x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido
Amosando publicacións coa etiqueta aves mariñas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aves mariñas. Amosar todas as publicacións

24_03

Carolo ó espello


Carolo ò espello



O mais parecido a un pinguin (con licenza do resto dos Araos) que temos por aquí.

Son os Carolos, ou Araos Carolos (Alca torda en castelán) unhas aves mariñas da familia dos Álcidos que desenrolan a súa actividade vital en mar aberto, aínda que algúns dos mais mosiños tamén se achegan ás veces á costa, sobre todo entre Outubro e Marzo.

Tal debeu de ser o caso do exemplar de hoxe, o cal aínda non podía presumir das elegantes cores branca e negra dése curioso peteiro que teñen, aínda que no que a mín atinxe non lle quita nadiña da súa fermosura, sobre todo cando o podes desfrutar tan preto, aínda que ó primeiro o meu radar detectouno algo lonxe mentres él peneiraba as contornas dun grupo de Cóns do Sur de Carreirón.

Mais en canto nos achegamos ó lugar, foi él o que, sen demostrar ningun recato, púxose a faenar case á beira da mallante, a escasos cinco metros do Retratista Repunantiño.

Debido á atrevida insolencia deste rapaz fun quén de performar as fotos que subo nesta entrada, cousa obrigada atendendo á calidade dos retratos que traía baixo o brazo ao emerxer, pois éche a primeira vez en tódolos anos que levo facendo fotos por Carreirón que se nos brinda a ocasión de observar tan preto as evolucións dunha destas aves que tan celosas son do seu espacio de seguridade.

...Sabiamente, debo engadir.



Galería de imaxes:



Nalgunhas destas imaxes pódese apreciar que a arte de pesca tradicional que practican é a do "espello", 😉 afuciñando a cabesa na auga pra mirar si pasa por debaixo algún incauto peixiño que acomodar na coviña do bandullo, chumpando coma letales torpedos e buceando lixeiros coma os mesmísimos peixes, có seu perfeito "fuselaxe" hidrodinámico, que como dixen ó empezar, é moi semexante ó dun pinguin, pero cun "chasis" con mais prestacións, pois os nosos poden voar, cousa que os do Antártico non...

Aínda que, 🤔 agora que reparo, non lle vín a francada por ningún lado...

Outro agasallo de Carreirón...

  




23_12

Cine sesión vermú


Cine sesión vermú


Mañán de cine na Sala de proxecións de Carreirón en primeira línea de pétreas butacas con vistas a un diáfano escenario có fondo de Sálvora nunha fría mañanciña do Nadal, e coa única e imperdoable falta dunha boa bolsa das ineludibles palomitas, que houbo que substituir por unha apancha de incomible imaxinación.



De reparto, un insuperable elenco de artistazos que algo deberon escoitar do estreno de hoxe, porque asistiron moitos dos habituales, e tamén algún dos ocasionais pra entre todos render unha desas actuacións memorables que a un lle quedan grabadas pola beleza que desprenden en cada movimento, e tamén con cada chío dun guión que non por coñecido deixa de sorprender de cada vez.

Arranca a peli cunha estrañada Garza real que observa curiosa como un extraviado e solitario Bilurico bailón remenxe ávido na area en procura dalgunha nutritiva miñoca que conduza á resolución da misteriosa fame que arrastra dende os últimos capítulos da serie que vén protagonizando semán tras semán. Fame que parecen ter resolta algunhas Jabotas, pois por mar e aire van e veñen con cadansúa Jradisela no peteiro, fuxindo do acoso ao que as someten outras compañeiras de reparto que non tuveron tanta sorte e rifan con élas por unha parte do papel, aínda que sexa secundario, pero que lle garantice un necesario soporte enerxético mentras agardan polo papel ideal que coma sempre nunca da chegado.



