Págalo grande,
cavaleiro das tormentas
cavaleiro das tormentas
Coma tódolos anos, inseparables do pack do Inverno chegan os enbravecidos temporais que nos deixan, case sempre en diferido en forma de vítimas, uns peculiares agasallos que nunca quixéramos apañar nas praias, bichiños derrotados polas inclemencias climatolóxicas, que rematan a derradeira viaxe varados difuntiños nas costas da nosa Illa.

Porén, o estrano náufrago da historia de hoxe, chegou "polo seu propio pé", como dicimos por aquí, unha ave cértamente moi estrana por éstas latidudes, por tratarse dunha especie peláxica que desenrola todo o seu ciclo vital nos mares de fóra, ou si acaso nas partes da costa mais abertas ó océano.

![]() |
By Psychofox at English Wikipedia - Transferred from en.wikipedia to Commons., Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2199242 |
Ésta é unha ave moi afeita ás durísimas condicións do mar aberto, cuxo menú abarca tanto carroña, coma o roubo da pesca a outras aves, ás que acosan repunantemente ate lograr que arríen os peixes que declaran no seu peteiro. Tamén son efectivos depredadores de calquera bicho que amose febleza. Non teñen piedade, a supervivencia obriga. Por certo, agradézolle ó noso veciño e amigo Victor Dios, ó que lle pudemos contar o suceso, a enxebre información sobre o nome có que se coñecen estas aves entre os nosos mariñeiros. Disque lle chaman "Merdaseiros", alcume que demostra pouca simpatía por éles, intúo que por carroñeiro e ladrón da comida doutras aves de ocupación mais nobre. Porén, éste inesperado avistamento resultou pra mín espectacular e enriquecedor.
![]() |
By Elrond - Own work, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=43144438 |
Alí estuvo durante uns minutos, loitando con aquela cousa aboiada e basculando mariñeiramente as ondas que se sucedían, e ás veces elevando o vóo, cunha maestría que proclamaba a súa condición peláxica de loitador de inclemencias.
Cando o noso "Merdaseiro" se dou por satisfeito, despegou aparentemente cara a Sálvora, ata que comprobou que non era boa idea, pois os fortes refachos do Sur que batían Carreirón devolvíano a base de sopapos ó punto de partida, ou mais para atrás. Rematou derivando o vóo cara ó Leste ata que se me foi da vista.
Éste foi o último dos "momentazos" que o cinema de Carreirón nos proxecta en primeira fila, pra que nesta ocasión pudésemos admirar a forza, talento e afouteza desta mareira ave.
Qué queres que che diga!, cada vez gosto mais dos Ciclóns...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️