x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_07

Os barcos dos Carcamáns


Os barcos
dos Carcamáns

unha dorniña atracada no Muíño da Auga
Có bó tempo chegaron as mellores condicións de luz para a fotografía. Coma tódolos findes fixemos os percorridos habituais pola natureza insular na procura de pezas de caza fotográfica que meter entre obxetivo e visor.



Porén, nun día tan luminoso é imposible resistirse a tomar as fermosas paisaxes mariñeiras da Arousa, onde as embarcacións poñen o seu protagonismo coa espectacular mistura de cores no ordenado caos que nos brinda a nosa Illa por esta época estival.



Non hai mellor mostra dos barcos da Illa que a que se acada na mais multutudinaria e emotiva procesión que cada ano celebramos en honra da Virxe do Carme. Aquí dende as Rubas aproveitando o colorista desfile á saída do Xufre.

Dorna amarrada nas Rubas. Entre o entorno escarpado, as transparentes augas e as vivas cores da embarcación, forman unha composición bén vistosa.


Unha chalana noviña poñendo proa á ponte, coma querendo achegarse ata onde tamén descansan varias embarcacións da E.N.T. Dorna. Foi tomada dende a praia de Riasón



Efecto "Tilt-shift" nesta primeira imaxe dunhas dorniñas na praia do Furado un día que amenceu bastante anubrado. Porén, logrei roubarlle un pouco de luminosidade para facela mais vistosa.



E ésta segunda foto no mesmo sitio, dende outra posición e con algunhas dornas mais aproveitando un día mais soleado. As orixinais foiron tomadas có movil, así que me dou por satisfeito do resultado...



Navegando có Areoso de fondo, a Irmandiña, dorna xeiteira construída no Grove coa chamada da xesta de cruzar o Atlántico ata Puerto Rico. Unha épica empresa que se frustrou no derradeiro instante. Despois de botar unha tempada amarrada no Bao, onde papou os fortes temporais destes últimos anos, foi retornada ós Astaleiros onde naceu pra lle dar unha boa man reparadora. Abofé que acadaron un resultado ótimo.



Que tal ése efecto ás sempre fermosas estampas que son agasalladas polo rumboso "Komaira". Ésta foi tomada o día que nos acompanou na concentración do mes de Setembro do 2014 en defensa do Areoso.



E falando da Concentración veleira a prol da conservación do Areoso, aquí queda este curto pero fermoso vídeo dos Pandulleiros, un empacho de embarcacións tradicionais que encheron de beleza aquel reivindicativo evento.



E logo estoutra foto dos barcos dos Carcamáns varados e amarrados no muelle e praia do Cabodeiro coa ilusión que lle da este efecto fotográfico semellando barquiños de xoguete, non?


Ou ésta coa meirande parte da "Armada bateeira e marisqueira", primordial forza económica da Arousa, aquí fondeados ou amarrados no Chufre mirando todos pra fóra semellando a chegada do soñado dique de abrigo que tanto precisan.



Miniatura tomada na 27ª edición da regata "Volta ó Bao" organizada pola E.N.T. Dorna nunha das pasadas por un punto fixo por baixo da ponte que, como novidade puxo como norma a organización éste ano. Home, a mín tanto me tén por onde pasen, porque en habendo algunha dorniña, a imaxe convértese en "fotasa"... ou non?



Mediados de Xuño do 2017, nun día de calma podre, outra vez as embarcacións da E.N.T. bríndannos ésta evocadora imaxe, acaso debido á encalmada total, que as mantivo así todas xuntiñas. Tomada entre Carreirón e o Illote Noro, arrente de Sálvora. A Santa Compaña do mar...


2 comentarios:

  1. Alejandro19/7/14

    Interesante proxecto, coma os anteriores.Parabéns

    ResponderEliminar
  2. Eu gusto do efecto de "xoguetes". :)

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️