x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_11

Paxaradas


Paxaradas

Cando salgo a facer fotos por Carreirón, non adoito levar premeditado o "acoso" concreto a ningún bichiño, agás raras excepcións, como cando vou á procura dos Picapeixes, ós que levo meses facéndolle as beiras sen que me acaben de dar o "sí quero", ou cando vou á espera dos arroases por si os "pesco" animados pra daren un espectáculo acrobático.
Ande ó axexo ou faga o roteiro oportunista habitual, en tódalas épocas do ano revoan paxariños arredor, sexa pola Lagoa, peteirando na area das praias, ou brincando polos pinos, dándome ocasión de acadar interesantes, aínda que orfas imaxes sen motivo por sí mesmas pra unha entrada no blog, pero que vou gardando, porque nunca se sabe cando haberá unha boa excusa pra publicalas.  (click nas fotos pra ampliar)

     Así que hoxe vou inventar ésa excusa e introducir nesta gaiola virtual éses bonitos versos soltos que gardo de cada volta, e que nesta ocasión danme pé a ésta deleitosa composición:


Verderol - Verderón 
(Carduelis chloris) 
Exemplar inmaturo que aínda non desenrolou toda a intensa gama de cores verdes e amarelos dos adultos.
Papuxa das amoras / Curruca capirotada (Sylvia atricapilla) Ésta é aínda a primeira foto lograda a éste paxariño, que pola Arousa semella ser bastante inusual atopar.
Peto verde -  Pito real
(Picus viridis)
Non é doado acadar imaxes razonables destes fermosos paxaros, tan comúns pola Illa e tan medrosos a un tempo. Eran dous, dos que un foise sen se despedir, coido que era a femia, e alí quedou éste espectacular macho a controlar os meus movementos..
Rula común -  Tórtola común
(Streptopelia turtur)
Nestas derradeiras décadas está en franca regresión, o que podo confirmar polas escasas ocasións que tuven ultimamente de avistalas. E cada vez menos...
Pardal - Gorrión común
(Passer domesticus)

