Un dos mais doados de ver, e hai que admitir que penosamente habituais, son os sapoconchos americanos ou tamén coñecidos como da Florida, especie invasora e nefasta introducida mediante o insensato abandono en ríos e humidais cando medran demasiado como mascotas dándolle algúns espavilados ésa solucion final por non resultaren xa tan simpáticos na casa.
Unha danosa especie exótica que compite polo alimento coas autóctonas, ás que despraza ou símplemente destrúe, mudando drásticamente o equilibrio do entorno que habitan. Unha historia demasiado habitual que por desgraça acontece con outras especies. Nun reconto simple sumamos oito déstas contra unha solitaria autóctona, unha proporción desastrosa.
Ese isolado exemplar "dos nosos", un Sapoconcho riscado ou leproso (Mauremis leprosa) ficaba enriba da jalla dunha árbore afundida papando a necesaria ración de Sol, igoal que facían os seus indesexados e exóticos veciños, o que non deixou de surprenderme, pois ficaba entre dous grupiños de dúas ou tres das outras, o que me induce a aceitar que alomenos partillan o mesmo espacio.
Coido que debe ser un encontro cértamente inusual, pois seica as poboacións estables e reprodutoras na Galiza situanse no baixo Miño, sendo mais escasos os avistamentos canto mais ó Norte.
Ou a ver se vai resultar que tamén son produto do abandono human...?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻♂️