x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Cobra sapeira, unha familia numerosa




Non resulta moi doado o avistamento de ofidios pola Arousa. Nas moi contadas ocasions precedentes só pudemos correr tras délas coma tolos paparazzis tentando roubarlles algunha imaxe que puderamos subir aquí, antes de que desapareceran polo medio dos toxos tan axiña como saíron déles coma se dalgún cinematográfico vampiro que tuvera que fuxir da luz do Sol estuveramos a falar.
E case sempre aparecendo de repente, cruzando inocentes por algun dos vieiros de Carreirón.


Mais na última ocasión a nosa artista non pudo fuxir da fame de fotos que sempre levamos. Porén, só lle pudemos ver o final da cola, mentras se derretía entre a herba fuxindo da nosa acosadora cacería dixital, pra, de repente, "desaguar" por un buratiño no chan non moi lonxe dalí.


Ó primeiro supoñiamos que ése burato sería algunha saída de emerxencia do niño, o que pudera ser, mais dalí a un pouco decatámonos de que viña de se espir, ronzando o corpo contra un pandullo, pra liberar tras déla na fuxida (coma naquel conto da "Cenicienta"), unha peza do seu traxe que nos indicaría á direución correcta do seu chalet:

Unha muda de pel case completa que amigos expertos identificaron como a dunha Cobra sapeira (Natrix maura).


Vaia, que o fío levou ó ovillo, coa sorte de encetar un niño con alomenos cinco exemplares  neonatos, acho que de escasos días, que ó verse espostos de repente á luz, fuxiron con rapidez desaparecendo por varias galerías excavadas no chan do acubillo.

Na visita do seguinte finde non atopamos ningunha, mais sí un bó "roupeiro" cunha chea de mudas completas desordenadas polo chan, cuxo tamaño amosábanos que xa medraran mais do dobre en só unha seman.


Antes desto, cando descobrimo-lo niño, unha das crías quíxonos amosar algunhas das súas habilidades. Por exemplo, como non son velenosas pero sí moi astutas, pra se defenderen tentan estarrecer ó opoñente aquelando o ataque dunha víbora, có corpo tensionado en roda como se vé no vídeo, pra lanzar embestidas coma aquelas. Eiquí lanzou un par délas, mais non fun quén de grabalas.

Benefícianse do parecido coas víboras mesmamente pola forma triangular da cabeza, e tamén no debuxo da pel, con ése entramado en zig-zag, moi semellante ó dalgunhas variedades tóxicas. Hai un par de anos, noutro encontro cunha destas atrevidas, ó se decatar de que tiña pechada a retirada, ata se ergueu "facendo a Cobra" nunca mellor dito, arremedando embestidas coma as das súas tocaias de outros moi remotos lares.


Mais, prá tranquilidade daqueles que tropecen con algunha sen telas visto antes, a súa inocencia e inocuidade delátanse nas redondas meniñas dos ollos, por contra das especies velenosas que sempre as teñen dispostas nunha liña vertical no medio do ollo. Vaia, que si a mirada da nosa cobra pode meter respeto, a dunha especie tóxica pódeche deixar teso coma un pau...

Así que xa viña bén aprendido este cativiño que non chegaba ós 10cm. de "liñon", mais o miudo tamaño non foi traba pra se amosar así de encabreado tentando intimidarnos coa súa insolente actitude.

Haberá que ficar atentos por si,  pra cando medre un pouco mais nos volvemos a ver.


...Quén sabe, ó mellor aínda lle acorda éste encontro e temos catro palabras...


Para a Primavera tuvemos outro inesperado encontro non moi lonxe, con algunhas surprendentes curiosidades. A primeira é a chamativa cor verdosa deste exemplar, tendo en conta que se move por un entorno similar ás primeiras.


E o segundo é a enigmatica presenza no mesmo burato dun Lagarto Arnal, có que aparentemente alternaba as saídas ó mesmo balcón, pois cando agardabamos atopar a un, tiñamos ó outro no mesmo sitio. Vaia cós réptiles, cosas veredes...









1 comentario:

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño