x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

24_01

Carreiron fashion week


Carreirón fashion week



Son as Gabitas (Haematopus ostralegus) unhas das aves mais bonitiñas coas que témo-la sorte de tropezar por aquí, pois xuntan no seu retrato un cocktail de cores harmonioso e elegante que impide que o observador o ignore.
( click en cada foto para zoom )

Por Carreirón son doadas de ver, recreándoche a vista a meirande parte das veces en pequenos grupiños que se acomodan nalgún Cón ata que unha vez recobrados os folgos emprenden o vóo a outro pandullo no que remenxer entre os mexilóns ou arneiróns na procura de alimento. Na foto da dereita reuníronse nunha concentración masiva, seguramente pra iren xuntos a algunha "mani" ou ao fútebol.

Éste último finde unha vez mais puxéronme os bichiños "a juevo" facer un símil có Sétimo Arte, lembrando agora unha afamada peli na cal, nunha aquelada escea, un dos personaxes berra con ansiedade:

"...corre hacia la luz, Caroline, corre hacia la luz!..."

Pois así mesmo lles imploraba eu (...mentalmente, pois non é o caso de poñerse a da-la nota polas praias de Carreirón) a un grupiño de formosas Gabitas as cales, con grande surpresa pra mín, iban deixando que me achegase pasiño a pasiño moito mais arrente da distancia que adoitan conceder, ata chegar a unha estupenda posición na que "bater" nas súas estampas con toda a forza que permitía o sensor da miña sufrida cámara.

Mais pra acadar o nível de perfeución que ansiaba só faltaba un "pequeno" detalle: que se arredaran cara a un dos ótimos focos de luz que a brilante solleira da mañanciña volcaba èse finde sobre as praias do noso enxebre Parque Natural.

Que conste que o meu desexo brotou da ilusión que me facía retratar a uns bichiños que con tanta elegancia se desenvolvían nas propias tarefas así de preto, e non por ningun vanidoso protagonismo có que o Retratista repunantiño tentase presumir de fotos asombrosas.

E fixéronme caso, pois discorrían por unha laxe entre dous Còns, de xeito que talmente parecían modelos desfilando pola pasarela impoñendo as súas elegantes (xa o dixen algunha vez?) cores aos embeletados miróns.

Vaia, que non se teñen que aquelar moito pra se apoderar da túa atención, secuestrándoche a retina enteira ou chupando cámara, pois o seu glamour goza de andares e determinación de sobra pra encher varias fashion week sen se despeitear...





Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️