x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Cullereiros anónimos





Este ano pódese aseverar que os Cullereiros facturaron a nosa Illa nas suas viaxes turísticas, pois xa van sendo ben sinxelos de atopar, sobre todo polo esteiro das Aceñas e polas praias  que encerran a enseada de Carreirón.

Ademais no último finde ata deixaronse achegar un chisquiño mais, dabondo como pra acadar éstas boas anque curtas tomas de vídeo:





Iso foi o que lle aconteceu un servidor, transfigurado no intrépido heroe desta historia, según queda narrado para a posteridade na minudenciosa crónica que deseguido se relata: 



Descobertos como por obra da Divina Providencia, comeza o retratista a achegarse a éles coma quen non quere a cousa, (al bies, e asubiando de lado).
Os bichos, confundidos pola hábil maniobra de distración, seguen na faena... Un déles levanta a cabeza do "escritorio", mais non percibe ameaza, só un pringado ó lonxe...
Así que en vista de que a sorte semella propicia, e aproveitando a insólita indiferencia das aves ése día, avanza un pouquiño mais. Cada metro que se achega ós inmundos bichos, toma as fotos que lle permite a dór do seu conxelado dediño de premer.
De súpeto, despístase un por detrás dun cón.
Parece ser que foi acender un pitillo ó abrigo.

...aínda que ben pensado, ése día non facía vento ningún. 
A comedela á que se entregan con frenesí vai gañando lambóns, sumando outro repoludo exemplar á mariscada.
Había papatoria dabondo, pois non facían mais que enviar miñocas ó bandullo pola escorregadoira da súa longa e entortada gorxa.
E chega o clímax de tan proceloso suceso. Ata esta distancia chegou a conquista territorial do noso temerario artista do obturador na misión de se arrimar ás temibles alimañas marinas, non fora a estragar tan concorrida celebración.
Oi que carallo, -seica dixo éste da foto- que corra o aire, que me paréce que xa te estás arrimando de mais con ésa ameazante vara que levas na man, que non creo que sexa pra te poñer a mariscar con nós.
(era o monopié)...

Nin un paso mais!

E o triste final foi que o chismoso darriba foille "cajar" ós demais que había un tipo por dentro das boias, así que fuxiron prá outra banda sen poder facer xa mais foto que ésta de despedida. Mais por fortuna xa daquela iba bén empachada a cámara de fotos, e non de miñocas cértamente...



E falando de todo un pouco, puden constatar que os Cullereiros que mariscan pola nosa Illa non presentan aneis nas patas, a diferencia dos que puden observar en Vilanova ou en Cambados, que sí estaban marcados.

Eu penso que son estrelas do famoseo que migran ó noso país de incógnito, mais aquí non poden evitar ó paparazzi de Carreirón que é quen os deixa rexistrados e fichados neste blog. Confío  que na vindeira oportunidade lle poida facer unha entrevista a algún, anque sexa por señas, porque éstes creo que veñen dos países nórdicos e eu non che entendo nin papa de neerlandés...










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño