O Eclipse dende a Arousa
Fascinante evento astral o protagonizado hoxe na Galiza ó ter a mellor posición continental prá observación, e nomeadamente na Arousa polas estupendas condicións ambientais que tuvemos.
Por unha vez e sen que sirva de precedente, a climatoloxía conxurouse favorablemente cós dous astros protagonistas pra que por estas latitudes non tuvesemos problema ningún na observación dun eclipse que, persoalmente levo agardando medio século, pois nunca tal puderamos ver os que hoxe podemos falar dél. Ata a política tuvo a súa parte, pois o día festivo de onte pasárono a hoxe, có cal moitos que o perderían por teren que traballar puderon desfrutar do evento sen problemas.
Máxima ocultación: 10:07AM |
Un Eclipse solar parcial o deste 20 de marzo que sabe a Eclipse total, pois na Arousa chegou ata un 76% de ocultación do Sol, mais ou menos.
Aquí os picos non importan moito.
O caso é que para tan magnífico suceso xa levabamos preparando o material dende hai uns quince días, filtros, arames, palillos, jomas, e outros cutre-amaños, todos có fin de acadar os resultados que, non por previsibles deixan de maravillarnos en cada ocasión.
Nesta secuencia apreciase claramente o que escureceu o día no transcurso do Eclipse. Teóricamente deberían ser cada vez de mais claridade, ó estar abrindo o día. As fotos son ás 09:10 - 09:35 - 10:07, coa mesma exposición prás tres tomas. Tamén se pudo apreciar unha sensible baixa da temperatura, que non medín mais calculo que debeu andar arredor dos 4 ou 5 graos.
Certamente, a maxia destes acontecementos astrais colma de sensacións a un tempo, ledicia, fascinación, asombro, emoción e unha percepción de trascendencia do absoluto, algo que tamén nos fai sentir o insignificantes que somos na inmensidade do universo...
E aínda sen tempo prá dixestión deste evento, xa vos aviso de que o Eclipse que vimos de experimentar, con ser excepcional, non é mais que un modesto avance da maravilla que nos agarda dentro de once anos... Nada menos que éste 👉🏻 (preme aquí) ECLIPSE ANULAR TOTAL, previsto para o doce de Agosto do 2026 dende as 19:30h.
Cando se produza a ocultación total de Lourenzo coa aparición da esperada "coroa", vaise facer noite fechada de repente durante un par de minutos, o que sen dúbida vai envolver o momento de tódolos adxectivos de antes e moitos mais que haberá que sacar do corazón despois de telo vivido en directo.
A ver si chegamos alá para contalo... De momento, aquí vos deixo éste austero vídeo como a aportación Carcamana coa que deixar axeitadamente documentado o evento prá posteridade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️