do inverno, ou como consecuencia do Cambio climático, ou polos dous xuntos, porque ultimamente éste provoca que os primeiros cheguen mais "encabreados", o asunto e que estanse facendo cértamente habituais os avistamentos de fauna salvaxe que se saen do que podemos aceptar como posibles, e que últimamente estanse a suceder dun xeito por demais repetitivo, invitándonos a pensar en terlle que retirar a algúns o adxetivo de "rarezas".
Unhas veces prodúcense fora da época habitual na que se poderían agardar, outras nun lugar imprevisto, outras como vítimas dos elementos... Vaia, que últimamente os que gostamos das cousas da natureza non gañamos pra disgustos, ou, por qué non dicilo, ó mesmo tempo pra alegrías, as que nos produce poder contemplar exemplares de especies infrecuentes na zona, e que sen azarosos imprevistos non poderíamos gozar.
Aquí irei subindo as fotos que coa categoría de "rara avis" vaia acadando, moitas veces grazas ós amigos virtuais que as suben ás redes sociais, e agradecidamente conveñen partillar neste blog.


Éste Mascato foi avistado ó Sur de Carreirón a primeiros de ano. En moitas ocasións acontece que son desprazados polos temporais, déixándoos coma nun estado de shock que lles impide ubicarense axeitadamente pra poder retornar para fora a mares mais abertos, que é onde desenrolan o seu ciclo vital. Foto: José M. Oubiña Viana 05xan2015.
E do mesmo autor tamén é ésta curiosísima foto con outro exemplar de Mascato (si non é o mesmo de antes) ó que non lle chegou con traspasar a "fronteira" de Sálvora pra se atrever a vir toma-los viños ó Regueiro.
Éstas aves son de maior envergadura que, por exemplo as gabotas, coas ás mais longas e esbeltas, así que cando se observan en vóo son relativamente doadas de identificar, mais cando están nadando, coma ésta, a unha certa distancia son moi confundibles.
Seguramente outros exemplares anduveron preto estes días, pero aínda non fun quén de observalos en vivo.


Un Arao papagaio, por desgraza xa defunto, que apareceu na mallante da Sapeira o 16 de xaneiro.
Arao papagaio - Frailecillo
(Fratercula arctica)
Pola zona onde varou non creo que chegara aboiando dende fora da Ría, que é onde fan vida de xeito natural, pois sería mais lóxico que batera en terra mais ó Sur. Acaso foi desorientado polo temporal, pra morrer arrente da nosa Illa, debido ó estrés ou á inanición, ou a ámbalas dúas causas. Tuven chanza de retratar outros exemplares no mesmo "estado civil" hai un par de anos, cando aconteceu aquela incrible sucesión de Cicloxénesis que varou a moitos "perxudicados" coma éste en terra. Agardo con ilusión a que na seguinte oportunidade poida subir aquí algún exemplar con vida destas fermosísimas e paveras aves, pois neste necrolóxico estado váiselle toda a lustrosa variedade de vivas cores que visten por todo o "chasis", de xeito aínda mais chamativo no espectacular peteiro.



Dous Carolos. Un morto, e por sorte outro vivo, en fotos tiradas por Gabi Comojo o 16 de xaneiro en San Vicente. Son as aves mais parecidas ós pinguins que temos por aquí. O defunto da esquerda pudo ser outra vítima dos fortes temporais.
Carolo = Alca común
(Alca torda)
Disque non son moi difíciles de atopar pola Arousa, aínda que eu nonos detectei nunca no radar, así que o da dereita penso que ó andar tan solitario acaso sería que o rapás se atopara desorientado, como adoita suceder cando as aves son desprazadas do seu entorno por situacións dramáticas contra a súa vontade.