Nesto que de súpeto aparece en escea outro solitario personaxe que lle aporta á historia un apunte de intriga. Trátase dun inesperado Cullereiro que, coa cabeza enterrada na auga trata de disimular a súa presenza na escena e sacar en limpo algo có que encher o buche. Unha vez mais aparece no plano da secuencia a presenza dunha misteriosa sombra en forma de Garza, que coma un investigador de serie negra semella axexar con aire interesado as ansias do primeiro, o cal usando a súa ganzúa-culler xa deu roubado a tasa e fuxe da escena antes de que ao guionista lle dea por meter a algún outro personaxe que lle quite o beneficio de estrela invitada.

Epílogo: a vindeira seman non se perdan o seguinte capítulo deste culebrón matutino...

Vaia, que a peli xa rematou, e algúns espectadores aínda non tuveron tempo de se acomodar no galiñeiro, coma lle pasou a unha Píldora cincenta de marcial paso que aínda parece entreterse chuchando unha especie de chicle, e a un Bilurico claro, que en vísta do éxito acadado, e có permiso da autoridade competente, emprende o vóo en busca doutra función na que entreter o resto do día, que ésto non dà pra mais...




FIN

Guest stars:
(en orden de aparición)

Garza real (Ardea cinerea)
Bilurico Bailón (Actitis hypoleucos)
Gaivota chorona (Larus ridibundus)
Gaivota patiamarela (Larus Michahellis)
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
Píldora cincenta (Pluvialis squatarola)
Bilurico claro (Tringa nebularia)




23_11

Exiliados dos ventos


Exiliados dos ventos



Existe unha dramática escea chegando ao final dun clásico e afamado filme moi coñecido, onde o cativo cociñeiriño da prota vaina despertar ao dormitorio dicindolle: "Msabu, Dios ha venido",como unha metáfora da pouca cousa que somos cando os eventos sobrepasan a nosa capacidade de resposta ou compreensión.


Pois non sei como chegou ao pensamento dun herexe coma un servidor tan piadosa reflexión, mais éche ben certo que así sucedeu no intre en que me decatei de que un grupiño de Mascatos polos que devecía, que o meu radar de Retratista Repunantiño detectou uns minutos antes facendo as súas falcatrúas moi lonxe na boca da Ría, revoaban ajora a escasos cen metros, o que me daba a posibilidade de distinguir a simple vista a súa aprimorada figura.

Pois iso, que a emoción apoderouse de un, pensando que Deus dera chegado pra me poñer a tiro da cámara as evolucións destas maxestuosas aves, que aínda se dignaban facer algúns dos seus espectaculares chumpos, os cales por desgraza non puden recoller pra partillar aquí, entusiasmado como estaba có espectáculo.
Non é nada frecuente que estas grandes aves peláxicas se atrevan a atravesar a imaxinaria cancela que supón Sálvora e adentrárense na Ría, o cal creo que aconteceu debido aos temporais que os forzan a se achegar a terra, aínda que tamén pudo ser porque no caladeiro de Centolos que hai entre ésa entrañabel Illa do Alén e o noso Carreirón ficaban faenando varias embarcacións, algunhas das cales xa viñan pra terra traendo por riba da súa estela a algún dos artistas de hoxe.




Ainda estuven unha chea de tempo retratando a éstes fenómenos, tentando aproveitar o que me parecía unha irrepetible ocasión, có peito cheo dunha emoción que me impedía pronunciar palabra, así que cando dalí a non menos dunha hora din por rematada a sesión, e revisionando polo camiño no propio visor da cámara unha a unha as fotos acadadas, achegóuseme un grupo de descoñecidos paseantes de Carreirón cós que me crucei, que deberon ver en mín tanto entusiasmo que me preguntaron si acadara fotos interesantes, ao que respostei amosándolle as marabillas que levaba, que lles fascinaron exclamando con espontánea aprobación:

-"Vaia agasallo o de hoxe"...

  




22_11

Pasados de frenada


Pasados de frenada



Flamingo - Flamenco común - Greater flamingo
(Phoenicopterus roseus)

Xa fai algunhas semans que foi anunciada na prensa a presenza de un pequeno grupo de Flamingos avistados por distintas zonas da nosa Ría. Dende ese intre, como era de esperar, a curiosidade apoderouse do Retratista repunantiño, iniciando unha xeira de visitas polos distintos esteiros arredor do Complexo intermareal Umia-Ogrobe, por si éses Entes fantásticos revelados polos informativos se nos apareceran por diante para a oportuna sesión fotográfica.

