x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

20_07

Vivo e coleando



Vivo
e coleando

Varios días correndo daquí pra-là cargados có trípode e a mochila chea cós aparellos propios do Retratista repunantiño, sempre a horas intempestivas e papando as Nortadas que o omnipotente Deus Reve nos iba enviando xenerosamente dende o Alén.



E todo éste rebumbio có obxectivo de lle roubar ao Cometa Neowise as mellores imaxes das que foramos capaces, pois a pesar deses problemas de loxística, había que explotar as condicións para a fotografía nocturna que foron moi favorables éses dias, cun Ceo totalmente despexado.
Asì que de primeiras xa nos demos por satisfeitos con éste "debut", cò skyline da Serra do Barbanza á altura da Pobra, creo. Imaxes sempre evocadoras coas que ésta especie de pandullos de xeo siderais nos agasallan cando lles parece bèn achegarse á nosa vista, cousa que ademais adoita acontecer mais bèn de tarde en tarde.
O mesmo día, (ou mellor dito noite) douse tamén unha curiosa chanza para o azar. Mentres a cámara ficaba no tempo de exposición observamos que un avión pasaba xusto pola posición aparente do Cometa, o que non deixa de ser unha reviravolta engadida a ésta chiripa, tendo en conta os difíciles tempos que vivimos, nos que o Covid19 ten secuestrada à meirande parte do tráfico aéreo, polo que as aeronaves xa non trazan os seus carreiros aéreos coa asiduidade anterior à pandemia.

Unha vez ubicado na correcta hora e orientación NW, -sempre à noite- e a súa posición relativa no Ceo, nascendo xusto por detras embaixo do carro da Ursa Maior, que é moi doada de atopar, o seguinte paso foi tentar relacionar coa nosa Arousa este marabilloso acontecemento astral, para o que escollín tentar unha unión de comenencia có Faro de Punta Cabalo, que pasa por ser un dos símbolos de referencia da nosa Illa. Non confiaba moito na viabilidade de tal vencello nunha mesma imaxe, mais o ótimo resultado fica à vista, có cal quedei sobradamente satisfeito.

E falando de lugares simbólicos da Arousa, sería imperdoable non ir ò Còn do Forno a tentar algo có Cometa de fondo. Pensei que non ía saír, dado o accidentado do terreo, cheo de obstáculos que -pensaba- estorbarían prà orientación dun encuadre axeitado. Pero mira tí por onde o noso Santo ficaba xà en por sí nun sitio magnífico pra nos compracer con ésta imaxe tan evocadora, da que seguro van gozar os amigos do Retratista repunantiño, e nomeadamente aqueles mais espirituais ou devotos crentes, por unha especie de simbolismo místico ou algo así...😇

O Cometa Neowise (C/2020 F3) ten un periodo orbital arredor do Sol de 6.766 anos polo que vai ser un pouco difícil que o volvamos a ver, así que hai que aproveitar e disfrutalo nestes días, entre as 23:30 e a 1 da mañán, xa que ó abrente agora é moi difícil, só entre as 4 e as 6 da mañán, hora na que as primeiras luces do día vólveno invisible.


A ver si nos vemos na vindeira visita ló...😏


1 comentario:

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️