x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

15_04

Os findes ó Sol


Os findes ó Sol

Lagarto Arnau (Timon lepidus)
Primeiros findes da Primavera, cheos de artistas estricados ó Sol, e flashes de comparanza coas esceas da famosa película de Fernando León e os seus personaxes que contaban as horas espatalados ó eitón nos asientos da cuberta do non menos popular barco do filme.
(Preme en cada imaxe pra ampliar)


Cértamente, temos en Carreirón unha nova version da estupenda peli do 2002, con algúns cambios no reparto, xa que pola Arousa contamos cuns galáns tanto ou mais juapeteiros que os da primeira...

Lagartixa Galega
 (Podarcis bocagei)
Trocamos a Javier Bardem e Luis Tosar polos nosos artistas dos pandullos e xa podemos empezar a rodar. Bueno, de momento só poñeremos esta reportaxe fotográfica dos galáns Carcamáns, de indiscutibles dotes interpretativas ou, cando menos fotoxénicas. 
Con todos vostedes, o repoludo Lagarto Arnau e a glamurosa Lagartixa de Bocage, acabadiños de aterrar a Carreirón, para a presentación da inminente estrea nas carteleiras do mundo mundial dun novo "remake", de... "Os findes ó Sol".

Tentando saír ó Sol, mais fóra merodeaba 
o temible mostro dá cámara de fotos...
Aínda temos pendente de asignar os papeis, hai dúbidas si o de lajarto a Bardem e lagartixa a Tosar, ou viceversa.

Mellor non entraremos en polémicas, non vaia a ser que algún se me poña nas patas de atrás có inocente reparto de papeis que xa tiña eu asignado...
Primeiras solleiras Primaverais nas que Lourenzo trouxo luminosos días de sabor a vran, ideais tanto para os adiantados e ansiosos plagueros como para os repunantes retratistas de bichos, a saber cál mais antipático cós nosos artistas da Natureza.
Após a rácana escuridade invernal, encetaron as mellores butacas do anfiteatro dos lombos dos Cóns, ben morniños polos fotóns cós que os regou Lourenzo dende as alturas, que lles prestan mellor que os bisteses de insectos que malamente acadan nas baixuras...Vaia, disque segundas partes nunca foron boas, mais estou certo de que desta volta os nosos arrasta-bandullos acadarán cadanseu "Goya", pois non se pode negar que espatalados ó Sol non teñen rival.

Retro-retratado na pupila do Arnau...
A ver quén mellora éste "selfie" !!

Aí vai o trailer da peli, que moito falar déla pero aquí non se move un can...
E pra rematar, un poema có que enriquecer a fermosura destes entrañables e arrastrados bichiños, que seguro gostaredes...

POEMA DA LAGARTA
O Sol é meu,
a pedra é minha,
ate posúo
a quen me espía.
Son uma bela lagarta
a quen gosta a discreción,
pois vivo acubilhada
no fermoso Carreirón.
O vento é meu,
a area é minha,
por eso saio
brilhante e linda,
de primavera vestida.
(Dores Lobato. Grazas)

4 comentarios:

  1. Moi bonita e interesante a entrada. Por certo, tes visto escánceres, Anguis fragilis, na Illa de Arousa?
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí. Os Escancers son relativamente doados de atopar en calquera parte de Arousa, e nomeadamente nas leiras e onde teño visto bastantes. Obrigado polo comentario. Apertas

      Eliminar
    2. Moi boas,
      Estaría moi interesado en coñecer localidades exactas de escáncer na illa de Arousa. Igualmente, calquera outra especie de anfibios ou réptil que haxa na illa. Estou a facer un atlas de distribución de anfibios e réptiles e gustaríame incorporar observacións que teñas ó Atlas para representar adecuadamente a biodiversidade herpetolóxica da illa de Arousa. Temos visitado bastante a illa pero sempre quedan especies e lugares por prospectar e sería unha pena que faltaran especie por incluír.
      Déixoche o meu correo e teléfono por se prefires o WhatsApp para o que precises.
      Moito obrigado,
      Martiño

      Martiño Cabana otero
      mcohyla@yahoo.es
      630948293

      Eliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️