Primeira tirada de Bolboretas
A primeira dunha xeira de sucesivas entradas con bolboretas, ata completar, si somos capaces, a colección destes lepidópteros (Lepidoptera, do grego "lepis", escama, e "pteron", á) que moran na nosa Illa, ou alomenos xuntar unha boa representación délas, moitas das cales abruman a vista coas cores tan rechamantes e atractivas coas que se engalanan mentres revoan contornando o noso "7" insular chuchando aquí e alí.
(click nas imaxes pra ampliar)
IPHICLIDES PODALIRIUS
Tamén chamada "chucha leite", aínda que non me parecería nada desacertado chamarlle si acaso "Bolboreta Tigre" polas mesmas e evidentes razóns. Esa caste de ollos que se debuxan na parte traseira das ás, teñen unha finalidade defensiva, desviando a atención dos depredadores pra que centren o obxectivo nesa parte non vital, pensando que serán os ollos da bolboreta. Deste xeito poden sobrevivir ós ataques de moitos déles. Pudera cecais ser o caso deste exemplar, con ese anaco que lle falta?
Con total seguridade a bolboreta mais grande que atoparemos por aquí, e si acaso debido á súa importante envergadura (que nalgúns casos pode sobrepasar os 8 cms) practican un vóo moi elegante utilizando longos planeos, o que contrasta bastante có vóo doutras especies mais pequenas, que parecen maniobrar no aire cun bater de ás rápido e unha deriva moi errática.
LAMPIDES BOETICUS
Ésta, pola contra é unha das bolboretas mais pequenas que podemos atopar pola Arousa. A envergadura coas ás abertas non sobrepasa os 4cms. Moi vistosas elas con ésa cor lila cuns reflexos metálicos iridiscentes, nada que ver coa faciana que nos amosan as súas ás cando as tén recollidas.
Debo aclarar que teño as miñas dúbidas sobre si está ben definida con ese nome, pois as da nosa Illa teñen eses "rabiños" que se aprecian na foto, cousa que non atopei nunca noutras fotografías que teño visto desa especie.
Eu case aseguraría que son distintas, mais non fun quén de atopar ningunha imaxe que correspondese exactamente coa nósa. Estaremos ante unha subespecie endémica da Arousa? En calquera caso, teño lido que se trata dunha bolboreta moi "polimorfa", o que quere dicir que presenta bastantes formas e cores dentro da mesma especie. Será por iso ló...
HIPPARCHIA STATILINUS
Mira que levo tirado millas detrás déla polo medio de toxos e silveiras, facendo equilibrios imposibles nos cóns, pero nada... Non hai xeito de fotografar ou nin tan siquera observar en vivo os trazos e as cores que nos presenta coas ás abertas. Sempre que se pousan "suben as pás" coma padexeiros de traíñas, amosándonos sempre o aspecto que vemos na foto. A única maneira que se me ocorre sería facéndolle unha foto en pleno vóo, mais penso que aínda sería mais difícil de acadar unha instantanea dése xeito. Tería moito de casualidade conseguila, mais heino de tentar. O que gostaría saber son as causas polas que algunhas bolboretas pechan as ás e outras mantéñenas abertas ó pousar. Só se me antoxa que pode ser pola cor, pois teño comprobado que as que teñen tons mais escuros son as que as manteñen ergueitas e pechadas. Poidera ser pra evitar que se requenten, porque como sabemos, as cores escuras absorven mais radiación solar, o que as podería estragar, delicadas como son... Dixen unha tontería? O mais seguro que sí. A solución tén que ser mais sinxela. Se alguén coñece a resposta, que nolo diga eiquí ou que cale para sempre...
Nun vindeiro post imos seguir coa nosa particular colección destes bichiños que a todos se nos fan tan agradables de ver, e que, nono esquezamos, son tan importantes pró medio ambiente, principalmente pola súa función polinizadora, actualmente en horas baixas debido á misteriosa despoboación de abellas que se vén producindo dende hai un tempo, suceso do que voltaremos a falar a non moito tardar...
LINKS A MAIS BOLBORETAS:
Primeira tirada de bolboretas
As fotos fermosas e o texto divertido e interesante. Non son entendida na materia, polo que non che podo refutar as túas suposicións, pero aportas un coñecemento do Carreirón moi importante. Parabéns!!
ResponderEliminarMagníficas fotos!!, dous apuntes: a que tes como Polyommatus icarus en realidade é unha Lampides boéticus, e a que tes como Hipparchia semele é unha Hipparchia statilinus.
ResponderEliminarxa dicía eu... graciñas pola aclaración, tomo nota... e non te manteñas moi lonxe, que vas facer falla ;)
EliminarPodes participar en Facebook na páxina: https://www.facebook.com/MariposasYOrugas
Eliminare por se che interesa o tema, podes seguii tamén o blog:
http://mariposasyorugas.blogspot.com.es/
Apertas!!