Que veñen
as grises!
...E volveuno facer.
Carreirón volveunos conmover.
Un fascinante encontro aconteceu cando xa dabamos por rematado outro roteiro de ràcana colleita de bichiños neste anòmalo inverno, agás os paxariños, que se deixan ver mais doadamente, andando como andan un pouco desconcertados nestas aqueladas datas de efervescencia hormonal. (coma sempre, click en cada foto para ampliar)

Aínda non sei moi ben como pudemos albiscar no chan a rentinha do caminho a ésta Estroza, ou Raniña de Santo Antón, cando xa vinhamos facendo de volta o habitual roteiro do finde. Porque raniñas por alì hainas dabondo, pero... GRIS?
Pois sí, alí estaba a mirarnos pasar, sempre tan miudiñas e quedas que ata semella que esqueceron respirar.
Pois sí, alí estaba a mirarnos pasar, sempre tan miudiñas e quedas que ata semella que esqueceron respirar.
![]() |
Eiquì podemos comparar a diferencia cunha Estroza de cor normal |

En calquera caso, seica as mutacións que producen raniñas de cor azul son mais habituais que as grises coma a nosa de hoxe, así que o asombro que nos produxo a súa granìtica presenza está plenamente xustificado.

Vaia, que isto xa parece unha epidemia...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️