Carolo ò espello
O mais parecido a un pinguin (con licenza do resto dos Araos) que temos por aquí.
Son os Carolos, ou Araos Carolos (Alca torda en castelán) unhas aves mariñas da familia dos Álcidos que desenrolan a súa actividade vital en mar aberto, aínda que algúns dos mais mosiños tamén se achegan ás veces á costa, sobre todo entre Outubro e Marzo.
Tal debeu de ser o caso do exemplar de hoxe, o cal aínda non podía presumir das elegantes cores branca e negra dése curioso peteiro que teñen, aínda que no que a mín atinxe non lle quita nadiña da súa fermosura, sobre todo cando o podes desfrutar tan preto, aínda que ó primeiro o meu radar detectouno algo lonxe mentres él peneiraba as contornas dun grupo de Cóns do Sur de Carreirón.
Debido á atrevida insolencia deste rapaz fun quén de performar as fotos que subo nesta entrada, cousa obrigada atendendo á calidade dos retratos que traía baixo o brazo ao emerxer, pois éche a primeira vez en tódolos anos que levo facendo fotos por Carreirón que se nos brinda a ocasión de observar tan preto as evolucións dunha destas aves que tan celosas son do seu espacio de seguridade.
...Sabiamente, debo engadir.
Galería de imaxes:
Nalgunhas destas imaxes pódese apreciar que a arte de pesca tradicional que practican é a do "espello", 😉 afuciñando a cabesa na auga pra mirar si pasa por debaixo algún incauto peixiño que acomodar na coviña do bandullo, chumpando coma letales torpedos e buceando lixeiros coma os mesmísimos peixes, có seu perfeito "fuselaxe" hidrodinámico, que como dixen ó empezar, é moi semexante ó dun pinguin, pero cun "chasis" con mais prestacións, pois os nosos poden voar, cousa que os do Antártico non...
Aínda que, 🤔 agora que reparo, non lle vín a francada por ningún lado...
Outro agasallo de Carreirón...