Por incrible que pareza, un dos mais difíciles de subir aquí, pois por Carreirón non hai. Son paxaros moi urbanitas, que cando aparecen, non adoito leva-la a cámara.
Anduriña -  Golondrina
(Hirundu rustica)
A fidelidade destes paxariños está plenamente contrastada. Os primeiros días de Abril xa revoan arredor, comezando a preparación do niño e tarefas reproductoras pra, dous meses despois ter todo o choio feito e voltar a África a invernar
Azulenta - Acentor (Prunella modularis)
É a primeira vez que tropezo con esta especie, e para ser a primeira, posaron coma profesionais, a pesar de que as condicións de luz non eran as axeitadas, mais acadamos bós retratos.
Úbalo - Lugano (Carduelis spinus)
Grazas a uns amigos do Face con mais vista e coñecementos que mín, acabo de descobrir unha nova especie. Nunca tiña ouvido éste nome, e seguro que os vín moitas veces, mais sempre os confundín cós Xirins, ós que se parecen moitísimo.
Xílgaro - Jilguero (Carduelis carduelis)
Un dos paxariños mais cheos de cor dos que nos visitan cada vran, e un dos que teñen un canto mais fermoso tamén. Éste púxose a tiro mesmo no humidal que hai á entrada de Carreirón, xusto pra comezar con bó pé un fructíforo roteiro fotográfico.
Lavandeira amarela - Lavandera boyera (Motacilla flava)
É a segunda vez que entra nesta serie, e éstas duas novas fotos foron tomadas no mesmo sitio que a anterior, aínda que desta vez, o bicho escolleu pra posar unha árbore enriba das herbas da primeira.
Liñaceiro - Pardillo (Carduelis cannabina)
Tamén é a segunda vez. É difícil resistirse á tentación de volvelo a poñer coas rechamantes cores coas que nos deleita neste mes de Abril no que voltan a visitarnos, coma tódolos anos.
Rabirrubio común - Colirrojo tizón (Phoenicurus ochuros)
Penso que é unha femia, por carecer da característica "boina" dos machos. A ver si pillo ó cónxuxe désta pra demostralo.
Paporroibo - Petirrojo (Erithacus rubecula)
Téñoo que volver a poñer, ante a insistencia destes repoludos exemplares en perseguirme revoando entre as ponlas das árbores pra saír na foto. E abofé que acadaron bós retratos. Con algún deles xa intercambiei o whatsapp.
Papuxa do mato - Curruca rabilarga (Sylvia undata)
Aínda que xa debutou na anterior entrega, desta vez volveu a aparecer no mesmo sitio traendo ése aire refinado en chegando da "pelu" de arreglar o seu glamuroso "cardado".
Lavandeira - Lavandera blanca (Motacilla alba)
Lavandeira negra - Lavandera enlutada (Motacilla alba yarrellii)
Por aquí chamámoslle "Señorita", acaso polas súas discretas pero elegantes cores. Éste corre tanto polo monte como pola praia, onde é moi doado atopar, normalmente só, ou como moito en parexa. A da foto da dereita chámase Lavandeira negra, e xa é mais difícil de ver, pois é unha subespecie británica da que invernan en Galiza non moitos exemplares. Eu decateime déla porque andaba "paseando" a carón dunha das outras, resaltando os seus tons negros no canto dos grises.
Pica dos prados - Bisbita pratense (Anthus pratensis)
Especie invernante habitual, que seguramente non é a primeira vez que vexo, mais sí que é das primeiras que me decato déla. Unha das dúas variedades que andan por aquí. A outra, a Pica costeira, só se diferencia en que as patiñas son negras.
Merlo - Mirlo común (Turdus merula)
Un macho que andaba moi ocupado remenxendo no esterco da mallante, así que non lle importou moito que me achegase un pouco mais do normal.
Corvo pequeno - Corneja negra
(Corvus corone)
Cós seus tons sombríos que tapan todo detalle das formas, éste delicado paxariño éche ben complicado de retratar, aínda que aquí a cámara descobreu todo o seu esplendor, que non é pouco. 
Chasco común - Tarabilla europea
(Saxicola rubicola)
Non rexeita o achegamento, aínda que tampouco te pases. Adoitan facer uns pequenos saltos revoando verticalmente, pra se volver a pousar no mesmo sitio.
Peto real - Pico picapinos
(Dendrocopos major)
Mira que me costou traballo, primeiro atopalo, e despois facer unha foto digna con tanto contraste detrás, e aínda con ésas, foi grazas a que esperaba á nai, que revoaba arredor sen se atrever a vir.
Ferreiriño negro - Carbonero (Parus ater)
Os Ferreiriños son outros que nunca paran quedos. Ésta imaxe é unha boa proba disto. Só o puden coller patas pàrriba nunha ponla da terceira árbore á que me fixo seguilo dende onde sorteaba os meus disparos...
Papuxa cabecinegra - Curruca
(Sylvia melanocephala)
Pillada en pleno aseo matutino, foi unha sorte, pois mentras non rematan esa faena non se che escapan. Ademais, parece unha cría, e a xuventude xa se sabe que é moi atrevida.
Estreliña riscada - Reyezuelo listado (Regulus ignicapilla)
Aínda me doi o pescozo de tanto apuntar prás ponlas mais altas, onde non paran quietos. Ésta foto acadeina nesa décima de segundo onde che acaba de fichar. Pa mín que nos mira mal...
Carriza dos xuncos - Buitrón
(Cisticola juncidis)
Pensando que iba tras outro paxariño, o revelado descobreu ésta preciosidade, que é a primeira vez que a vexo. Tuven sorte, pois só me dou ésta chanza pra retratalo.
Tordo / Zorzal común;(Turdus philomelos)
Teño un amigo coma éste en Carreirón que sempre se pousa na mesma ponla pra deleitarnos có seu impresionante canto, que non é cousa menor. Dito de outra maneira, é cousa maior :-D
Picafollas - Mosquitero (Phylloscopus collybita)
Sempre á sombra da cuberta de follas das árbores, onde é mais difícil tomar unha boa imaxe pola pouca luz, porque nunca está quedo, e porque é dos mais pequeniños. Un caso imposible...
Carrizo - Chochín común (Troglodytes troglodytes)
Un dos paxariños mais pequenos de Galiza. Ata hai veces que o confundo cun abellón, e sempre agochándose no fondo dos arbustos. Piando forte e totalmente exposto. Cousas das hormonas.
Pedreiro cincento - Collalba gris (Oenanthe oenanthe)
Sempre puntual á súa cita con nós, vaise deixando ver a finais do vran, aínda que só están de paso, pois invernan en África. Véxoos moito polas dunas, e sempre en solitario, nunca vin dous xuntos.
Escribenta - Escribano soteño (Emberiza cirlus)
Alí estaba, remenxendo polo chan, en busca de calquera cousa pró seu niño, e semella que xa atopou algo pra poñer na sala...

