x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_05

Carreirón de Pilros bule-bule


Carreirón de
Pilros Bule-bule



Derradeiros días de Maio, que esgotan a permanencia na nosa contorna dos Pilros tridáctilos - Correlimos tridáctilos - Sanderling (Calidris alba). Técnicamente pódese dicir que é o mes no que lles toca abandoarnos pra migraren cara a latitudes moito mais frescas ó Norte, fuxindo da sufocante ardentía do estío, e de paso criar unha nova camada de Pilriños pró ano que vén.





Eu gosto mais chamalos "Pilros bulebule" o seu nome mais enxebre, que non lles foi outorgado por casualidade a tenor da performance deportiva deste post, e que penso define moito mellor as "cualidades atléticas" das que fan alarde, según deixan acreditado no simpático video dembaixo.


traxe de faena 
invernal
Cada vez que o retratista repunantiño se achegaba de mais, entón sí que emprendían un curto vóo de só uns metros, pra reiterar unha  vez mais ése ritual. Coido que tentaban o último acopio de enerxías antes de emprender o longuísimo camiño de retorno ós chalets de veraneo e de cría que teñen na Tundra das rexións Árticas, viaxe para o cal, como se aprecia nas fotos, os machos espiron o austero e grisáceo traxe de faena do inverno pra se mudar ás mais vistosas galas do seu particular fondo de armario, coas que face-las beiras ás mozas en condicións ótimas cando cheguen ó destino. 

traxe de gala pra viaxar
e outros menesteres...
Por certo que éste tipo de "quedadas" previas á partida migratoria xa as teño acreditado cós Mazaricos rubios nesta mesma praia de Xastelas. Debe ser algunha caste de expendeduría de billetes pra viaxes de longo percorrido ;-)
Dicir tamén que da simpatía desta miuda ave limícola naceu a inspiración pró afamado filme do 2016 "Piper" preto dos estudios que a productora de animación Pixar tén en Emeryville (California), cando un dos seus mais recoñecidos productores entusiasmou coas paveras manobras dos Bulebules dalí, mentres mariscaban bivalvos na seca, para o que debían sortear a intermitente acometida das ondas na mallante con carreiriñas similares ás que talmente me inspiraron eiquí para a confección deste post.


Neste video quixéronnos facer unha entrañabel demostración dunha carreira de velocidade polo areal de Xastelas, con anónimo vencedor. Sempre xuntándose na beira da mallante, pra iniciar en escasos intres unha galopada cara ó lombo da praia, onde se concentran as algas depositadas polas mareas preñadas de pulgas de mar, que xunto a algúns bivalvos constitúen a práctica totalidade dos pratos do seu menú.

Eis o recurrido video que foi quén de sacar un sorriso do retratista repunantiño. Ou dous...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️