x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_07

Se o tempo o permite


Se o tempo o permite

Neste fin de seman de vento e choiva, que xa a climatoloxía non respecta nin siquera o mes de Xullo, puden colleitar algunhas fotos ben bonitas coas que encher este post:

Gaivota patiamarela
 (Larus michahellis)
O sábado foi un deses días certamente feos, e senon que llo pregunten ós milleiros de asistentes ó Festival do Norte, moitos dos cales tuveron que facer unhas imprevistas e apresuradas compras de chubasqueiros se quixeron aproveitar os cartiños gastados nas entradas. En días cunha luz tan probe non é doado acadar imaxes de moita calidade. De entre as millores  separei dúas con gavotas como protagonistas, que teñen o seu aquel. Ésta da esquerda que por se poñer a salvo da miña aproximación foise pousar nunha agulla dun cón, apinando pa un lado e pa outro pra mante-lo equilibrio.
...e eu tamén pa face-la foto ;)

E estoutra con esta nai coa cría, que semellaba estar pasar as primeiras "probas de mar". Dende logo que é completamente inédita esta imaxe dunha cría que aínda non voa nos cóns da Arousa. Indubidablemente ndica que deben criar en Carreirón, pois como dixen éste poliño aínda non voaba e o criadeiro mais preto onde aniñan coido que é o Areoso.


Polas beiras dos camiños xa agroman os abruíños nesta época. A fermosa estampa desta froita silvestre axudoume a lembrar que houbo tempos nos que non eran tan sinxelos de acadar, nin medraban tanto, pois a rapazada daquela nin siquera os deixabamos amadurar có acoso ó que o sometíamos dende os primeiros brotes, igoal que pasaba coas amoras. Hoxe xa non se recollen, e completan o seu ciclo natural. Mellor. Que contribúan ás necesidades da natureza mellor que ás nosas...

Estreliña riscada 
(Regulus ignicapillus)
Pola lagoa atopei esta cría de Estreliña riscada, coma sempre revoando por dentro das frondosas. Seica é a ave mais pequena de Galiza. Brincando de ponla en ponla coma un fervellón, e case sempre pola sombra, é ben difícil de retratar. Gostaría saber si entre nós tén algún outro nome, pois non recordo que pola Arousa lle chamasemos así a ningún paxariño. Si alguén o coñece podería poñelo nos comentarios...

Chasco común (Saxícola rubicola)
E polos arredores, un habitual: Un Chasco, que tamén parece un xuvenil, pois aínda non loce as cores intensas dos maiores, pero que, coma éstes, é moi confianzudo e permisivo cando tentas achegarte pra mellora-la toma. Éste agasalloume cun dos seus mellores perfís.
En Carreirón é bastante doado atopalo, o que non lle resta ó amparo de ser unha especie protexida, seguramente pola súa escaseza e vulnerabilidade xeral.

Pyronia cecilia
E por último, logo dalgunhas rabuñaduras, acadei polo medio dunhas toxeiras a esta bolboretiña, que se atopa sen demasiada dificultade nesta época do ano.
Non adoitamos pola Arousa poñerlle nome a estes insectos, así que foime ben complicado "tomarlle o folio", o que por fin logrei logo de ardua busca pola rede, e só o nome científico: Pyronia cecilia. Se alguén coñece algún nome mais enxebre, estaría bén que tamén nolo fixera saber na caixa dos comentarios...



4 comentarios:

  1. Relinga13/7/14

    Marabilla!

    ResponderEliminar
  2. Alejandro15/8/14

    Estupendas fotos e comentarios adxuntos. Bo traballo

    ResponderEliminar
  3. La que tienes como Pyronia tithonus no lo es, es una Pyronia cecilia (Lobito jaspeado)

    ResponderEliminar

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️