x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_10

Trípticos de Outono


Tripticos de Outono

Irei subindo a esta entrada do blog as estampas que en forma de tríadas de fotos poida acadar arredor dun motivo común, ben sexa có pretexto das "ocurrencias" dos meus bichiños de Carreirón ou con calquera outro argumento que me sirva de excusa, sempre que aquelo que poidamos roubar nos aporte algo da beleza do Equinoccio deste recén estrenado Outono, no noso Parque Natural favorito... (click en cada foto para zoom)


As néboas están a ser protagonistas do estrenado Outono no canto da choiva, que non se está a deixar ver ate éste segundo finde de Outubro. Unha mágoa que non tuvera caído antes, incluso durante o Vran, que conxurase os lumes, e sobre todo, pra non lle dar tempo á Lagoa de Carreirón a que secase como trístemente aconteceu outra vez. Como din por aquí os que saben: "cando chegue, vai vir todo xunto..."

Pois mira tí que che é a primeira vez que pillo relativamente bén a un macho de Rabirrubio. Aquí, andaba remenxendo pola mallante na procura de alimento, e non se asustou en exceso,  ata semella que me retaba, deixándome achegar o suficiente pra lle facer éstes retratos tan repoludos...

Un xoven exemplar de Papuxa cabecinegra que, vítima da súa estrenada inexperiencia, merodeaba nunhas matoxeiras de Carreirón, á mesma beiriña do camiño onde case bato con él... ou él comigo. Así acadei éstas formosas imaxes...

Había un nutrido grupo de Gabitas (Ostreros) que, revoando por todo o Sur de Carreirón, íbanse xuntando según adoitan por eses Cóns de fóra que nunca quedan en seco, ficando aillados de terra por moito que baixe a marea.
Porén, nunha pedra polo Carreiro do Areoso, quedou unha delas partillando cunha Gabota, á que lle andaba arredor, coma se a estuvera sometendo a un interrogatorio...

Cértamente había polos Cóns da Porta do Revello unha chea de Gabotas, agardando cómodamente aniñadas nos Cóns de Carreirón pra nos dar tomas interesantes, coma ésta onde dúas delas semellan vixiar a entrada da Ría apostadas en cadansúa torre, imaxe na que o maxestuoso Cón de Noro fai o skyline de fondo.
Por certo, a da esquerda portaba uns aneis de marcaxe de aves. Eiquí deixo un plano có detalle.

As Estrozas, ou Raniñas de San Antón están a figurar como actuantes principais neste inicio do Outono en Carreirón, pois este ano déixanse ver con relativa facilidade, ao contrario déstes últimos, nos que nos tuveron castigados sen poder desfrutar da súa sempre agradable e simpática presenza.

Fotos "cortesía" do furacán Leslie, cuxa promesa da ansiada auga naceu e morreu en Portugal, deixando en seco os anceios que algúns tiñamos de que rematase dunha vez a sede que sufrimos dende xa non sei canto tempo. Por aquí só deixou as frangulliñas, das que alomenos aproveitamos éstas curiosas imaxes do antes e o despois...

As primeiras Picas dos prados fixeron o seu debut anual a mediados de Outubro, remenxendo as praias e dunas de Carreirón na procura do sustento. Acabadas de chegar de Centro Europa para pasar o inverno con nós, éste día había varios exemplares que según camiñabamos viñan con nós armando bastante balbordo, por certo...

Tódalas aves se amosan moi activas no Outono, semella que aumenta a oferta de alimento pra todos coa chegada desta Estación. Puden acadar ésta secuencia dun Carrán cristado cazando: Primeiro revoando na procura dunha vítima; cando a tén "fixa no radar" prepara o picado, o cal aperfeizoa de inmediato pra non lle dar tempo ó peixe a fuxir. Todo un espectáculo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️