Dúas que me saíron rana
Al cabo de los años he observado que la belleza, como la felicidad, es frecuente. No pasa un día en que no estemos, un instante, en el paraíso.
Jorge Luis Borges (1899-1986) Escritor argentino.
Este ano encetamos a tempada de Rás con moi bós agoiros. Resulta doado dabondo atopalas a pouco que te esforces na procura, saltándoche ás veces diante dos pés igoal que os arroases fuxen da proa do barco, e provocándoche desequilibrios que che levan a facer inverosímiles piruetas pra non esmagar a estes feiticeiros bichiños.
Por Carreirón pòdese atopar, que eu sepa, alomenos as dúas especies que subimos nesta entrada: A Estroza ou Raniña de San Antón (Hyla arborea) e a Rá das veigas (Discoglosus galganoi).
Aquí temos á primeira dende a súa discreta posición pescudando o nível de hostilidade do inimigo:
- "Sen novidade no frente, agás o repunantiño retratista de sempre..."
- "Sen novidade no frente, agás o repunantiño retratista de sempre..."
Nos derradeiros anos resultaba sinxelo atopar ás encantadoras verdiñas, nomeadamente na veciñanza da Lagoa de Carreirón.
Daquela era cando armaba un gran balbordo brotando do fondo da seca poza onde as cazaba, e roñando de reollo contra o inoportuno axexador.
O bó que teñen as Estrozas é que as probiñas, confiadas no seu mimetismo, alí se che quedan inmóviles na pónla, polo que, si tés a sorte ou a boa vista de "desincrustar" a figura dalgunha do medio da confusión que lle proporciona o escollido entorno no que descansa, xa podes ir arranxando o equipo pra unha completa e vistosa sesión fotográfica.
A proba disto é o curto pero encantador vídeo roubado a ésta linda raniña que por dúas veces nos agardou no mesmo sitio, así que xa nona imos atormentar mais.
Estresadiña quedou có monstro do trípode acosándoa arredor...
Bastante mais grandes eran dous exemplares da Rá das veigas, que apareceron brincando tentando afastársenos das nosas pisadas, mais as fotos non foron por isto mais doadas que coas verdiñas.
A pesar do seu tamaño móvense moi lixeeiras, cunha axilidade proverbial pra se "peneirar" no medio das herbas e cañotos secos. Si aínda por riba se che mete nunha poza coma nesta imaxe, atopala xa é só cuestión de sorte.
A pesar do seu tamaño móvense moi lixeeiras, cunha axilidade proverbial pra se "peneirar" no medio das herbas e cañotos secos. Si aínda por riba se che mete nunha poza coma nesta imaxe, atopala xa é só cuestión de sorte.
Esa escapista habilidade, unida ós debuxos e cores do uniforme de combate que leva, ofuscan a un coma un trilero engana a atención do xogador mais espabilado. Cando por fin saeu das "profundidades" acuáticas, só me concedeu uns segundos prá miña laboura depredadora.
Á vista está que souben aproveitalos.
Eso foi a finais de febreiro. A finais de Abril atopeime có resultado doutro tipo de mergullos no que andaban moi ocupadas. Había moitos exemplares arredor dunha poza, todos eles xa formados, aínda que dun tamaño mínimo, 7-8mm. Unha délas ata se permiteu a licenza de gabear a ésta flor, un lugar moito mais suxerente onde facer un retrato para subir o seu perfil do facebook, según me dixo. A formiga dixo que é Notaria de profesión, e achegouse ó evento pra dar fé da medición...
Vaia, que nesta "liga" que está a empezar xa melloramos en 5-1 ós resultados do pasado, así que arelamos as fermosas sesións fotográficas coas que estamos certos que nos van agasallar, e cun pouco de sorte ó mellor entramos con algunha délas na "Champions league" da fotografía.
Quén sabe, con éstas artistas tan profesionais éche ben posible...
Quén sabe, con éstas artistas tan profesionais éche ben posible...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️