Pois un pouco por teimudos e outro pouco por casualidade non tardamos moito en tropeçar cós desexados espectros, os cales moi plácidamente faenaban no esteiro das Lagoas de Rouxique tentando un servidor achegarse a éles roubándolle milímetros á beira do mar pra gañar ése mísero anaquiño de distancia que mellorase as tomas.
""
Trátase de tres exemplares que deben ser aínda mozos, pois presentan unhas austeras cores grises que resultan moi pobres en comparación coa formosa cor rosada dos adultos, aínda que esas sobrias cores tamén poderían ser produto do tipo de alimento do que se nutren estas aves nas que pra élas son unhas estranas latitudes. Semella que as ricas e farturentas mariscadas polas que o noso País é tan coñecido poden chegar a definir a cromatura do seu plumífero abrigo. De calquera xeito debo dicir que si chamaban a atención non era por isto, senon polo tamaño, moi superior o resto das aves que alí había, polo que supoño que moi cativiños non debían ser.

Non creo que resulte doado explicar cómo puderon chegar aquí éstes tres fenómenos "doutros mundos", a non ser que fose debido a unha inoportuna "pasada de frenada" nas migracións dende África, froito da cal deixaron atrás (bastante atrás) aos seus conxéneres do Centro e o Sur da Península. Bueno, falando mais en serio, hai quen o atribúe a ése condenado cambio climático do que tanto vimos debatindo últimamente e do que cada vez hai menos dúbidas, que tanto está a mudar o clima e, en con él os hábitos vitais de tudo-los seres vivos, incluíndonos a nós mesmos, que ademais somos os grandes culpables de que estea a acontecer.


Vaia, que me dá a min que éstes tres non deben coñecer moi bén o camiño de volta, porque xa levan algún tempo con nós, e hoxe parecéronme moi tranquilos e confiados nas súas faenas "mariscatorias", ata que se deberon aburrir da nósa presenza, porque xusto cando ansiabamos que outro golpe de sorte nolos trouxera un pouquiño mais arrente, de repente emprenderon o vóo afastándose aínda mais, có cal houbo que dar por rematada ésta inesperada e a un tempo agardada e marabilhosa visita.



Seguiremos ao pé do canón axexando por outra ocasión que na que poidamos restar metros entre ambos que nos concedan un desfrute aínda mais pleno da súa beleza...




18_07

Crónicas Jaboteiras


Crónicas jaboteiras


Ésta vai ser a crónica duns aquelados episodios semanais experimentados durante os roteiros de cadanseu finde, coa asombrosa fazanha dunhas valentes Gabotas patiamarelas que se puxeron a criar nuns expostos Cóns entre dúas praias, desafiando ós ciclos de cría, e desafiando tamén aos inocentes guiris que xa se iban achegando a torrar os corpos a Carreirón, inorantes da zona hostil na que se adentraban, e dende a cal tiveron algúns deles que saír por pés, fuxindo dos ataques que lle chovían do Ceo lembrando a aqueles afamados Stukas da WW2...

Velo aí vos vai o azaroso relato:



Finde n°1:
Camiño da caseta de observación de Punta Carreirón asistimos con curiosidade ós agresivos ataques de dúas gabotas sobre unha Garza real que ficaba pousada nos Cóns de fóra.
Supoñiamos que esa agresividade estaría xustificada polas habituais rifas "gastronómicas" de toda a vida, polo que, unha vez gravado o interesante evento aéreo, continuamos inocentemente camiñando en direución á praíña da caseta, onde a cotío temos acadado moi boas fotos de limícolas, Corvos mariños, etc.
Porén, antes de chegar a éla os ataques trocan de obxectivo, que os sofisticados sistemas de guiado das jabotas fixan sobre nós.
Aí foi onde nos decatamos de que xusto enriba dun déses Cóns do final da praia había outra Jabota que, polos inconfundibles sons guturais que emitía (glogloglo..., glogloglo... ;-) quería amosarnos o seu cabreo ante a nosa insolente actitude que supoñía a violación do perimetro de seguridade da zona materno-infantil que, unilateralmente e sen previo aviso tería situado arredor de dito Cón.
Toca fuxir.

