x
OBRIGADO DA TUA VISITA !! Agardo que gostes do contido

14_09

O Arao solitario


O Arao solitario



Xa hai algunhas semanas que os meus "servizos de contraespionaxe" me veñen informando da enigmática aparición dunha ave peláxica polo mar de Niño de Corvo, misterio que por fin podemos documentar debidamente con estas tres fotos e mailo estupendo vídeo de Gabi Comojo que podemos disfrutar embaixo. Probas irrefutables de que un solitario Arao (Uria aalge) "navega", entre nós sen que estea nada claro o que fai un único exemplar tan afastado do seu entorno natural que é o mar de costa, polo que ímolo poñer baixo control policial, a ver si adiviñamos en qué negocios anda.
(click nas imaxes pra ampliar)


Teño lido que destes bichiños había en Galiza arredor de 1500 parexas que criaban nos anos 60s. Porén, o desolador panorama dos 90s contaba unha ducia escasa, e disque todas pola costa norte, por Sisargas-Cabo Vilán.
E que conste que éstas informacións eran previas ó desastre do Prestige, que foi unha verdadeira calamidá pra moitas especies mariñas. Agoiro si non estaremos observando un potencial fósil vivinte desta ave tan elegante e fermosa, unha das mais parecidas ós pinguins das que temos por veciñas, e tan ameazado pola nefasta influencia da acción humana.

Por certo, que a anterior testemuña destas aves pola Illa foi o triste achado en Xaneiro do exemplar morto da foto de abaixo na praia da Lameira de Carreirón, vítima dos durísimos temporais do pasado inverno, que fixeron estragos nas colonias de aves por todo o Norte peninsular. Aínda era o que faltaba...

Todo isto convirte a evidencia do noso exemplar de Niño de Corvo nunha presencia aínda mais estrana do que podía parecer, pois o comportamento lóxico destas aves peláxicas é que desenrolen toda a súa actividade vital (alimentación, emparexamento, cría...)  por fora da costa, e non nas augas menos ricas en peixe do interior da nosa Ría, mais a realidade é a que é, e éste simpático "turista" parece que gosta moito da nosa Arousa ;-)



Vaia, que á forza de querer ser positivos, si temos en conta que si en toda Galiza crían vintepico déles, e só na Arousa (que non é o seu hábitat habitual) xa temos visto dous entre vivos e mortos, quérome aférrar á idea de que a poboación cecais se estea recuperando. Agollá...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

👉 Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño... 🙋🏻‍♂️