x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

15_10

The show must go on


the show
must go on



Fideis á súa cita, unha vez mais non nos fallaron os Arroases. E como case sempre acontece, apareceron por surpresa, cando xa pensabamos que íamos voltar de valeiro.
Apareceron... e vaia si apareceron!
Un espectáculo digno de desfrutar en vivo, que tamén resulta moi agradecido cando descubres que as ráfagas lanzadas conseguiron inmovilizar en repoludas fotos algunhas das mellores habilidades que estes bichos semellan executar pró nóso desfrute, nunha reportaxe de fotos e video cheas de dinamismo e de brilante beleza.

Eis unha escolma das gravacións de vídeo  que tivemos a sorte de rexistrar e que non desmerecen ás formosas imaxes coas que nos agasallaron pra adornar ésta entrada do blog. Unhas veces parecen enredar coma rapazolos, outras están sen dúbida coordinándose pra lanzar un ataque ás presas do fondo... vaia, dun xeito ou doutro as súas cabriolas nunca che deixan de asombrar.

Hai algunhas semans que se veñen deixando ver, sobre todo por Punta Barbafeita, baixo a vixianza do Cón de Tres Pés, onde hai épocas nas que se conta moita Rincha.
Resulta que ésa promesa de comedela certa é a que provoca que se amosen en actitude tan activa e tan expresivamente optimista e enredante (non esquezamos a súa comprobada intelixencia, á que eu aínda engadiría algo mais: unha aquelada sintonía coas nosas propias sensacións e humores cando temos ocasión de desfrutar das súas asombrosas conductas.
Pois ben, hoxe tamén debía circular peixe dabondo polo carreiro do Areoso, porque durante alomenos unha hora non deixaron de nadar en círculos encerrando ós bancos de peixe, para deseguido saltar pra darlle gosto ó dente, tal e como se pode comprobar no vídeoAs fotos que subo aquí son só unha pequena mostra da espléndida actuación á que tivemo-la sorte de asistir, ademais ficaban a unha distancia que para as prestacións do meu equipo fotográfico resulta bastante adecuada, uns 200-300 metros, achegándose algunha vez aínda mais arrente.
Teñen algo moi especial os Arroases, porque cando veñen con gañas e bríndannos semexante espectáculo, provócanche unha electrizante emoción polo corpo verdadeiramente difícil de conter. Moitos na Arousa xa sabemos o que é.

Así que, rematada a función, non teño ren que lle censurar ós artistas. Bueno, sí... si acaso, o único que botei de menos foi dispoñer de mellor luz prá reportaxe, así que lles pediría que no vindeiro performance escolleran un día cun ceo mais aberto, por aquelo de que o novo post mellore aínda se cabe a éste. Trátase de "rizar o rizo", como moi ben saben os acróbatas coma éles.

Mais como xa dixen, non me queixo. Sería un desagradecido, non?


11 comentarios:

  1. Espectacular! Especialmente para min.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, a verdade é que son uns bichos fantásticos... ;-)

      Eliminar
    2. Son intelixentes e benevolente :)

      Eliminar
  2. Espectacular!!!. Gracias por compartirlo.

    ResponderEliminar
  3. Espectáculares, e en liberdade, como ten que ser!

    ResponderEliminar
  4. ALEJANDRO21/1/16

    É unha gozada poder disfrutar deles, ainda que sexa en vñideo

    ResponderEliminar
  5. Anónimo7/8/16

    Excelentes imaxes!!

    ResponderEliminar
  6. Mágnificas. Graciñas por compartilas.

    ResponderEliminar
  7. Realmente maravillosos...noraboa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigado. Saùdos e apertas a todos🤗🤗🤗

      Eliminar
  8. Boas fotos e como xogan. Tamen chulo o video

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️