Bolboretiñas do fondo do caixón
Cuarta entrega de bolboretas, desta vez cunhas poucas que me quedaron esquecidas no queixón dende o vran. As fermosas estampas coas que sempre nos agasallan estes bichiños poden servir nesta ocasión pra darlle un toque alegre ás friaxes e tempos grises que inevitablemente acompañan ó inverno.
(click nas imaxes pra ampliar)
ARGYNNIS PANDORA:
Toda unha descoberta, pois nunca atopara ésta variedade pola Arousa. Aproveiteime do pouco temor que me demostraba e afarteime de facerlle fotos. Éstas dúas son as que mellor reflexan a súa beleza.
Seica teñen debilidade polas Violetas, plantas nas que depositan a posta dos ovos e que lle sirve como planta nutricia ás larvas.Éses tons metálicos que se chegan a apreciar nas fotos son simplemente espectaculares.
LASIOMMATA MEGERA:
En sitios coñécena como "saltacercas".
Paréceme un pouco estrano este alcume, porque as bolboretas saltar, o que se dí saltar, non saltan moito.
Pa mín que é unha das mais habituais pola Arousa.
Por certo, que cós Lepidópteros levo unha boa lideira por ter que corrixir tantos nomes que creía correctos, así que éstes daquí quedan apuntados como discretas "suxerencias", e polo tanto, abertos a discusión...
VANESSA CARDUI:
En bastantes lugares da península chámanlle "Almirante rojo".
Vaia, as da Arousa pode ser que teñan algún título mariñeiro pero as do interior non sei eu... Pra mín, unha das mais vistosas.
Doada de atopar por toda a Illa, tamén é unha especie moi espallada arredor do mundo, sendo Europa, Asia e Norteamérica os continentes nos que habita.
...áparte da Arousa, claro.
PYRONIA TITHONUS:
Aquí achego unha segunda imaxe desta bolboreta que nésta entrada xa fora retratada pola cara superior das ás.
Seica no Reino Unido danlle o alcume de Gatekeeper, ou "Porteira", mais a mín nunca me pideu a entrada...
PARARGE AEGERIA:
Tamén alcumada como "Bolboreta dos muros", supoño que por ter querencia por éste tipo de construccións. En inglés coñécese como Speckled wood, seguramente porque a súa aparencia e cores lembran bastante ós da madeira, non?
Unha vez esgotáda-las existencias, ímolas deixar descansar un chisco, pois aínda que polo inverno pódense ver aínda bolboretas arredor de un, non é a millor época délas. Mellor agardaremos ó vran pra buscar por aí mais "robados" aproveitando que polo estío andan moito mais despreocupadas da súa privacidade, coma tantos...
LINKS A MAIS BOLBORETAS:
Primeira tirada de bolboretas
Pyronia tithonus (ésta si, la de la otra entrada es cecilia), en castellano recibe el nombre común de Lobito agreste
ResponderEliminarGracias, por la aclaración y por la información...
Eliminar