Unha raniña moi repoluda
Por aquí chamámoslle Estroza, ou tamén Rá de Santo Antón, ou Rá das figueiras, ou senon Rela Común. (Hyla arbórea ou Hyla molleri, non é nada sinxelo saber cál das variedades é a nósa, mais decántome pola primeira, pois polo que teño lido, a "molleri" ándanos pola costa norte galega. (click nas fotos pra ampliar)
En calquera caso as diferencias entre as dúas especies non son apreciables a simple vista, pois disque son "variacións moleculares do xenoma mitocondrial". Vaia, qué complicado, así que para os que non puxemos moito apejo na escola e tampouco temos un microscopio ou algo así á man, habemos de conformar con falar de oídas...
A convidada de hoxe é un bichiño que cae sempre simpático coa súa repoluda e miudiña figura. A da primeira foto é un inmaturo, có seu escaso centímetro e medio de longo. Seica os adultos acadan os 4,5 ou 5 cm. Coma ésta femia preñada denriba, que agarda inmóvil na folliña o acontecemento da posta, coa que desinfle ése bandullo cheo cós oviños dunha nova xeración.
Imposible albiscalas, a non ser que fagan un movemento que as delate. A partires daí, as probiñas non dan ningún traballiño... Alí che quedan quietiñas e confiadas na súa camuflaxe.
Logo xa é choio do retratista dar có seu mellor perfil. As rabuñaduras que teño atestiguan o arriscado da miña devoción pola fotografía arredor das silveiras e toxeiras na procura dun sorriso imposible a ésta glamurosa artista. ;-)
Seica poden mudar a súa cor exterior, chegando a se tornar nalgúns casos amarela, parda, ou aínda azul, e todo dependendo do entorno no que se mova.
Particularmente, as raras ocasións nas que as temos visto pola Arousa sempre foron verdes, movéndose en paraxes de herba alta, polo que penso que por eiquí nonas debe haber doutra cor.
Unha cousa que non sabía, e que a especie é endémica da Península Ibérica, habitando nun triángulo imaxinario Algarve-Fisterra-Navarra, esto é, dividindo diagonalmente a península do Nordés ó Suroeste, aínda que con poboacións mais fecundas no Oeste-Noroeste.
Será pola humidade. Mira tí que bén, áparte de repoludiña, tamén é moi enxebre...
Outra das cousas mais simpáticas que teñen estas raniñas son eses papiños redondos nas puntas dos dedos que lle proporcionan a aderencia que precisan pra gabear polas herbas altas onde adoitan moverse de día, e tamén ó solpor e á noite, períodos nos que están mais activas cazando os pequenos insectos dos que se alimentan principalmente.
Probablemente a raniña mais simpática que podemos admirar polo país, ademáis de ser a mais fotoxénica, e senon pra mostra as fotos deste post. Si non te fas moi repunante, non se moven nin un chisco, deixándose retratar polos catro costados. Pola miña banda, cansei de lle roubar moitas espléndidas imaxes coas que nos agasallaron, aínda que agora nos vexamos na cruel obriga de desbotar bastantes pra facer unha pequena escolla que son as que vedes eiquí. Con elas tentamos reflexar a beleza e simpatía deste noso bichiño de Carreirón...
A ver quén atopa un bichiño mais pavero |
Empachos de esplendor que nos agasalla a Natureza...
Unha rá con moito encanto. Nunca vin ningunha que non fora en foto. Seica lle cambiaron o nome científico... Interesante entrada, agradécese o relato
ResponderEliminaro ano pasado foron doadas de atopar, non sei si foi un ano especialmente prolífico ou si un xa sabe un pouco onde buscalas. Agora que chega o vran espero retratar mais, si se deixan :D Un saudiño
EliminarPreciosa entrada... corroboro a existencia de exemplares marrons, gris azulado, en verdes de todos os tons (según o tipo vexetal predominante na zona)... xuro no haber visto azuis e moito menos amarelas, pero habelas hailas .
ResponderEliminarpor aquí parece que todas son verdes, pero como temo-lo mar tan arrente, ó mellor aparece algunha azul... ;-) grazas polo comentario.
Eliminarrana linda :)
ResponderEliminarTengo visto alguna. Para mi era la "rana de San Antón" pero como siempre aprendiendo de los que saben.Gracias por toda y tanta información.
ResponderEliminarSí, é mais coñecida por Raniña de San Antón, aínda que eu gosto mais do seu nome galego... 😊😘
ResponderEliminar