x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Danos "colaterais"




Ben sexa polos temporais do inverno, ou como consecuencia do Cambio climático, ou polos dous xuntos, porque ultimamente éste provoca que os primeiros cheguen mais "encabreados", o asunto e que estanse facendo cértamente habituais os avistamentos de fauna salvaxe que se saen do que podemos aceptar como posibles, e que últimamente estanse a suceder dun xeito por demais repetitivo, invitándonos a pensar en terlle que retirar a algúns o adxetivo de "rarezas".
Unhas veces prodúcense fora da época habitual na que se poderían agardar, outras nun lugar imprevisto, outras como vítimas dos elementos... Vaia, que últimamente os que gostamos das cousas da natureza non gañamos pra disgustos, ou, por qué non dicilo, ó mesmo tempo pra alegrías, as que nos produce poder contemplar exemplares de especies infrecuentes na zona, e que sen azarosos imprevistos non poderíamos gozar.
Aquí irei subindo as fotos que coa categoría de "rara avis" vaia acadando, moitas veces grazas ós amigos virtuais que as suben ás redes sociais, e agradecidamente conveñen partillar neste blog.



Éste Mascato foi avistado ó Sur de Carreirón a primeiros de ano. Ás veces son desprazados polos temporais, que ademais déixanos como nun estado de shock que lles impide ubicarense axeitadamente pra poder retornar.

Mascato = Alcatraz (Morus bassanus)
Fotos: José M. Oubiña Viana 05xan2015.


De José M. Oubiña Viana tamén é ésta curiosísima foto con outro exemplar de Mascato (si non é o mesmo de antes) ó que non lle chegou con traspasar a "fronteira" de Sálvora pra se atrever a vir toma-los viños ó Regueiro.

Éstas aves son de maior envergadura que, por exemplo as gabotas, coas ás mais longas e esbeltas, así que cando se observan en vóo son relativamente doadas de identificar, mais cando están nadando, coma ésta, a unha certa distancia son moi confundibles.

Seguramente outros exemplares anduveron preto estes días, pero aínda non fun quén de observalos en vivo.

Arao papagaio = Frailecillo (Fratercula arctica)
Aínda que nono pareza, éste é un Arao papagaio, por desgraza xa defunto, que apareceu na mallante da Sapeira o 16 de xaneiro. Pola zona onde varou non creo que chegara aboiando dende fora da Ría, que é onde fan vida de xeito natural, pois sería mais lóxico que tropezara antes con terra mais ó Sur. Acaso foi desorientado polo temporal, pra morrer arrente da nosa Illa, debido ó estrés ou á inanición, ou a ámbalas dúas causas.
Tuven chanza de retratar outros exemplares no mesmo "estado civil"  hai un par de anos, cando aconteceu aquela incrible sucesión de Cicloxénesis que varou a moitos "perxudicados" coma éste en terra. Agardo con ilusión a que na seguinte oportunidade poida subir aquí algún exemplar con vida destas fermosísimas e paveras aves, pois neste necrolóxico estado váiselle toda a lustrosa variedade de vivas cores que visten por todo o "chasis", de xeito aínda mais chamativo no espectacular peteiro.


Un Carolo morto e, por sorte outro vivo, en fotos tiradas por Gabi Comojo o 16 de xaneiro por San Vicente. Son as aves mais parecidas ós pinguins que temos por aquí. O defunto da esquerda pudo ser vítima dos derradeiros e fortes temporais.

Carolo = Alca común (Alca torda)
Disque non son moi difíciles de atopar pola Arousa, aínda que eu nonos detectei nunca no radar, así que o da dereita penso que ó andar tan solitario acaso sería que o home se atopara desorientado, como adoita suceder cando as aves son desprazadas do seu entorno por razons dramáticas contra a súa vontade.


Tamén o 16 de xaneiro subeu varios vídeos e fotos do encontro con éste exemplar inmaturo de Mascato que teimaba en achegarse á embarcación na que faenaba o amigo Fernando Piñeiro Oubiña. Tanta fame tiña o bicho que seica se lle botou á faneca que traía na liña, dándolle un inesperado traballo ó terlla que sacar pra zafar á ave, agardo que con final feliz.
Os exemplares novos coma éste adoitan ser as primeiras vítimas dos acontecementos desfavorables, froito da inexperiencia. O malo é que, tamén por mor desa bisoñez son incapaces de asimilar a súa nova situación e voltar ó lugar de orixe que lle corresponde, perecendo moitos no novo entorno ó que non están afeitos.


