Danos colaterais
Ben sexa polos temporais do inverno, ou como consecuencia do Cambio climático, ou polos dous xuntos, porque ultimamente éste provoca que os primeiros cheguen mais "encabreados", o asunto e que estanse facendo cértamente habituais os avistamentos de fauna salvaxe que se saen do que podemos aceptar como posibles, e que últimamente estanse a suceder dun xeito por demais repetitivo, invitándonos a pensar en terlle que retirar a algúns o adxetivo de "rarezas".
Unhas veces prodúcense fora da época habitual na que se poderían agardar, outras nun lugar imprevisto, outras como vítimas dos elementos... Vaia, que últimamente os que gostamos das cousas da natureza non gañamos pra disgustos, ou, por qué non dicilo, ó mesmo tempo pra alegrías, as que nos produce poder contemplar exemplares de especies infrecuentes na zona, e que sen azarosos imprevistos non poderíamos gozar.
Aquí irei subindo as fotos que coa categoría de "rara avis" vaia acadando, moitas veces grazas ós amigos virtuais que as suben ás redes sociais, e agradecidamente conveñen partillar neste blog.

Éste Mascato foi avistado ó Sur de Carreirón a primeiros de ano. En moitas ocasións acontece que son desprazados polos temporais, déixándoos coma nun estado de shock que lles impide ubicarense axeitadamente pra poder retornar para fora a mares mais abertos, que é onde desenrolan o seu ciclo vital. Foto: José M. Oubiña Viana 05xan2015.
E do mesmo autor tamén é ésta curiosísima foto con outro exemplar de Mascato (si non é o mesmo de antes) ó que non lle chegou con traspasar a "fronteira" de Sálvora pra se atrever a vir toma-los viños ó Regueiro.
Éstas aves son de maior envergadura que, por exemplo as gabotas, coas ás mais longas e esbeltas, así que cando se observan en vóo son relativamente doadas de identificar, mais cando están nadando, coma ésta, a unha certa distancia son moi confundibles.
Seguramente outros exemplares anduveron preto estes días, pero aínda non fun quén de observalos en vivo.
Seguramente outros exemplares anduveron preto estes días, pero aínda non fun quén de observalos en vivo.
Un Arao papagaio, por desgraza xa defunto, que apareceu na mallante da Sapeira o 16 de xaneiro.
Arao papagaio - Frailecillo (Fratercula arctica) |
Dous Carolos. Un morto, e por sorte outro vivo, en fotos tiradas por Gabi Comojo o 16 de xaneiro en San Vicente. Son as aves mais parecidas ós pinguins que temos por aquí. O defunto da esquerda pudo ser outra vítima dos fortes temporais.
Carolo = Alca común (Alca torda) |
Tamén o 16 de xaneiro subeu varios vídeos e fotos do encontro con éste exemplar inmaturo de Mascato que teimaba en achegarse á embarcación na que faenaba o amigo Fernando Piñeiro Oubiña. Tanta fame tiña o bicho que seica se lle botou á faneca que traía na liña, dándolle un inesperado traballo ó terlla que sacar pra zafar á ave, agardo que con final feliz.
Os exemplares novos coma éste adoitan ser as primeiras vítimas dos acontecementos desfavorables, froito da inexperiencia. O malo é que, tamén por mor desa bisoñez son incapaces de asimilar a súa nova situación e voltar ó lugar de orixe que lle corresponde, perecendo moitos no novo entorno ó que non están afeitos.
De finais do mes de Xaneiro é ésta oportunísima toma que fixo có movil o meu amigo F.Constante García dunha ave que paseaba pola praia de Xastelas e que penso que é dificilísima de ver no interior da ría.
Trátase dun Págalo parásito (Stercorarius parasiticus) que andaba solitario procurando alomenos algo de carroña que meter no buche.
Estes rapaces son oriundos das Hébridas, Orcadas, ou Shetland, onde crían para viren pasa-lo inverno mais ó Sur, aínda que non adoitan entrar na ría por ser de augas abertas, como indicabamos antes. Tal coma os anteriores, aventuro que foi desprazado por algún temporal, e mentras atopa o camiño correcto andará facendo algo de turismo entre nós. Veu parar ó sitio axeitado, bó marisco, bós viños, boas praias...
A foto do recuadro inferior sérveme pra comparar e foi sacada da Wikipedia aquí: https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=706948

Ate eiquí o que dou de sí o inverno do 2015. Para o 2016 temos mais do mesmo, aínda que con algunhas particularidades, como a circunstancia de que a meirande parte das visitas producíronse cando o inverno xa rematara, nos meses de Marzo e Abril.
A excepción foi éste Págalo grande, ou mellor dito "Merdaseiro", segun o alcume có que foi bautizado pola nosa Arousa, que nun día de forte temporal foi obrigado a chegar ata Carreirón, alomenos durante unhas horas, do que xa deramos cumprida conta nesta entrada do blog.
O seguinte que pudemos documentar gráficamente en facer o eu indesexado e triste "debút" por Carreirón, foi o que quedou deste Corvo mariño.
Éste non creo que viñera a parar dende moi lonxe, pois pola zona de Punta Carreirón son bastante habituais as reunións de grandes grupos destas aves, moitas veces nadando xuntas nunha sombra enriba do mar, onde semellan facer quendas para ir pescando cadanseu "quiñón" da pesca.
Debido o seu lamentable estado de conservación, non me atrevo a poñerlle apelido, eu diría que é un Corvo mariño grande. Xa debía levar bastante tempo tomando o Sol na praia dos Petóns, en Punta Carreirón. Ésto é o que pasa cando non se usa a debida proteución solar...
Unha ave bén bonitiña a pesar das sobrias cores que loce, sendo ademais unha das mais aqueladas ós Pinguins das que temos por eiquí, coa licenza do Arao común, outra especie de smoking que leva uns anos en horas baixas por éstes lares, onde é todo un luxo chegar a miralas.
Sen feridas externas que aproximasen unha idea da causa do seu pasamento, si acaso apréciase que a parte superior do peteiro semella tronzada, aínda que tampouco e precisa esa violencia para acabar con eles, pois poden morrer só có estrés que lles xeneran as dificultades dos temporales.
E para rematar a tempada, un magnífico exemplar de Arroaz que xa pudemos detectar no finde cando a marea estaba enchendo. Pola mañánciña do Domingo xa viñeran a xente do CEMMA a dar conta dél, practicándolle o oportuno recoñecemento e debido control.
Nesta tempada como digo, os danos colaterais chegaron xá fóra de contas, có Inverno claramente rematado. Unha lástima, cando xa nos congratulabamos dos escasos sucesos coñecidos. Agollá o vindeiro ano non tuveramos documentos que subir aquí, o que por desgraza, estadísticamente é imposible. Conformo con que alomenos non sexan tantos...
O asunto é que xa estamos en prevención e atentos a calquera aparición de outros visitantes coma éstes, dos que de cando en vez entran pola Ría pa riba convertidos en "danos colaterais" consecuencia das duras batallas coas que teñen que lidiar cada inverno en particular, e coa inestable climatoloxía en xeral que, como consecuencia do mal-facer dos humans son cada vez mais imprevisibles e nefastos pra todos, incluídos por suposto nós mesmos.
Un artículo moi bo e interesante, e unha nova entrada no teu blog que entre tod@s podemos faser que sea un referente para controlar o mundo que temos ahí fora.
ResponderEliminarFelicidades e a seguir dandolle!!!!
Eu gusto da consistencia que documentar a natureza da túa terra.
ResponderEliminarMoi agradecido, gran a gran iremos podemos axudar a facer algo relevante
ResponderEliminar