Derradeira chamada
O 12 de Agosto do 2026 quedará marcado xá na memoria de todos nós coma un deses días sinalados no que pasou algo totalmente fora do normal, especialmente si falamos de eventos astronómicos, onde as cadencias dos sucesos repitense cada centos, miles ou millóns de anos, cousa que pode semellar inasumible pra nós, pero que en termos siderais non son mais que simples suspiros, ou nin eso.
No meu caso levo agardando por éste suceso once anos, dende que, ó redactar a entrada do eclipse parcial de marzo do 2015 me enterei de que se iba a producir o deste pasado mércores.
Levaba varios días preparando os aparellos de fotografía que conduciran â realización desta entrada có acontecido no evento, todo con material «made in feitonacasa» coma sempre, nada de sofisticacións, que a vida está moi dura.
Pois o resultado é éste relato o cal, a canda o video que de seguido reproduzo penso que resume gráficamente o acontecido visualmente durante as case dúas horas que durou a cousa.
Destaco o de «visualmente», porque as sensacions vividas falan ademais dunha fonda emoción durante todo o suceso, e nomeadamente no xusto intre en que a ocultación chegou ó limite do 99,5% que era o que os astrónomos e demais gurus mediáticos nos tiñan asignado para a nosa Arousa.
Escoitábanse berros de emoción e exclamacións de asombro da xente que gozabamos dése baile que o Sol e a Lúa interpretaban pra todos. Porén, algúns tamén nos decatamos doutras consecuencias do evento, que por fora da performance das alturas, acontecía ó noso carón, e das que moitos non se enteraron, absorbidos como estaban polo asombroso evento:
Os paxariños de actividade diurna deixaron de chíar por uns minutos así como avanzaba a escuridade, e pudemos escoitar a algun dos nocturnos durante os escasos segundos no que se fixo unha mais que evidente penumbra, de certo que todos éles mosqueados de que se fixera de noite tan de repente, e mais mosqueados aínda cando se volveu a clarear a tarde mais de repente aínda…
Tamén deberon flipar as farolas do alumeado público, às que os sensores deron a orde de acender, dando por boa a escuridade que detectaron de súpeto. Désa repentina sombra dan perfeita fé as fotos de mais arriba tomadas pola zona do Faro e Area da Secada que logrou moi profesionalmente o meu amigo Adonis, compañeiro de fatigas fotográficas “vareadas”…
Chegados a éste punto, unha vez que nos pudemos deleitar con éstas formosas tomas, e por demais, como o prometido é débeda, deseguido se amosa o vídeo logrado do eclipse que anunciei:
Pra rematar, sinto ser un pouco malasombra pra dicirvos que ésta foi a última chamada para todos os que estamos a ler ésta entrada do blog, pois non teremos outro eclipse total na Galiza ata dentro de 454 anos, así que non creo que para aquela esteamos moi rufos que se diga…


