x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_05

Rariño coma un Merlo branco


Rariño coma un Merlo branco



Xa teño o meu Merlo (Turdus merula) ...branco! ou mais exactamente disque é un Merlo leucístico. Nono hai que confundir cun Merlo albino, o cal caracterízase pola ausencia total de melanina tanto nas plumas coma na pel e nos ollos. O noso só presenta ésa carencia parcialmente nas plumas, e ademais, como se pode comprobar nas fotos, arredor dos ollos conserva a cor encarnada coma os exemplares "normais", áparte dun fermoso peteiro cunha cor intensa que mais semella encarnado que o amarelo típico déles. Éste tipo de "Melros", como gostamos chamar na Arousa, son unhas rarezas que se producen de cando en cando, así que xa podemos presumir de ter eiquí alomenos un exemplar, que se vén deixando ver dende hai mais dun ano, según confirman fontes autorizadas deste retratista repunantiño.

Vaia, que xa teño o meu "Patito feo" polo que tanto me teñen preguntado nos últimos meses, Unha especie de "pantasma da ópera" do que moitos saben, mais que ninguén pode demostrar... ata hoxe. Unha especie de unicornio nunca visto que fascina ao observador, pois aínda que en cautividade os criadores logran ata aves "a cuadros", non é nada habitual ésta mutación nun paxaro salvaxe. De feito, por non saber, eu non tiña nin idea destas cousas nas aves.

Había un tempo que o rondabamos, pois cada vez mais xente falábanos desta presenza, sendo grazas a ésa información que pudemos ubicalo nunha zona concreta arredor do Faro, e aínda que nono acadamos á primeira, ó final non pudo evitar éste agardado debut no meu "bug-blog" para o que se augura un éxito de taquilla... 

Como bó veciño, semella que tén desenrolados hábitos mariscadores, pois apareceu dirixíndose directamente á seca da praia pra comezar a remenxer nas algas con tal habilidade, que mais parecía estivesemos diante dun experimentado Virapedras.

Por certo, todo hai que dicilo, unhas fotos que nos puxo bén difíciles, pois mariscaba á sombra duns Cóns que provocaron unhas tomas orixinais subexpostas de aparente mala calidade, que só pudemos arranxar mediante a edición, conseguindo por fín a golpes de photoshop "sacalo da sombra" a locer a súa formosa e exclusiva xenética.

Cando fuxeu, canso xá da nosa insolente presenza axexando cada vez mais preto dél, pensamos que rematara o nóso día de sorte. Mais seguindo pola mesma zona, non tardou en volver a aparecer, desta volta executando unhas brincadeiras coas que semellaba enredar con outro exemplar, un macho digamos normal, vaia, negro coma unha onza de chiculate nun túnel, ó cal perseguía e mesmo acosaba brincando arredor dél tanto polo chan coma antre os pinos.

Ó mellor só quería facer un amigo, coma o do conto, pero ao seu pretendido parecía que non lle facía moito chiste nin a feitura nin a actitude do noso descolorido rapás, xa que fuxía dél como fuxen os de "Fariña" da lancha de aduanas.

Por fin se desvelou o misterio do Melro branco do Monte, ou alomenos xa temos a súa foto de carnet. Agardamos ter a oportunidade de acadar algunha imaxe mais que nos pudera informar de si estamos ante un exemplar único ou tén algún compañeiro mais.


Mentras tanto podemos ir facendo dente có seguinte video que lle puden roubar durante estas correrías matinais, ben fozando como dixemos antes nas algas da mallante, ou ben tentando acalmar as carencias afectivas, tras do outro sofrido exemplar:






3 comentarios:

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️