Tamén o 16 de xaneiro subeu varios vídeos e fotos do encontro con éste exemplar inmaturo de Mascato que teimaba en achegarse á embarcación na que faenaba o amigo Fernando Piñeiro Oubiña. Tanta fame tiña o bicho que seica se lle botou á faneca que traía na liña, dándolle un inesperado traballo ó terlla que sacar pra zafar á ave, agardo que con final feliz.
Os exemplares novos coma éste adoitan ser as primeiras vítimas dos acontecementos desfavorables, froito da inexperiencia. O malo é que, tamén por mor desa bisoñez son incapaces de asimilar a súa nova situación e voltar ó lugar de orixe que lle corresponde, perecendo moitos no novo entorno ó que non están afeitos.


De finais do mes de Xaneiro é ésta oportunísima toma que fixo có movil o meu amigo F.Constante García dunha ave que paseaba pola praia de Xastelas e que penso que é dificilísima de ver no interior da ría.
Trátase dun Págalo parásito (Stercorarius parasiticus) que andaba solitario procurando alomenos algo de carroña que meter no buche.
Estes rapaces son oriundos das Hébridas, Orcadas, ou Shetland, onde crían para viren pasa-lo inverno mais ó Sur, aínda que non adoitan entrar na ría por ser de augas abertas, como indicabamos antes. Tal coma os anteriores, aventuro que foi desprazado por algún temporal, e mentras atopa o camiño correcto andará facendo algo de turismo entre nós. Veu parar ó sitio axeitado, bó marisco, bós viños, boas praias...
A foto do recuadro inferior sérveme pra comparar e foi sacada da Wikipedia aquí: https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=706948


Ate eiquí o que dou de sí o inverno do 2015. Para o 2016 temos mais do mesmo, aínda que con algunhas particularidades, como a circunstancia de que a meirande parte das visitas producíronse cando o inverno xa rematara, nos meses de Marzo e Abril.
A excepción foi éste Págalo grande, ou mellor dito "Merdaseiro", segun o alcume có que foi bautizado pola nosa Arousa, que nun día de forte temporal foi obrigado a chegar ata Carreirón, alomenos durante unhas horas, do que xa deramos cumprida conta nesta entrada do blog.


O seguinte que pudemos documentar gráficamente en facer o eu indesexado e triste "debút" por Carreirón, foi o que quedou deste Corvo mariño.
Éste non creo que viñera a parar dende moi lonxe, pois pola zona de Punta Carreirón son bastante habituais as reunións de grandes grupos destas aves, moitas veces nadando xuntas nunha sombra enriba do mar, onde semellan facer quendas para ir pescando cadanseu "quiñón" da pesca.
Debido o seu lamentable estado de conservación, non me atrevo a poñerlle apelido, eu diría que é un Corvo mariño grande. Xa debía levar bastante tempo tomando o Sol na praia dos Petóns, en Punta Carreirón. Ésto é o que pasa cando non se usa a debida proteución solar...



Na mesma praia, contra o mes de Marzo atopamos na mallante éste Carolo (Alca torda), que aínda non debía haber moito tempo dende a "aterraxe", pois a plumaxe aínda lucía con algún brillo, o que non se pode dicir do peteiro, que perdeu as cores brancas do característico debuxo.
Unha ave bén bonitiña a pesar das sobrias cores que loce, sendo ademais unha das mais aqueladas ós Pinguins das que temos por eiquí, coa licenza do Arao común, outra especie de smoking que leva uns anos en horas baixas por éstes lares, onde é todo un luxo chegar a miralas.


E para o mes de abril, decepcionante premio acadado na praia da Crus, con éste aínda fermoso exemplar de Mascato nun razoable estado de conservación, que revela pouco tempo "á espera" na praia. A primeira vez que teño ocasión de admirar tan arrentiña a esta magnífica ave peláxica, que de cando en vez se atreve a achegarse pola Arousa a degustar a gastronomía local.
Sen feridas externas que aproximasen unha idea da causa do seu pasamento, si acaso apréciase que a parte superior do peteiro semella tronzada, aínda que tampouco e precisa esa violencia para acabar con eles, pois poden morrer só có estrés que lles xeneran as dificultades dos temporales.


