x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Mazarico chiador, un tipo revirado





Nestas alturas da Primavera, a piques de entrar no vran, non agardaba pra nada ter a oportunidade de roubarlle o seu mellor perfil a unhas aves que me levan esquivando todo o inverno e que agora mesmo deberían estar a miles de kilómetros daquí:


Mazarico chiador - Zarapito trinador - Whimbrel
(Numenius phaeopus)




Cértamente, os Mazaricos son aves invernantes que na Galiza están catalogadas como "de paso" localizándose prácticamente por todo o litoral.
O primeiro saltoume diante dos ollos de costas, pois como adoita acontecer, para cando eu chegaba, xa él iba de volta...


O seu orixinal peteiro débese, como tódalas aves, ás preferencias e hábitos alimenticios. Éstes aliméntanse de invertebrados, ós que pillan pola retagarda dando un rodeo có revirado apéndice.


Entre as limícolas invernantes da nosa contorna, creo que é a de tamaño mais grande, só superado polo seu "primo" o Mazarico real, do que falaremos en canto se me poña a tiro.


Non é doado diferenciar ós mozos dos adultos, seica teñen unhas cores menos intensas nas plumas superiores do torso, e mais porque o peteiro é mais corto nos primeiros. Tamén se distinguen polo mesmo as femias dos machos.
Porén, élas, que son de maior tamaño, téñeno mais grande.
(...o peteiro) 



Despois apareceron dous mais. Non sei si sería unha unidade familiar ou un grupo do whatsapp, mais fanse estranos nesta época do ano, aínda que teño lido que os ornitólogos andan a detectar últimamente individuos dalgunhas especies invernantes que se están a facer residentes, botando todo o ano con nós.


As medidas para o traxe son:
Lonxitude, 45 cm.
Envergadura, 88 cm.
Peso: 430 gr.
O que non sei aínda é o número que calzan...



Vaia, que neste caso tuvemos bastante sorte, pois deixáronse retratar sen demasiada dificultade. Non sei si é que vou mellorando nas técnicas de aproximaçao, ou si estaban entusiasmados có que atopaban nos Cóns e non repararon no espía, o caso é que ata me deixaron grabalos un anaquiño no vídeo denriba.


E agora, imaxes do fin do Vran do 2016, cós primeiros exemplares da tempada, que supoño invernantes acabados de chegar, pois durante todo o estío non apareceron nin siquera a tomar unha cervexa. Nesta ocasión era un Mazarico chiador que, arrente dun Bilurico bailón, enfrontaron a miña presenza con tal despreocupación que ata me deixaron montar o trípode pra grabalos a escasos vinte metros, cértamente perigosos prá marxe que uns e outros adoitan conceder.


Unhas fermosísimas imaxes que non podía deixar de incorporar ó seu escaparate privado no blog.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño