x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

26_08

Derradeira chamada

Derradeira chamada





O 12 de Agosto do 2026 quedará marcado xá na memoria de todos nós coma un deses días sinalados no que pasou algo totalmente fora do normal, especialmente si falamos de eventos astronómicos, onde as cadencias dos sucesos repitense cada centos, miles ou millóns de anos, cousa que pode semellar inasumible pra nós, pero que en termos siderais non son mais que simples suspiros, ou nin eso.
No meu caso levo agardando por éste suceso once anos, dende que, ó redactar a entrada do eclipse parcial de marzo do 2015 me puden enterar de que se iba a producir o deste mércores.
Levaba varios días preparando os aparellos para plasmar nesta entrada o evento, todo con material rudimentario coma sempre, nada de grandes gastos, que a vida está moi cara.
Pois o resultado é o video que de seguido reproduzo e que resume gráficamente o acontecido (sò visualmente) durante as case dúas horas que durou.
Remarco o de “visualmente”, porque as sensacions vividas falan dunha fonda emoción durante todo o suceso, e nomeadamente no xusto intre en que a ocultación chegou ó limite do 99,5% que era o que os astrónomos e demais gurus mediáticos nos tiñan asignado para a Arousa.
Escoitábanse berros e exclamacións de surpresa e asombro pola xente que gozabamos do que tiñamos diante dos ollos. Porén, algúns tamén nos decatamos doutras cousas que, fóra do que sucedía alá arriba, acontecía ó noso carón, e moitos non se enteraron, absorbidos como estaban polo asombroso evento:
Falo de como os paxariños de actividade diurna deixaron de cantar, e pudemos escoitar a algun dos nocturnos durante os escasos segundos no que se fixo unha mais que evidente penumbra, seguramente todos éles mosqueados de que se fixera de noite tan de repente, e mais mosqueados aínda cando se volveu a clarear a tarde mais de repente aínda…



Tamén se deberon mosquear as farolas do alumeado público, às que os sensores deron a orde de acender, dando por boa a escuridade que detectaron de súpeto. Désa penumbra da que estou a falar dan perfeita fé as fotos de mais arriba tomadas pola zona do Faro e Area da Secada que logrou moi profesionalmente o meu amigo Adonis, compañeiro de fatigas fotográficas “vareadas”…

Chegados a éste punto, unha vez que nos pudemos deleitar con éstas formosas tomas, e por demais, como o prometido é débeda, deseguido se amosa o vídeo logrado do eclipse que anunciei:


Como remate, sinto ser un pouco malasombra pra dicirvos que ésta foi a última chamada para todos os que estamos a ler ésta entrada do blog, pois non teremos outro eclipse total na Galiza ata dentro de 454 anos, así que non creo que para aquela esteamos moi rufos que se diga…




Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️