E para rematar a tempada, un magnífico exemplar de Arroaz que xa pudemos detectar no finde cando a marea estaba enchendo. Pola mañánciña do Domingo xa viñeran a xente do CEMMA a dar conta dél, practicándolle o oportuno recoñecemento e debido control.
Nesta tempada como digo, os danos colaterais chegaron xá fóra de contas, có Inverno claramente rematado. Unha lástima, cando xa nos congratulabamos dos escasos sucesos coñecidos. Agollá o vindeiro ano non tuveramos documentos que subir aquí, o que por desgraza, estadísticamente é imposible. Conformo con que alomenos non sexan tantos...


O asunto é que xa estamos en prevención e atentos a calquera aparición de outros visitantes coma éstes, dos que de cando en vez entran pola Ría pa riba convertidos en "danos colaterais" consecuencia das duras batallas coas que teñen que lidiar cada inverno en particular, e coa inestable climatoloxía en xeral que, como consecuencia do mal-facer dos humans son cada vez mais imprevisibles e nefastos pra todos, incluídos por suposto nós mesmos.


Nómadas do inverno


Nómadas do Inverno

Nesta entrada tentarei facer unha dilixente laboura notarial aproveitando os roteiros que teño a sorte de poder fruir por Carreirón os findes, e facer cronolóxico inventario dalgunhas das aves invernantes da presente tempada entre solsticios, que unhas veces veñen pra residir eiquí nos meses mais duros do ano, e outras só pra facer unha provisional escala collendo folgos de camiño a outros lares mais ou menos lonxanos nos que manteñen un fogar agardando por éles cada ano. Entre éstes efémeros visitadores en roteiro migratorio, demos avistado algunhas especies pouco pródigas pola nosa Illa, que a sorte nos puxo "a tiro" fotográfico, como se deixa acreditado deseguido.


Gabita - Ostrero euroasiático - 
Eurasian oystercatcher 
(Haematopus ostralegus)

Foi unha das primeiras e mais amplas bandadas que fixeron o debut na estrea Outonal do noso escenario insular. De primeiras anduveron ás voltas durante varias semans polo Esteiro de Carreirón, e tamén polo Sur da Ría.
Porén, dende o fin do mes de Novembro xa case non se albiscan pola zona. Só nalgúns cóns de fóra, ó Sur de Carreirón pódense ver algúnhas cuadrillas con frecuencia. Daquela estaríanse a xuntar pra "coordenar axendas" pra aniñar. Hai un par de anos tropezamos con varios poliños que se refuxiaban nos sacos de area da base do parapeto de protección do Dolmen do Areoso, onde criaron, manténdose a nai revoando nerviosa arredor.




Bilurico Bailón - Andarríos chico -Common sandpiper 
(Actitus hypoleucos)

Tamén chamado Bilurico das rochas, eu gosto mais da festiva denominación, que coido define moi bén o comportamento desta miudiña limícola, de discreta figura.
Nada gregarios, case sempre se miran solitarios, todo mais ás veces en parexa, brincando da mallante prós cóns, ou correndo ó longo das ondas así como morren na praia, supoño que porque nese bater deixarán ó descuberto algúns invertebrados das algas dos que se alimentan.
E sempre adornándose cós seus simpáticos "tics" baixando e subindo cabeza e corpo, de cuxo "baile" é de supor que nacerá o expresivo apelido có que foi bautizado. Por certo que se fan moi reos ós meus inocentes achegamentos pra retratalos.



Garza real - Grey heron 
(Ardea cinerea)

Após todo o vran no que só se puderon ver escasos exemplares (acaso xa residentes), coa chegada do outono vanse formando grupos bastante numerosos de entre trinta e cuarenta individuos pescando espallados por todo o Esteiro de Carreirón, que é por onde adoitan xuntarse nesta parte da Ría. Este grupo que retratei eiquí lembroume a distribucion dos xogadores nunha cancha deportiva, ó mellor estaban a xogar un partido de fútbol de máxima rivalidade, e aínda que non vín o balón por ningún lado, non puden resistirme a documentar o evento.


