Nova tempada micolóxica. Voume ter que aplicar a conciencia pra lle poñer nome ós que irei subindo, porque nunca tuven a chanza de que alguén me iniciase nese bonito, saboroso, e por qué nono dicir, perigoso mundo. Nos meus tempos de cativo non había na Arousa unha especial afición a éstas delicatessen culinarias. E claro, a estes seres hainos que coñecer bén antes de botalos á tarteira, que como sexan dos que se encabrean, pódeste atopar cun problemiña. (click nas imaxes pra ampliar)
Así que reclamo a axuda de aqueles que sexan mais expertos que mín completando as identificacións que faltan, facendo uso da caixa dos comentarios, que para eso está...
Amanita muscaria: Cecais o cogumelo mais utilizado como paradigma dos fungos en xeral, e un dos mais fermosos tamén. Seica ten un componente tóxico xunto con outro alucinóxeno, polo que eu non faría un bocata con ela, non vaia ela a facer outro có teu fígado...Na foto da esquerda, nas primeiras fases brotando. Na da dereita xa está formado.
Clathrus ruber: Coñécese como "gaiola bermella" por razóns evidentes. Especie non comestible que desprende un cheiro moi fétido como a carne en descomposición, que atrae ás moscas, ás que utiliza pra espallar as esporas. Aquí vémolas en tres fases, cando brota, desprendéndose da capa exterior, e coa aparencia final.
Dúas imaxes de Mycena seynii, ou Mycena das piñas. Por qué terá ese nome? É un cogumelo que sempre forma tomas fermosas, moi expresivas e evocadoras pola súa maniática costume de brotar entre as comisuras das piñas...
A foto quedou bastante bén, mais aínda non lle puxen nome. Podería ser unha variedade de Lepiota? Please, reclamo a axuda da afisión... ;) (Sóplanme por aí que pode ser unha Amanita vaginata)
Amanita Rubescens. Grazas polo comentario. Ó primeiro pensei que se trataba da nefasta Amanita Phaloides, de cores similares. Moi bonitiña, pero por si acaso, non serei eu
o que lle finque o dente...
Por mais que teño buscado non fun quén de atoparlle un nome pra "isto". Nin siquera estou certo de que sexa un fungo, pois pódense atopar durante prácticamente todo o ano. Aquí collín dous exemplares na fase onde emerxe do chan, pra logo estoupar e abrirse talmente coma unha flor. (Scleroderma, grazas pola información)
Gymnopilus junonius: Costoume bastante atoparlle nome, pois similares a éste hai moi bén deles que che poden conducir a erro, e aínda nono temos moi seguro (Grazas a R.Charlín pola información). Coñécese como "foliota dos piñeiros", e tamén como Cogumelo da risa. Éste último alcume non son acapaz de adiviñar de onde sae, mais tentarei averigualo. Ó chegar a época é case seguro atopalos nos tocóns cortados das árbores, como sucede nestas dúas imaxes.
Téñoo visto bastante sobre todo nos troncos das arbores, coma éste, que se instalou na ferida dunha ponla caída. Porén, aínda non dei có nome dél.
Un Níscalo ben repoludo para levar á sartén ou á cazola. En Carreirón aínda se pode atopar algún ó raro. Nascido da miña ignorancia, téñolle verdadeiro pánico ós cogumelos, aínda que éste ano encetei o seu delicado sabor, e abofé que pagou a pena...
Pode ser Fuligo cinerea. Grazas a uns amigos do Face pola identificación. Seica pode ser da famillia das Tremellaceae según outro, mais coido que tamén se coñecen por《fungos coliflor》que resulta moito mais gráfico...
Phaeolus schweinitzii, identificada nun amable e anónimo comentario. A aparencia está entre fermoso e noxento, non sei con cal quedarme dos dous calificativos...
Teño que dicir que hai verdadeiros especialistas en retratar cogumelos que constrúen espectaculares fotos espremendo as cualidades estéticas que os fungos lle oferecen. Como eu non chego a tanto, só agardo atopar a alguén que disfrute destas tomas tanto coma mín. Namentras seguiremos "colleitando" cogumelos no visor da cámara, e deseguido pasarémolos por ésta tixola virtual na que todos poidamos degustar semexante esquisitez de formas e cores.
Unha delicatessen que teño reservada prós primorosos paladares visuais dos amigos deste blog...
A que pos "Amanita pantherina" é claramente unha Amanita rubescens, ao igual ca da penúltima foto. E a antepenúltima (3ª empezando polo final) é Phaeolus schweinitzii
Belas imaxes e bo comentario.
ResponderEliminarOla Fran, descoñezo o nome da primeira, pero a sexta é claramente unha Scleroderma, e sí que é un fungo...
ResponderEliminarhttp://www.fungipedia.org/setas-informacion-y-consultas/5-fotografia-micologica/57221-scleroderma-polyrhizum.html
muito belo e enriquecida fiquei. obrigada
ResponderEliminarA que pos "Amanita pantherina" é claramente unha Amanita rubescens, ao igual ca da penúltima foto.
ResponderEliminarE a antepenúltima (3ª empezando polo final) é Phaeolus schweinitzii