x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

19_01

Unha Augamorta king-size


Unha Augamorta king-size


Os varamentos de Augamortas son habituais en tódalas costas do mundo, e as da Arousa non iban a ser distintas das demais neste tipo de sucesos. Todos temos tropezado con algún exemplar destes curiosos animais ó pasear pola praia. Porén, o seu tamaño adoita ser dunhas dimensións discretas, digamos de entre uns 15 e 25cm. de diámetro mesurados có seu desparramado corpo en terra. Alomenos así eran aqueles ós que tuven a ocasión de ver en anteriores encontros.


Pois ben, no habitual roteiro por Carreirón de hoxe atopamos varada na mallante da praia de Xastelas do P.N. de Carreirón un exemplar que nos produxo asombro polas súas xenerosas dimensións... mais de 50cm de diámetro, que duplicarían o que podemos considerar común por éstes lares, e que creo que nas fotos que acompañan a ésta entrada deixamos gráficamente autentificado.


Grazas a un amigo das redes sociais pudemos identificar a éste fenómeno, disque se trata dun "Rhizostoma pulmo" que pode chegar ós 60cm.de diámetro, sendo habitual no Atlántico  dende finais do Vran ata principios do Outono, así que si acaso o raro do acontecemento sería telo atopado por éstas latitudes nestas datas no medio e medio do Inverno.

En calquera caso, tendo en conta o asombro xerado pola publicación destas fotos, eu diría que nas augas interiores das nosas Rías tampouco debe ser un bicho moi habitual...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️