Pildora cincenta - Chorlito gris -
Grey plover 
( Pluvialis squatarola)

Dende finais de novembro é un espectáculo a gran variedade de limícolas a mariscar á seca da praia de Xastelas,  coma nesta imaxe. Ése día en concreto as Píldoras cincentas eran claramente maioría.  E veña daquí pra alá por toda a praia -e mira que é grande- pois a canto te achegas un pouco, dan o salto pró outro lado. Tamén son moi doados de ver no Esteiro de Carreirón, arrente da beira do mar, descansando nos Cóns de fóra, a salvo de malévolas intencións. 


Pilro común - Correlimos común - Dunlín 
(Calidris alpina)

Tiña dúbidas da súa identidade, por seren moi confundibles có P. ferruxento, aínda que éstes últimos son mais difíciles de atopar por aquí. Un déles está marcado cun anel, que nos dá información sobre o bicho como por exemplo que xa se levan 4 anos seguíndoo e anotando "escalas" en Rouxique, na Arnosa, na Fianteira, etc., no Complexo intermareal Umia-Grove.
Moi obrigado ó Grupo de anelamento Anduriña pola información, e pola oportunidade que me dan de axudar ó seguimento destas belezas. Escolleron esa caste de grada que lle brindaba un Cón en Punta Carreirón seguramente pra descansar e tomar unhas birras ollando así tan escalonadiños todos na mesma direución, como se asistisen a un espectáculo, cando o espectáculo eran éles, alomenos sen dúbida pra mín. Reunidos nun compacto acio, en canto a embestida dunha onda os obrigou a brincar no aire, emprenderon novamente o vóo na procura do seu destino cara ó Sur.


Bilurico común - Archibebe común -
Common redshank 
(Tringa totanus)

Teño pra mín que éste ano non foron dos mais puntuais, pois por eiquí comezaron a asomar o peteiro dende os derradeiros días de novembro.
Teñen querencia polo esteiro das Aceñas, onde mariscan a canda os Biluricos claros, e as Garzas reais.
É un bilurico de tamaño medio, pra mín probablemente o mais vistoso déles, có lucido e intenso bermello có que visten o peteiro e as patas. Porén, non son dos que ofrecen mais confianza ás visitas, así que terei que invitar a algúns cafeses pra que me deixen achegar un pouquiño mais.


Falcón peregrino - Peregrine falcon 
(Falco peregrinus)

Un exemplar xuvenil de tan fermosa e espectacular ave rapaz, a cal nunca pensei atopar pola Arousa, pois moi raramente atravesa por eiquí, sempre en paso migratorio. Apareceu no medio dunha espesa néboa, e xa me pareceu raro ése debuxo e cores do peito nada familiares, ó que tampouco axudou o lugar onde ficaba pousado, un Cón á beira da praia da Portiña do revello que ó primeiro levoume a pensar que era algunha gabota, identidade que con grande asombro negou a edición fotográfica. Pouco tempo nos dou o bicho pois botou a voar cando iniciabamos os primeiros pasos da aproximación. A ver si hai mais sorte nos días que queira botar con nós, e nos concede unha entrevista, aínda que sexa curta e sen intérprete.


Bilurico claro - Archibebe claro -Greenshank 
(Tringa nebularia)

Adoito atopalos en faenas mariscadoras a canda ós B. comúns, e igoal que fan éstes, son moi doados de ver pola zona Oeste de Carreirón, e na súa época, tamén pola praia de Espiñeiro.
Eis a boa harmonía que cultivan éstas dúas aves, que velas aí van ó par mentras cachean polas miñocas que van partillar coma bós veciños. Seguramente haberá pra todos porque tampouco os vin rifar nunca cós do Control da peneira pola "tasa" nin polo tamaño das capturas.


Mazarico real - Zarapito real - 
Eurasian Curlew
(Numenius arquata)

Outra especie que, alomenos na Arousa non é moi habitual. Porén, este ano xa os teño avistado dende o mes do Nadal nunha bandada que adoita pousar polo Sur de Carreirón, mais ate este finde non fun quén de reflexar a éstes fuxe-fuxe peteiros corvos no espello da miña cámara.
Son fácilmente confundibles cós Mazaricos chiadores desta entrada anterior, aínda que cando botan a voar son delatados tanto a envergadura como polo longuísimo peteiro característico.
A foto da bandada é pola Punta Xastelas, e a dos dous exemplares foi na Praia dos Petóns, onda Punta Carreirón.


