x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

19_05

Á fin unha Lontra, pero...


Á fin unha Lontra, pero...



Após un longo, (prò meu gosto longúisimo) tempo frecuentando distintas ubicacións nas que sucesivamente foron vistas por diversos amigos que procuraban darme aviso, e sempre coa ilusión de podelas pillar na súa actividade, aínda que ate hoxe con resultado negativo, mira tí por ónde nunha das praíñas ó leste de Punta Cabalo puden o pasado finde tomar as imaxes que quixen dunha das tan anheladas e misteriosas Lontras que temos por veciñas na nosa Illa.

Porén o malo foi que non aconteceu do xeito que eu quixera, pois o aviso déronmo con éla xa morta, así que moi ó meu pesar téñome que converter en improvisado relator de necrolóxicas, axuntando as fotos que enchen este post, sentìndome trístemente transformado nun daqueles retratistas de defuntos que hai cen anos ficaban tan de moda que non atopaban mellor uso das punteiras tecnoloxías que daquela supoñìan as primeiras cámaras de fotos, que retratar ós mortos, nun derradeiro e suposto rexistro eterno do paso por éste mundo. Asì de frustrado me sinto.

Coido que non debía levar moito tempo morta, pois á ausencia do característico cheiro que era de agardar, xúntabanse unhas sospeitosas manchas de sangue na cabeza, que suxiren algúnha forte contusión que acaso rematase coa súa vida. Chegados a éste punto non quero dar renda solta a suposicións das que me persuado equivocadas...

Como tampouco está no meu ánimo extender nin pormenorizar os detalles de tan penosas imaxes, escollín amosalas no blog reunidas no seguinte pase de diapositivas:




Agardemos que a seguinte ocasión sexa un encontro de moita mais ledicia...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️