x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_08

Bico de coral: turista á forza


Bico de coral:
turista á forza


Bico de coral - Common waxbill
(Estrilda astrild)

Un ano mais, os chíos déstes bonitiños paxariños asulagan a Lagoa de Carreirón, á falla de auga, a cal xa no medio do Vran, atópase moi mermada de caudal, eu diría que a un trinta por cento, có que as miñas previsións son de que éste ano imos asistir por segundo consecutivo á seca total, salvo intervención divina das Deusas da auga que lle poña remedio.
(Click nas fotos para zoom)

Turistas á forza, son orixinarios da África Subsahariana dende onde foron introducidos como animal de compañía, unha amizade moi forzada por unha das partes, non?
É chamativo que entre as Comunidades mais afectadas por ésta anomalía volva a atoparse Galiza. Seica eiquí pagámolas todas.
No seguinte mapa apreciase con claridade a boa "terra de acollida" que somos...

Fonte: Mapama.gob.es
Atlas pp608-650
Coma tantas outras veces, a especie human servíndose a eito da Natureza para o seu deleite persoal, coma se ningún ser vivo do planeta tuvese dereito a vivir sen o plácet do amo...
Son considerados unha especie invasora, estando rexistrada no Catálogo español de especies exóticas, con prohibición de introducción no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Porén, eu gosto mais de chamalos "libertos" pois con ésa nova condición gañaron a pulso un sitio entre nós, procurando para sí un nicho de subsistencia no que veñen prosperando (eu diría que harmoniosamente) entre as especies autóctonas, e bén que acadaron o obxectivo, pois no noso Parque Natural xa levan uns cantos anos reproducíndose.

Debido ós seus hábitos, cunha alimentación en esencia granívora, e un hábitat de vexetación palustre, forman unha colonia moi concentrada e restrinxida aos límites da Lagoa de Carreirón, cunha poboación que a mín paréceme estable, sen oscilacións relevantes constatables en canto ó número de individuos, alomenos nestes últimos catro anos.

Os sexos diferéncianse en que os machos teñen o peteiro e o peito dunha coloración vermella máis intensa que as femias. Os exemplares xoves posúen unha cor mais apagada, moito menos lucida de cores que os adultos, e o peteiro de cor parda.

Vaia, que coma en tantas ocasións, primeiro trouxémolos á forza, e de que foron capaces de se abriren camiño por sí mesmos, proscribímolos e "insultámolos" como "invasores" e "ameaza", como si con éste proceder expiasemos as nosas culpas, que son únicas, propias é intransferibles.


Non temos remedio...


3 comentarios:

  1. Me gusta. Ves?: es una especie que no me parece peligrosa para el medio ambiente.

    ResponderEliminar
  2. Nós sí que somos especie invasora!Pobriños!Houbo un "amigo"que pretendía porlles trampas aos xílgaros na nosa horta,ameaceino con denuncialo e rematei a "amizade".
    Canarios e periquitos sobreviven e liberdade na nosa terra?

    Encántame este blogue.Graciñas e parabéns.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cėrtamente, a praga mais dañina que padece a natureza non ė outra que a humana. Onde caìmos, estragamos... Teño visto algùn Periquito libre, pero creo que o noso clima non lles presta moi bėn. Grazas polo comentario e apertas...

      Eliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️