x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_10

Cabaleiros da lagoa


Cabaleiros da Lagoa

Por Setembro xa levan un par de meses moi alteradas "cabeza con cú" pra logo poñe-los ovos no tapiz de follas que durante o vran cubren as augas de certas partes da Lagoa de Carreirón. As Libélulas e os Cabaliños do demo son insectos Anisopteros (do grego anisos, "desigual", e pteros "ás").

Aeshna afinis...
Son uns animais verdadeiramente únicos en moitos aspectos, un deles é o característico vóo, que lles permite voar en seis direccións sen cambiar a orientación do corpo: adiante, atras, arriba, abaixo, dereita e esquerda.

Unha cualidade que non creo que sexa compartida por moitas especies, e na que debe ter o berce o apodo de "helicópteros" que moitos lle dabamos de pequenos. En estado de ninfas embaixo da auga poden vivir ata catro anos cazando animais subacuáticos, ata que se transforman en adultos pra saíren á superficie e vivir só seis meses mais como máximo.
A que non sabiades que durante esa etapa larvaria respiran por "salva sea la parte"? Pois eu tampouco. Resulta que dispoñen dunhas branquias no recto que as habilitan pra esa escatolóxica respiración mentras teñen que vivir "fondeadas".

E tampouco sabía que utilizan ésa mesma zona da súa anatomía pra desplazarse polo fondo, mediante un impulso orixinado pola rápida expulsión de auga que fan "por ese burato". 
Vaia, que o dos motores a chorro xa levan unha chea de anos inventados...
Cando saen da auga pra se converteren en adultos, chámase "fase de emerxencia", e só transcorren uns minutos, nin siquera chega a unha hora, na que se produce unha transformación prodixiosa, tanto na súa morfoloxía, como tamén no seu comportamento.

Tal que si abrisen unha cremalleira, íspense do seu particular "traxe de mergullo", saíndo dalí dentro convertidas nos adultos que vemos voar arredor.
A partires daí trocan radicalmente a dieta acuática por insectos da superficie que non coñecían porque nonos tiñan visto nunca, pasando a respirar directamente do aire, e a desenvolvérense no medio aéreo cunha destreza que lles habilita pra cazaren as súas presas en pleno vóo, devorándoas suxeitas entre as espiñas que teñen ó longo das súas poderosas patas.

Entre as especies das que podemos disfrutar por Carreirón figuran as que acompanan estes parágrafos, coas que nos demostran a variedade de cores, tamaños e aínda as sutiles pero evidentes variacións nas formas dos seus corpos.
Aínda hai mais, así que agardo ilas metendo neste post así como as vaia tendo debidamente "inmovilizadas"...

Ésta  da esquerda tamén é moi habitual por Carreirón, Si non erro, que con éstes bichos é moi doado, creo que é unha "Lestes dryas", polas cores debe ser unha femia. Non chegan a recoller completamente as ás, polo que deben ser libélulas e non Cabaliños do demo. Moi fermosas polas iridiscencias de todo o corpo.


Outro arrebato de cores cós que empalaga-la vista ata a indixestión...


5 comentarios:

  1. Relinga Couso18/10/14

    Coma sempre, fermosas imaxes e gran didactismo. Obrigada.

    ResponderEliminar
  2. ¡Muy bueno, tu blog. Gracias por tu trabajo!

    ResponderEliminar
  3. Fermosas fotos e gran comentario, grazas.

    ResponderEliminar
  4. Preciosas libélulas:amigo, hay que reproducir la especie! Jaa,ja ( Interesantes comentarios)

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️