De finais do mes de Xaneiro é ésta oportunísima toma que fixo có movil o meu amigo F.Constante García Diz dunha ave que paseaba pola praia de Xastelas e que penso que é dificilísima de ver no interior da ría.
Trátase dun Págalo parásito (Stercorarius parasiticus) que andaba solitario procurando alomenos algo de carroña que meter no buche.
Estes rapaces son oriundos das Hébridas, Orcadas, ou Shetland, onde crían para viren pasa-lo inverno mais ó Sur, aínda que non adoitan entrar na ría por ser de augas abertas, como indicabamos antes. Tal coma os anteriores, aventuro que foi desprazado por algún temporal, e mentras atopa o camiño correcto andará facendo algo de turismo entre nós. Veu parar ó sitio axeitado, bó marisco, bós viños, boas praias...
A foto do recuadro inferior sérveme pra comparar e foi sacada da Wikipedia aquí: https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=706948

Ate eiquí o que dou de sí o inverno do 2015. Para o 2016 temos mais do mesmo, aínda que con algunhas particularidades, como a circunstancia de que a meirande parte das visitas producíronse cando o inverno xa rematara, nos meses de Marzo e Abril.


A excepción foi éste Págalo grande, ou mellor dito "Merdaseiro", segun o alcume có que foi bautizado pola nosa Arousa, que nun día de forte temporal foi obrigado a chegar ata Carreirón, alomenos durante unhas horas, do que xa deramos cumprida conta nesta entrada do blog.



O seguinte en facer o "debút" por Carreirón dos que podemos documentar gráficamente, foi éste Corvo mariño do que debido o seu lamentable estado de conservación, non me atrevo a poñerlle apelido, eu diría que é un Corvo mariño grande, Xa debía levar bastante tempo tomando o Sol na praia dos Petóns, en Punta Carreirón. Ésto é o que pasa cando non se usa a debida proteución solar...


Na mesma praia, contra o mes de Marzo atopamos na mallante éste Carolo (Alca torda), que aínda non debía haber moito tempo dende a "aterraxe", pois a plumaxe aínda lucía con algún brillo, o que non se pode dicir do peteiro, que perdeu as cores brancas do característico debuxo.


Unha ave bén bonitiña a pesares das sobrias cores que loce, sendo ademais o mais parecido a un Pinguin dos que temos por eiquí, iso sí, có permiso do Arao común.


E para o mes de abril, decepcionante premio acadado na praia da Crus, con éste, aínda fermoso exemplar de Mascato - Alcatraz nun estado de conservación aceptable, o que pra mín quer dicir que non levaba moito tempo "á espera". A primeira vez que teño ocasión de desfrutar da contemplación desta magnífica ave peláxica, que de cando en vez se atreve a achegarse pola Arousa. Neste caso, a probe non poido degustar a gastronomía local.


Un pouco estranado me deixou comprobar, como dixen, o aparente bó estado do bicho, sen feridas externas que aproximasen a idea do seu pasamento. Si caso, apréciase que a parte superior do peteiro semella tronzada, aínda que tampouco parecía que esa ferida resultase definitiva...


E para rematar a tempada, un magnífico exemplar de Arroaz que xa pudemos detectar no finde cando a marea estaba enchendo. Pola mañánciña do Domingo xa viñeran a xente do CEMMA a dar conta dél, practicándolle o oportuno recoñecemento e debido control.


Dende o pasado Vran estame a ser particularmente difícil coincidir con éles pra lles roubar os espectaculares retratos de saltos cós que adoitan adornar o seu paso por Carreirón, aínda que non tiña ningun interés en chegar a mirar un exemplar tan preto nestas circunstancias.

Nesta tempada como digo, os danos colaterais chegaron xá fóra de contas, có Inverno claramente rematado. Unha lástima, cando xa nos congratulabamos dos escasos sucesos coñecidos. Agollá o vindeiro ano non tuveramos documentos que subir aquí, o que por desgraza, estadísticamente é imposible. Ben, confórmo con que alomenos non sexan tantos...

O asunto é que xa estamos en prevención e atentos a calquera aparición de outros visitantes coma éstes, dos que de cando en vez entran pola Ría pa riba convertidos en "danos colaterais" consecuencia das duras batallas coas que teñen que lidiar cada inverno en particular, e coa inestable climatoloxía en xeral que, como consecuencia do mal-facer dos humans son cada vez mais imprevisibles e nefastos pra todos, incluídos por suposto nós mesmos.


3 comentarios:

  1. Un artículo moi bo e interesante, e unha nova entrada no teu blog que entre tod@s podemos faser que sea un referente para controlar o mundo que temos ahí fora.
    Felicidades e a seguir dandolle!!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu gusto da consistencia que documentar a natureza da túa terra.

    ResponderEliminar
  3. Moi agradecido, gran a gran iremos podemos axudar a facer algo relevante

    ResponderEliminar

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño