Un reencontro moi familiar
Xa había algún tempo que non tropezabamos con ningún ofidio, ós que xa botabamos en falta dende o último e asombroso descobrimento dun niño de Cobras sapeiras (Natrix maura) que relatamos neste célebre post do "bug-blog".
(Click nas imaxes pra ampliar)
Un encontro onde se forxaron uns fortes vencellos coas neonatas culebriñas, ás cales sempre tuvemos anceios de volver a atopar algunha vez mais, se ben coñecemos a imposible identificación por si serían "as nosas" ou outras veciñas do rueiro.
Un repoludo exemplar duns 70-80cm. de Cobra sapeira, que saleu de entre os pés mentres atendíamos a un interesante achado dunha orquídea aínda descoñecida pra nós en Carreiron.
De ningunha maneira podíamos deixar marchar á nosa anfitriona así como así, cousa que pretendía teimudamente o bicho, sempre na procura dalgunha escapatoria "pra fora das boias". Antes debíanos deixar unha completa sesión vídeo-fotográfica que subir ás redes. Moi amablemente accedeu, logo das nosas machaconas, pero non menos amables solicitudes de posado. |
Así que unha vez chegado o acordo, empeza o "baile" arredor da nosa artista, sempre procurando sacarlle o seu millor perfil, plasmado na secuencia de imaxes que poñemos aquí.
E nesto, mais cedo que tarde pró noso gusto, unha vez acadado o "botín" perseguido, que alomenos mitigou un pouco a tristura do epílogo da historia, chegou o desagradable momento da despedida, non sen antes intercambiarmos os correspondentes números de WhatsApp pra non perder o contacto, e quedar calquera outro día pra tomar unhas cañas...
Non me sorprende nadiña que haxa tanto namorado da beleza destes bichos. Pola nosa parte, trátase dun mundo ó que xusto acabamos de arribar, e a beleza e fascinación coa que nos agasallan cada vez, compensa e rebasa a inicial aversión, cando non verdadeira fobia que, partindo do descoñecemento nos bloqueaba coma a tantos outros. Definitivamente, uns bichiños pra lle querer.
En vista da querencia que éstes fermosos bichiños teñen polos encontros casuais, agardamos por unha nova oportunidade que o azar e mais éles nos queiran brindar pra seguir estreitanto lazos. Xa deberían saber que o retratista repunantiño aínda non quedou satisfeito...
Olvidouse-che apuntar que a cobra sapeira ou culebra viperina a pesar d'eses nomes e absolutamente inofensiva.
ResponderEliminarFermosa paxina a tua Fran.
Cértamente, totalmente inofensiva, qué mais quixera ela que poñerse en todalas ocasións a salvo de nós, que sempre que nos encontramos somos un problema pra este fermoso bichiño. Obrigado polo comentario. Apertas
Eliminar