Exiliados dos ventos
Existe unha dramática escea chegando ao final dun clásico e afamado filme moi coñecido, onde o cativo cociñeiriño da prota vaina despertar ao dormitorio dicindolle: "Msabu, Dios ha venido",como unha metáfora da pouca cousa que somos cando os eventos sobrepasan a nosa capacidade de resposta ou compreensión.
Pois non sei como chegou ao pensamento dun herexe coma un servidor tan piadosa reflexión, mais éche ben certo que así sucedeu no intre en que me decatei de que un grupiño de Mascatos polos que devecía, que o meu radar de Retratista Repunantiño detectou uns minutos antes facendo as súas falcatrúas moi lonxe na boca da Ría, revoaban ajora a escasos cen metros, o que me daba a posibilidade de distinguir a simple vista a súa aprimorada figura.
Pois iso, que a emoción apoderouse de un, pensando que Deus dera chegado pra me poñer a tiro da cámara as evolucións destas maxestuosas aves, que aínda se dignaban facer algúns dos seus espectaculares chumpos, os cales por desgraza non puden recoller pra partillar aquí, entusiasmado como estaba có espectáculo.
Non é nada frecuente que estas grandes aves peláxicas se atrevan a atravesar a imaxinaria cancela que supón Sálvora e adentrárense na Ría, o cal creo que aconteceu debido aos temporais que os forzan a se achegar a terra, aínda que tamén pudo ser porque no caladeiro de Centolos que hai entre ésa entrañabel Illa do Alén e o noso Carreirón ficaban faenando varias embarcacións, algunhas das cales xa viñan pra terra traendo por riba da súa estela a algún dos artistas de hoxe.
Ainda estuven unha chea de tempo retratando a éstes fenómenos, tentando aproveitar o que me parecía unha irrepetible ocasión, có peito cheo dunha emoción que me impedía pronunciar palabra, así que cando dalí a non menos dunha hora din por rematada a sesión, e revisionando polo camiño no propio visor da cámara unha a unha as fotos acadadas, achegóuseme un grupo de descoñecidos paseantes de Carreirón cós que me crucei, que deberon ver en mín tanto entusiasmo que me preguntaron si acadara fotos interesantes, ao que respostei amosándolle as marabillas que levaba, que lles fascinaron exclamando con espontánea aprobación:
-"Vaia agasallo o de hoxe"...
A emoción que compartes, por aquí ou polo Facebook, é maxia pura. Agradecida, e sempre con ganas de seguir desfrutando das túas capturas, só podo aconsellarche que mires de non torcer un pé, xa non só por ti, que tamén .
ResponderEliminar😄🖐️Parabéns!
Moi compracido e obrigado de tan inmerecidos cumprimentos. Tés razón no que dís, pois os Cóns eu creo que ás veces tamén se moven...😜😘 Apertas 🙋🏻♂️
ResponderEliminar