x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Bolboretas (III)






Cymbalophora pudica
CYMBALOPHORA PUDICA:
Atopámola por casualidade aboiando na auga da lagoa mentras andabamos na procura da imaxe dalgunha ave.

Non debía levar moito tempo defunta, pois aínda conservaba moi ben as cores das ás e tamén do abdome. Foi outra das surpresas coas que de vez en cando nos agasalla Carreirón, que ademais foime moi difícil de identificar pois nas procuras pola rede non aparecían imaxes, ata que por fin apareceu cando xa case desbotara a posibilidade de poñerlle nome...

A mín paréceme que é unha femia pola cor rosada e as manchas das ás posteriores, pois no macho son brancas sen esas manchas. Pertencen á familia das Arctiidae, son nocturnas e distribúense polo sur de Europa occidental e norte de áfrica.
(click nas fotos pra ampliar)



Tamén foi cousa de bastante sorte poder pillar a éstas dúas, que si non erro moito deben ser dous exemplares de LEPTOTES PIRITHOUS en pleno frenesí reproductivo, actividade que non é doado ter a oportunidade de observar, a non ser que teñas ós bichiños amaestrados, como os teño eu... E qué hai desa fosforescencia que emiten xusto por onde están "enganchados"?        ;-)

Estas outras dúas fotos que poño á esquerda, son de un exemplar que aínda non observara, e pensei que estaba ante outra especie, mais ó final resulta que pode ser unha femia da mesma especie de arriba, vista pola cara superior das ás, aínda que outras opinións póñenlle outro nome: Polyommatus icarus. Máis complicado do que pensaba...

O macho, que non se queda atrás en espectacularidade, e o que teño visto con moita mais frecuencia, subido noutro post. Pódelo ver premendo neste link .
A verdade é que son bastante distintos un do outro...



 PIERIS RAPAE
Creo que é unha das mais sinxelas de atopar pola Arousa, e gañan moito cando se desfrutan en primeiros planos coma os que subín aquí, pois cando as vemos a simple vista non chaman en exceso a atención, debido á austeridade das cores e rácanas formas coas que debuxan as ás, brancas con algúns tons amarelos, e eses sinxelos adornos escuros pra romper tanta monotonía albina.

Porén, como veño de dicir, ó achegarte un pouquiño mais observanse unhas iridiscencias que a fan moito mais atractiva á vista.

O asunto é que en vivo non é nada doado achegarse a elas dabondo como pra apreciar eses detalles, polo que témoslle que agradecer á fotografía a posibilidade que che ofrece de facer un recurte dunha boa foto, descobrindo cualidades que nun principio quedaban agochadas, e que penso que teñen as dúas que poño aquí, modestia aparte.










LINKS A MAIS BOLBORETAS:

Primeira tirada de bolboretas
Mais bolboretas
Bolboretas (III)
Bolboretiñas do fondo do caixón
Quinta entrega de bolboretas






2 comentarios:

  1. As que están en cópula non son Lampides boeticus, son Leptotes pirithous, e a de abaixo é una femia de Polyommatus icarus. Te dejo un par de enlaces donde explico como diferenciar estas especies:

    http://mariposasyorugas.blogspot.com.es/2013/11/para-no-confundir-las-polyommatus.html
    y
    http://mariposasyorugas.blogspot.com.es/2014/08/aprendiendo-diferenciar-licenidos.html

    Salu2

    ResponderEliminar

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño