x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_07

Bolboretas, Cabaliños e un Saltón


Bolboretas, cabaliños,
e un Saltón

Neste post ímos disfrutar a mancheas dunha roda de cores marabillosa, pois as imaxes escollidas estoupan os sentidos coa beleza destes bichiños:
  (click nas imaxes pra ampliar)


Papilio machaon
O nome común é "Macaon" seguramente tén a orixe no nome científico.
Segundo a Wikipedia pódese atopar por gran parte de Europa, agás nas illas atlánticas. Mira tí que eu pensaba que a nosa illa era atlántica ;) (é broma).
Unha bolboreta espectacular con esa mistura de cores brillantes sobre un luminoso fondo amarelo forte. E ademais tampouco é das que rexeitan pousar para a foto, sempre que teñas un pouquiño de pacencia, pois non tardan moito en pousar. Entón, é o momento do disfrute do retratista...

Issoria lathonia
Desta descoñezo si tén un nome "cristiano", así que de momento queda como está. Non lle imos restar espectacularidade a éste bichiño, pois si xa é ben fermosa coa clásica foto cenital coas ás abertas, que me dicides destoutra toma lateral, que por certo vaia traballiño que me dou facerlla así pousada no chán. Fantástica.


Cabaliños do Demo: As ninfas aliméntanse de mosquitos e outros organismos que atopan por baixo da auga. E cando saen do fondo, xa poden tremer os que andan por fóra. As ás dos Cabaliños do Demo repléganse ó longo do corpo cando están pousados. Nas libélulas seguen desplegadas en crus. Porén, as destas fotos xa estaban coas ás en prevención, é de supor que ante a miña molesta proximidade...


Pra quén non estea moi habituado a éles, e moi doado que lle pasen desapercibidos, pois son moitísimo mais pequenos e estilizados que calquera das libélulas, e coma elas, tamén locen variadas cores, verdes, azuis, ocres... Non estou certo, mais penso que debe ser por mor de se camuflaren no entorno mais común onde se moven.



E mais bichos pra rematar. Tamén era moi pequeniño. Neste último mes case nonos atopo adultos, supoño que será por casualidade. En calquera caso, unha estupenda ocasión pra poñer en práctica as posibilidades "macro" da cámara, que nas ampliacións destapan a fermosura destas criaturas de tan perfeita camuflaxe.

Cando era un cativo, todo este bicherío dos insectos dábame moito noxo. Non eran precisamente a miña debilidade. Mais agora, en grande parte grazas á fotografía, estou descubrindo un vistosísimo mundo de cores e formas que non sospeitaba. Estas pasarelas de beleza agradécenas a vista e o sentido...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️