Ferreiriño abelleiro - Carbonero común (Parus major)
Mais elegante que o seu curmán Ferreiriño negro, con predominancia da cor verde do corpo, mais sobre todo porque éste sempre vai con garavata...

Bico de coral (Estrilda astrild)
Un inmigrante accidental (ou non tanto) que, en calquera caso adaptouse perfectamente ó noso humidal de Carreirón, onde supoño que crían, pois xa hai un bó grupo deles, e onde son doados de ver, sempre en grupo, e sempre facéndose notar, bastante "faladores" éles...

Pifacollas musical - Mosquitero musical (Phylloscopus trochilus)
Un porte mais esbelto e as patas de tons mais claros que o P.común, son as características mais salientables que axudan a diferencialo, aínda que pra mín segue sendo unha tarea ardua, na que case nunca atino...

Xirín - Verdecillo  (Serinus serinus)
Moi formoso con éses tons verdes, e tamén coma outros, moi gregaros e escandalosos, sempre xuntiños armando balbordo en bandadas non moi numerosas tampouco, pero moi faladores sempre...

No caso desta toma, ficaba sozinho, supoño que por aquelo da intimidade do baño.

xxx (xxx xxx)
xxx...

xxx (xxx xxx)
xxx...



Teño a idea de ir completando a colección con mais achegas da grande variedade de paxaradas que podemos disfrutar pola Arousa, polo que hei de seguir a disparar cruel e indiscriminadamente a todo o que se me poña por diante...

Xa aviso.


14 comentarios:

  1. Anónimo22/11/14

    curruca cabecinegra, no capirotada.
    Boas fotos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ciertamente, aunque fácilmente confundibles. La mancha negra cubre sólo la cresta en la capirotada. Una vez más el tamaño importa... Gracias por la aclaración, ya está corregido

      Eliminar
  2. Jose Cuervo3/7/15

    Son un enamorado do Carreiron a donde vou de cotio todo o ano Espero poder saudarte

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas. Non vai ser difícil coincidir. Un saúdo, virtual de momento... ;)

      Eliminar
  3. Grandes imaxes de grandes comentarios. Bravo!

    ResponderEliminar
  4. Me encanta como tratas el tema y te felicito por ello: es la primera vez que encuentro un bloc de este tipo y tan interesante. Saludos!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi agradecido polo comentario, e encantado de que gostes dél. Apertas

      Eliminar
  5. Solo puedo decir que me encanta tu trabajo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues yo sólo puedo decir que muchísimas gracias... 🤗 saludos

      Eliminar
  6. Segue disparando , por favor. Agradecida!!

    ResponderEliminar
  7. Non adoito encontrar a maxia polas redes, tan necesaria nestes tempos, ata que atopei este blog. Parabéns polo teu traballo e o engado das túas palabras.

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️