Vuelta al cole
Coma se estivésemos falando de guiris que volven nestas datas á dura rutina diaria despois de ficar fora da casa por vacacións, así semella que se comportaron con nós os Arroases éste Vran, cunhas ausencias que fixeron sentir abandonadiño a un servidor, o repunante retratista de bichos.
Nada que ver có ano pasado, durante o cal os "narís-de-botella" atendían de xeito estricto as citas anotadas na axenda, que marcaban pasar sen falta fronte ò Carreiro do Areoso ás 13h "o'clock" pra uns safaris fotográficos que daquela xa se volveran case rutinarios.

Porén, a cousa quixo ir tornando á "normalidade" éste pasado finde. Fóronse achegando de xeito tranquilo, tan paseniñamente que temíamos unha nova fuxida polos baixos fondos sen atender outra vez as súas obrigas. Pero non, algún peixe debeu chamar por éles dende abaixo, porque se viñeron achegando encetando uns chapuzos que semellaban os prolegómenos propios do seu xeito de pescar, trazando círculos, e sincronizándose acurralando ás presas.



O espectáculo iba acadando ademais un nutrido aforo de pùblico dentre os paseantes de Carreirón, que se achegaban ás improvisadas butacas en forma de Cóns pra desfrutar da observación, ò que se entregaban con entusiasmo aplaudindo as procelosas habilidades dos ensopados intérpretes.
Vaia, agora que xa estamos a bén outra vez, seguiremos contando con éles en vindeiros encontros, coa cámara a punto pra "pescar" a esta caste de "guiris" mareantes que queren revoar tanto no mar coma polo ar, e sempre arredor de nòs.
Vaia, agora que xa estamos a bén outra vez, seguiremos contando con éles en vindeiros encontros, coa cámara a punto pra "pescar" a esta caste de "guiris" mareantes que queren revoar tanto no mar coma polo ar, e sempre arredor de nòs.
Boas imaxes e emotivo texto.
ResponderEliminarMoitas gracias.
obrigado, saudiños
ResponderEliminarBravo Fran; graciñas.-
ResponderEliminarEn el momento adecuado o la espera merec io la pena. Gracias por compartirlas
ResponderEliminar