Cine sesión vermú
De reparto, un insuperable elenco de artistazos que algo deberon escoitar do estreno de hoxe, porque asistiron moitos dos habituales, e tamén algún dos ocasionais pra entre todos render unha desas actuacións memorables que a un lle quedan grabadas pola beleza que desprenden en cada movimento, e tamén con cada chío dun guión que non por coñecido deixa de sorprender de cada vez.
Arranca a peli cunha estrañada Garza real que observa curiosa como un extraviado e solitario Bilurico bailón remenxe ávido na area en procura dalgunha nutritiva miñoca que conduza á resolución da misteriosa fame que arrastra dende os últimos capítulos da serie que vén protagonizando semán tras semán. Fame que parecen ter resolta algunhas Jabotas, pois por mar e aire van e veñen con cadansúa Jradisela no peteiro, fuxindo do acoso ao que as someten outras compañeiras de reparto que non tuveron tanta sorte e rifan con élas por unha parte do papel, aínda que sexa secundario, pero que lle garantice un necesario soporte enerxético mentras agardan polo papel ideal que coma sempre nunca da chegado.
Nesto que de súpeto aparece en escea outro solitario personaxe que lle aporta á historia un apunte de intriga. Trátase dun inesperado Cullereiro que, coa cabeza enterrada na auga trata de disimular a súa presenza na escena e sacar en limpo algo có que encher o buche. Unha vez mais aparece no plano da secuencia a presenza dunha misteriosa sombra en forma de Garza, que coma un investigador de serie negra semella axexar con aire interesado as ansias do primeiro, o cal usando a súa ganzúa-culler xa deu roubado a tasa e fuxe da escena antes de que ao guionista lle dea por meter a algún outro personaxe que lle quite o beneficio de estrela invitada.
Epílogo: a vindeira seman non se perdan o seguinte capítulo deste culebrón matutino...
Vaia, que a peli xa rematou, e algúns espectadores aínda non tuveron tempo de se acomodar no galiñeiro, coma lle pasou a unha Píldora cincenta de marcial paso que aínda parece entreterse chuchando unha especie de chicle, e a un Bilurico claro, que en vísta do éxito acadado, e có permiso da autoridade competente, emprende o vóo en busca doutra función na que entreter o resto do día, que ésto non dà pra mais...
FIN
Guest stars:
(en orden de aparición)
Garza real (Ardea cinerea)
Bilurico Bailón (Actitis hypoleucos)
Gaivota chorona (Larus ridibundus)
Gaivota patiamarela (Larus Michahellis)
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
Píldora cincenta (Pluvialis squatarola)
Bilurico claro (Tringa nebularia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️