O mundo nunha flor
Nestes derradeiros findes da xa agónica Primavera descobrimos todo un mundo de bichiños, coas súas vidas e dramáticas "relacións sociais" de dispar afectividade, inevitabeis onde se xuntan mais de dous. E todo na íntima profundidade dunha flor cuxo cáliz exerce tanto de bañeira onde se emboldrear de polen, coma de esconderixo no que montar o "hide" pra emboscar a unha confiada presa, un romántico curruncho onde proporse pra facer as beiras a unha turista ou, nos casos mais desesperados, directamente asaltar a unha descoidada amante, que acaso vai alí buscando o mesmo nesta testosterónica estación. E si non, alomenos roubarlle a carteira...
Un corto pero descriptivo álbume de lindos e miudiños bichiños, na maior parte anónimos pra mín, e ós que tampouco lles esixo identificación. Escollo por esta vez o único agasallo da beleza que me espetan nas espontáneas imaxes que sempre lles roubo sen consentimento, e sen tratar de dereitos de imaxe...
Un mundo que nos suxire relativizar a etérea noción do tempo, o tamaño das cousas, a efémera existencia, repetindo no eterno bucle branco e amarelo de dous centímetros cadrados a teimuda continuidade da vida. A fera crueldade da loita pola supervivencia, as gallardas formas e cores, a milagre da natureza.
Un mundo que nos suxire relativizar a etérea noción do tempo, o tamaño das cousas, a efémera existencia, repetindo no eterno bucle branco e amarelo de dous centímetros cadrados a teimuda continuidade da vida. A fera crueldade da loita pola supervivencia, as gallardas formas e cores, a milagre da natureza.
Vaia... todo un mundo nunha flor.
No país das miudanzas
existen moitos camiños,
xeitos, modos, cores, odios,
amores, fames, cariños.
Na terra da bicharada
todo o rixe o instinto:
se non das, és tí que levas,
se non comes, és comido.
No mundo das luzes puras
importa cada ser vivo
por formar parte real
da nai Natura e os seus ciclos.
Moi obrigado a Dores Lobato por éstes feiticeiros versos, un perfeito xeito de fermosura có que poñer epílogo a ésta nova historia que nos veñen de contar os nosos bichiños de Carreirón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️