Unha raniña moi repoluda
Por aquí chamámoslle Estroza, ou tamén Rá de Santo Antón, ou Rá das figueiras, ou senon Rela Común. (Hyla arbórea ou Hyla molleri, non é nada sinxelo saber cál das variedades é a nósa, mais decántome pola primeira, pois polo que teño lido, a "molleri" ándanos pola costa norte galega. (click nas fotos pra ampliar)
En calquera caso as diferencias entre as dúas especies non son apreciables a simple vista, pois disque son "variacións moleculares do xenoma mitocondrial". Vaia, qué complicado, así que para os que non puxemos moito apejo na escola e tampouco temos un microscopio ou algo así á man, habemos de conformar con falar de oídas...

Imposible albiscalas, a non ser que fagan un movemento que as delate. A partires daí, as probiñas non dan ningún traballiño... Alí che quedan quietiñas e confiadas na súa camuflaxe.

Seica poden mudar a súa cor exterior, chegando a se tornar nalgúns casos amarela, parda, ou aínda azul, e todo dependendo do entorno no que se mova.
Particularmente, as raras ocasións nas que as temos visto pola Arousa sempre foron verdes, movéndose en paraxes de herba alta, polo que penso que por eiquí nonas debe haber doutra cor.
Unha cousa que non sabía, e que a especie é endémica da Península Ibérica, habitando nun triángulo imaxinario Algarve-Fisterra-Navarra, esto é, dividindo diagonalmente a península do Nordés ó Suroeste, aínda que con poboacións mais fecundas no Oeste-Noroeste.

Outra das cousas mais simpáticas que teñen estas raniñas son eses papiños redondos nas puntas dos dedos que lle proporcionan a aderencia que precisan pra gabear polas herbas altas onde adoitan moverse de día, e tamén ó solpor e á noite, períodos nos que están mais activas cazando os pequenos insectos dos que se alimentan principalmente.

![]() |
A ver quén atopa un bichiño mais pavero |
Empachos de esplendor que nos agasalla a Natureza...
Unha rá con moito encanto. Nunca vin ningunha que non fora en foto. Seica lle cambiaron o nome científico... Interesante entrada, agradécese o relato
ResponderEliminaro ano pasado foron doadas de atopar, non sei si foi un ano especialmente prolífico ou si un xa sabe un pouco onde buscalas. Agora que chega o vran espero retratar mais, si se deixan :D Un saudiño
EliminarPreciosa entrada... corroboro a existencia de exemplares marrons, gris azulado, en verdes de todos os tons (según o tipo vexetal predominante na zona)... xuro no haber visto azuis e moito menos amarelas, pero habelas hailas .
ResponderEliminarpor aquí parece que todas son verdes, pero como temo-lo mar tan arrente, ó mellor aparece algunha azul... ;-) grazas polo comentario.
Eliminarrana linda :)
ResponderEliminarTengo visto alguna. Para mi era la "rana de San Antón" pero como siempre aprendiendo de los que saben.Gracias por toda y tanta información.
ResponderEliminarSí, é mais coñecida por Raniña de San Antón, aínda que eu gosto mais do seu nome galego... 😊😘
ResponderEliminar