Pato cullerete - Cuchara común -
Northern shoveler
(Anas clipeata)

Habituais no espazo inter mareal Umia - Grove, éste é o primeiro ano que consigo avistar ésta bonita anátida, polo que tentar retratala pra subila aquí non foi mais que outro acto reflexo. 
A localización non foi en Carreirón senon na Poza de Espiñeiro, onde os vexo dende finais de Xaneiro. Con ese asombroso peteiro, no que ten o berce o nome do bicho, ás veces ata me parece un artificial implante coma si lle puxeran unha especie de careta ó animal, aínda que, en calquera caso precisamente polo inusual tamén me parece un fermosísimo complemento á beleza de cores que, como tantos anátidos luce éste patiño.


Mapa dos avistamentos
desta entrada:

         foto aérea de Manuel Beloso

Mazarico chiador, un tipo revirado


Mazarico chiador,
un tipo revirado


Nestas alturas da Primavera, a piques de entrar no vran, non agardaba pra nada ter a oportunidade de roubarlle o seu mellor perfil a unhas aves que me levan esquivando todo o inverno e que agora mesmo deberían estar a miles de kilómetros daquí:
(Click nas fotos para ampliar)

Mazarico chiador - Zarapito trinador - Whimbrel
(Numenius phaeopus)

Cértamente, os Mazaricos son aves invernantes que na Galiza están catalogadas como "de paso" localizándose por todo o litoral. O primeiro deles saltoume diante dos ollos de costas, pois como adoita acontecer, para cando eu chegaba, xa él iba de volta...
O seu orixinal peteiro débese, como tódalas aves, ás preferencias e hábitos alimenticios. Éstes aliméntanse de invertebrados, ós que pillan pola retagarda dando un rodeo có revirado apéndice.
Entre as limícolas invernantes da nosa contorna, creo que é a de tamaño mais grande, só superado polo seu "primo" o Mazarico real, do que falaremos en canto se me poña a tiro.
Non é doado diferenciar ós mozos dos adultos, seica teñen unhas cores menos intensas nas plumas superiores do torso, e mais porque o peteiro é mais corto nos primeiros. Tamén se distinguen polo mesmo as femias dos machos.
Porén, élas, que son de maior tamaño, téñeno mais grande.
(...o peteiro) 

Logo apareceron dous mais. Non sei si sería unha unidade familiar ou un grupo do whatsapp, mais fanse estranos nesta época do ano, aínda que teño lido que os ornitólogos andan a detectar últimamente individuos dalgunhas especies invernantes que se están a facer residentes, botando todo o ano con nós.


As medidas para o traxe son:
Lonxitude, 45 cm.
Envergadura, 88 cm.
Peso: 430 gr.
O que non sei aínda é o número que calzan...


Vaia, que neste caso tuvemos bastante sorte, pois deixáronse retratar sen demasiada dificultade. Non sei si é que vou mellorando nas técnicas de aproximaçao, ou si estaban entusiasmados có que atopaban nos Cóns e non repararon no espía, o caso é que ata me deixaron grabalos un anaquiño no vídeo denriba.

E agora, imaxes do fin do Vran do 2016, cós primeiros exemplares da tempada, que supoño invernantes acabados de chegar, pois durante todo o estío non apareceron nin siquera a tomar unha cervexa. Nesta ocasión era un Mazarico chiador que, arrente dun Bilurico bailón, enfrontaron a miña presenza con tal despreocupación que ata me deixaron montar o trípode pra grabalos a escasos vinte metros, cértamente perigosos prá marxe que uns e outros adoitan conceder.


Unhas fermosísimas imaxes que non podía deixar de incorporar ó seu escaparate privado no blog.