x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

18_12

O presuntuoso Chasco


O presuntuoso Chasco

Chasco - Tarabilla - Stonechat
(Saxicola rubicola)


Un dos acompañantes habituais de Carreirón, e ademais un dos mais curiosos e confianzudos, que non dubidan en posar para a foto dende unha silveira ou dende a copa dun pino, onde éles se vexan mais repoludos... Bó exemplo disto son as estupendas imaxes que subo nesta entrada, froito dunha xenerosidade inversamente proporcional ós metros de distancia que estes bonitiños paxariños conceden ó obxetivo do retratista repunantiño.

(click nas fotos para zoom)

Residentes en tódalas estacións, aínda que hai anos en que se ven menos, ben sexa por unha cuestión de discreción, sexa por viaxes de negocios, ou porque van pasar unha tempada coa familia política, nono sei.

Machos, femias e crías, cada quén dispón de cadanseu fondo de armario, sendo o mais vistoso o do macho, igual que acontece en outras especies, vestindo femia e crianzas unhas cores mais adustas, por aquelo de figurar con discreción, e lograr que os cativos cheguen a darlles netiños.

-Papaíño papaíño, eu quero
       un iphone-10.
      Mércamo, mércamo...
-Buf, crus de xuventude!
Dita época de cría abrangue dende Marzo a Xullo, sendo polo Vran cando se adoita atopar ós xoves Chasquiños correndo por dunas e Cóns de Carreirón, por certo, da man dalgún proxenitor, nomeadamente do pai, entregado a tempo completo nas sofridas labores de abnegado kanguro.
Dame un biquiño, ho!
Un dos actos mais aquelados do cortexo, semella unha vaidosa exibición que consiste nunha caste de danza, na cal macho e femia executan airosos brincos, revoando verticalmente pra se deixar caír de inmediato nun punto moi arrente do inicial de saída.
Eso sí, procurando non abandoar o salón de baile, e sen perder de vista as consumicións...

Aínda que os Chascos pódense deixar ver polos núcleos urbáns, eu nonos consideraría tan metropolitanos coma poden ser por exemplo os Pardales. Acho que ése tipo de visitas seguramente son accidentais, guiados ata nós na procura de alimento, pra retornar axiña ó niño, lonxe das malas compañías das persoas, aínda que éstas sexan da Arousa...

Por certo, a éstes paxariños nonos dou acadado con tanta facilidade polo Monte, sendo no norte da Arousa cértamente mais escasos, imaxino que por estaren mais afeitos ó entorno dunar, de cuxo hábitat hai moito mais polo Sur. Cando entras en Carreirón son dos primeiriños en virche dar unha animosa e agradable benvida.


O "Chasco norteño (Saxícola rubetra)", é unha variedade que tamen se deixa caír por Arousa, á cal acaso pudera pertencer éste belo exemplar femia da esquerda. Si é así, agradezo que alguén mo indique... e senón, que cale para sempre... 

Home, como compañeiros de roteiro non teñen rival, aínda que a mín tanto me tén que estean mais lonxe ou mais preto, o asunto é que che alegren o paseo...




4 comentarios:

  1. MUCHAS GRACIAS POR LAS FOTOGRAFIAS Y LOS COMENTARIOS

    ResponderEliminar
  2. Que fotazas!
    Tes un blogue moi ameno e didáctico.
    Parabéns!

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️