x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Mais bolboretas







Si ben é certo que as bolboretas son todas dunha beleza indiscutible, non é menos certo que as tres de hoxe deberíanse atopar no mais alto do ranking pola espectacularidade e forza de cores que nos prestan pra adornaren éste post. (click nas imaxes pra ampliar)


PAPILIO MACHAON.
É unha das mais habituais e tamén das mais fermosas e coñecidas. Leín por aí que non se atopa nas illas atlánticas (?) Non sei logo que somos nós. ;-)


A eiruga Macaón tamén é moi vistosa, aliméntase de Zenouras, e ollo que contén un líquido tóxico, aínda que có obxectivo de evitaren que as devoren as aves. Como nós nona temos entre a nosa dieta, pois no problem... ;-)

Euphidrias Aurinia

EUPHIDRIAS AURINIA.
A pesares de habitar nunha ampla zona de Europa e Asia, agás as latitudes mais frías do Norte e as excesivamente cálidas do Sur Mediterráneo de Europa, está considerada como unha das especies de bolboretas mais ameazadas, polo que tén a consideración de especie protexida. Non é éste o caso da Península Ibérica, onde goza de boa saúde, aínda que en zonas de Europa atópase en verdadeiro perigo de extinción. A verdade é que ésta foi a única ocasión na que tuven a oportunidade de retratala, pois, nunca mais voltei a ver unha destas.

Inachis Io
INACHIS IO.
Chamada comúnmente "Pavo Real", supoño que por evidentes razóns, pois verdadeiramente eses grandes e chamativos "ollos" parecen lembrar esas plumas tan vistosas daquela ave.
Na Península Ibérica está amplamente difundida sobre todo pola zona norte. Porén, na Arousa non me parece que sexa moi frecuente, pois tampouco a voltei a ver, deixando áparte ésta ocasión que se me presentou paseando polo Naso, onde conseguin ésta imaxe, de proporcionada exposición en beneficio do fermoso bichiño.


Colias Croceus

COLIAS CROCEUS.
Está moi extendida por toda europa, e moi común na península ibérica, podéndose atopar dende o nivel do mar ata os 2000m de altitude. Desbotando este ano no que estamos, aínda nunca me cadrara vela pola Arousa. Porén, neste ano tropezo con ela con bastante frecuencia. Tampouco é das que se quedan quietiñas prá foto, ou alomenos a mín non me resultou moi doado facerlla. Por certo, que no anterior post con bolboretas, opinaba eu que me parecía que aquelas que non despregan as ás debían ser as de tonos mais escuros... ésta non confirma a miña hipótese, pois con esas cores onde predominan os tons claros do amarelo aínda non fun quén de facerlle unha foto pola cara de arriba das ás.


IPHICLIDES PODALIRIUS
Eu gosto mais chamarlle a Bolboreta Tigre, e non dende logo pola agresividade, todo o contrario. É unha das mais grandes de Europa, non imaxino cál outra a pode superar en envergadura, mais na Galiza vén sendo algo así coma o Airbus a380 das bolboretas autóctonas. Unha fermosura, da que neste outro post, falamos mais polo miúdo déla.


Polo momento ímolo deixar eiquí, así que, mentres dixerimos este novo empacho de beleza á espera da seguinte quenda, continuarei na procura de mais lepidópteros coma éstes, que aínda quedan moi ben déles...







LINKS A MAIS BOLBORETAS:

Primeira tirada de bolboretas
Mais bolboretas
Bolboretas (III)
Bolboretiñas do fondo do caixón
Quinta entrega de bolboretas







2 comentarios:

  1. Grazas unha vez máis por esta gustosa sobremesa ateigada de cores impresionantes; todo un pracer visual!

    ResponderEliminar

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño