De inspeción
Unha das primeiras visitas programadas para este finde, era a de ir facer unha "inspección de obra" á construcción do vispeiro que temos localizado, por aquelo de comprobar si levan todo en orde: normas de Seguridade, calidade de materiais, permisos do Concello, etc... Todo en regra.
Hai que dicir que dende hai dúas semáns a obra evolúe moi lixeira, non hai mais que comparala con ésta imaxe do primeiro post.
Naquelas fotos podiamos contar escasamente tres ou catro casillas, mais no vispeiro dagora xa son bastantes mais. Estes bichos están entregados á faena, nunca deixan a obra sin xente, habendo sempre varios individuos traballando nela, así que para o vindeiro finde seguro que volven a sorprendernos... (click nas imaxes pra ampliar)
E falando de "apoideos", que polo visto así se denomina a familia na que están integradas as abellas e as vespas, saleume esta bonita macro dun abellón afuciñado nunha flor de campaniña, chuchando goloso o néctar que a pranta lle oferece.
Aproveito a imaxe pra lembrar que os insectos polinizadores están a pasar dende hai uns anos unha época verdadeiramente tráxica, pois estase a producir unha alarmante mortalidade délas sen que os científicos dean atopado a causa. Pode ser polos pesticidas, por fungos, disque tamén poder ser por bacterias, un misterio. O caso é que a cousa xa preocupa seriamente ás autoridades polo que a Union Europea vén de prohibir unha longa lista de insecticidas. Sen abellas non hai plantas, e sin éstas a vida na terra sería inviable. Vaia, que xa agora somos no planeta xente de mais a papar, que si nos faltan as abelliñas, imos fod..os. :(
Polo que a mín respeita, aínda que só sexa polas bonitas fotos que nos regalan, xa vale a pena terlle un pouquiño de admiración.
Lagartixa de Bocage (Podarcis bocagei) |
Disimuladamente, coma se elas non estuveran xa de volta e media dos meus movementos, tentei atrapalas no sensor da cámara, e acadei estas boas imaxes, que debo agradecer ó Deus Sol, que nos brinda nesta época do vran algúns días de boas condicións de luz para os retratistas de bichiños. Son uns animaliños pequenos e moi áxiles que se peneiran por entre os ocos das pedras, o que aliado ó seu escaso tamaño e movemento contínuo, convérteos en elementos bastante difíciles de retratar.
Tordo común (Turdos philomelos) |
Cómo sería de casual a foto, que cando lle disparei teño que recoñecer que pensei que era un Melro.
Xílgaro (Carduelis carduelis) |
Un dos paxariños mais vistosos que podemos ver pola Arousa, sen entrar a avaliar se hai algún mais bonito que outro, que o dubido...
Porén, e sen desmerecer a ningún dos meus bichiños, hai que recoñecer que os Xílgaros teñen unha estampa de moita beleza, a mesma que lle proporciona a peculiar e maravillosa combinación da variedade de cores que percorren o seu miudiño corpo.
Rematamos. Semella que neste finde ficou o listón un pouco alto de máis. Vai ser difícil superar esta beleza, pero non imposible. De certo que prá vindeira entrega os nosos bichiños de Carreirón téñennos gardadas mais fotos espléndidas.
Me gusta, me gusta y me gusta!.
ResponderEliminarAunque no soy nada racista, jaa,ja...te cuento: en Los Ancares cuando bajaba el nº de abejas, metían en los enjambres una hierba que le llamaban " limonera" y las abejas volvían...pero lo que me preocupa a mí son "las velutiñas"( pienso que ese es el nombre), porque aunque digas que " habrá que convivir", lo cierto es que están causando muchos problemas...y nada más.
😊 obrigado polo pavero comentario. Apertas 🤗🤗
Eliminar