Finde n°2:
Frustrados intentos do retratista repunantiño de se achegar ó niño pra acadar algunha imaxe interesante, con infructuoso resultado. Como ainda por riba chove, suspéndese a misión ate a seguinte semán.

Finde n°3:
Novos intentos de grabación dos ataques, desta vez dende discretas posicións de francotirador. Deixamos que un candoroso grupo de tres mosiños se acheguen resoltos pra facer un selfie nése Cón. 
O resultado foi que o oportuno "pau-de-selfie" que levaban pra inmortalizar o evento debe mudar a súa función, erguéndoo entre eles e os Stukas, así como arrecian os picados. Constatamos que correr polos Cóns pra fuxir da "choiva" de Jabotas encabreadas fai da retirada un perigoso camiño de inestables equilibrios.
Nós, que xa lle imos collendo o fío ó asunto, aproveitamos unha saída do niño do proxenitor que estaba de guardia, que seica saleu un intre a buscar tabaco, pra lograr o premio dunha valiosísima foto dos oviños que están a chocar. Descobrimos tres primorosos proxectos de Jabotiñas en camiño.

Finde n°4:
Vemos mais gabotas arredor, (debe ser a familia, que vén de visita á maternidade) de tal xeito que cando a nai ou o pai, que fican no niño chocando os ovos, chía pra pedir axuda, achéganse intimidantes revoando por riba das nosas cabezas ata que se deciden a atacar dereitiñas frontalmente a tí cós peteiros afiados, deixando caír tamén algunha "bomba" en forma de pestilente cagada que con moita puntería liberan no intre exacto. Dou fé.
Fascíname a valentía destas aves, que se enfrontan sen vacilar á ameaza que representan pra éles uns "bichos" moito mais grandes ca éles, nun exemplo asombroso de temeraria ousadía, por protexer á niñada que está en camiño. Por certo que o incremento de efectivos defensores con ésa renovada agresividade fainos inferir que os pitiños xa deberon nacer, mais polo momento aínda non podemos confirmar tal.

Finde n°5:
Con ledicia podemos distinguir, camuflados entre as caprichosas formas dos Cóns, ata tres poliños que son vixiados con celo e alimentados sen descanso por seus pais.
Vaites! A pesar de tódalas dificultades lograron a totalidade do proxecto...
Contra todo prognóstico foron capaces de alonxar do niño unha grande variedade de perigos que a tódalas horas os provocaban. Temos rexistrado o ataque á Garza real, diversas escaramuzas cós bañistas, e ata algún can que tuvo que saír có rabo entre as patas.
Afortunadamente non se rexistraron danos colaterais, e cun final feliz, como deixamos atestiguado.

Non podo pechar ó epílogo deste épico relato, sen recoñecer que sempre tuven, coma case todo o mundo, bastante tirria contra éstas aves, por carroñeiras, ou por oportunistas, pero a experiencia que vimos de contar axudoume a valorar un pouco mais a tódolos bichos en xeral, e a éstas Gabotas en particular, que con tanta valentía foron capaces de lograr, con tódalas circunstancias en contra, un novo ciclo da vida traendo unha nova xeración de veciñiños de Carreirón.

Éste laborioso video para o cal me otorguei a licenza de engadir algún toque de humor, pode servir como acta notarial da procelosa historia Jaboteira que vimos de relatar nesta entrada do Blog. Durante mais dun mes fixemos o seguimento do chocado dos ovos por ámbolos pais, acadando algunhas secuencias cunha boa dose de sorte, dada a nula disposición dos celosos protagonistas para a gravación de cada toma...