a Aguia e nós
![]() |
| Miñato - Busardo ratonero - Common buzzard (Buteo buteo) |
Aproveitando as fecundas sesións fotográficas acadadas da úlima seman a base de poñer en práctica as molestas cualidades de seguimento de bichiños das que dispón éste humilde "retratista repunantiño", ímoslle adicar a presente entrada ó mais habitual dos "Señores" que nos vixían dende as súas atalaias, campeadores e dominadores dende os cinco outeiros que dende tempo inmemorial dan nome á nosa Arousa, a Pentamorion romana.
Cértamente, en toda ocasión gabeados a aqueles puntos de observación que lle concedan a mellor visibilidade e con éla o dominio do territorio de caza, é doado atopar a éstas aves en calquera ponto da nosa xeografía insular, dende o Cón do Forno, ate Quilma, pasando por Carreirón ou o Muíño do Vento.![]() |
| "I'm watching you..." |
A ésa prosperidade contribúe a súa habilidade pra se adaptar aos tipos de hábitat, variedade de presas, e sobre todo, aos durísimos trocos das condicións do territorio que impón a omnipresente presencia da "praga humana", permanente causa de todo tipo de cambios que coas continuas e nefastas actuacións enxertan na Natureza para o seu propio benestar e inevitable fatal deterioro do entorno prà continuidade da fauna e a flora.![]() |
| a tarxeta de visita que deixou... |
En canto á procreación, fico convencido de que crían na Arousa, aínda que nunca tiven a sorte de encetar un niño, a pesar dos delatadores chíos e ameazante revoar por riba de tí cando te estás achegando demasiado a onde éles non queren... Tempo de desviar o rumbo pra evitar un estrés innecesario pra ambas partes.
Vaia que a mín, con que me dean espectaculares imaxes comas as que podo acompañar estas liñas, xa me considero mais que pagado. Pero que conste que sempre quero mais...




Nos pasamos todos os anos dende hai tempo o mes de xullo no Con do forno. Sempre houbo unha parella por alí, este ano non se viu. Estou case seguro que aniñaban nas árboles que por alí hai.
ResponderEliminarCerto. Teño fotos de Miñatos por alí destes ultimos anos, pero levo algún tempo sin velos nin escoitalos. Obrigado...🙋🏻♂️
ResponderEliminar