x
MOI AGRADECIDO DA VISITA !! Agardo que gostes do contido

Estricallada coma unha marquesa





Garza real (Ardea cinerea)
Un dos bichos mais difíciles de retratar. Cando se decatan de que sube-la cámara ó ollo, fuxen roñando prá praia do lado ou pior, pra un Cón mais pa fòra. Por sorte, ésta dificultade compénsase có grande tamaño destas aves, que habilita unha boa foto a unha distancia considerable, eso sí, cun tele-obxectivo digamos, mediano. Si nono tés, bótalle pacencia... (click nas imaxes pra ampliar)



Xúntanse en colonias pra criaren entre febreiro e agosto, preferindo as árbores, aínda que tamén poden aniñar nas xunqueiras ou entre a herba como fan na Lagoa de Carreirón, mais sempre procurando que sexa arrente da auga.



Pápano todo, cazando dende invertebrados ata rás, peixes, ou aínda furonsiños. A "subespecie" que habita polas nosas rías desenrolou unhas cualidades adaptativas características, que lle facilitan por exemplo, a supervivencia deambulando polos puntóns das bateas sen escarallarse.



Ésta da foto alí estaba, nun descanso no medio do desdoble...




Disque só crían no centro-sur da Peninsula, o que debe ser certo, pois pola Arousa nunca lle vin crías pequenas. E despois de criar espállanse por toda a península. Eso sí, sempre coa auga arrente délas, doce ou salgada, non son escrupulosas con isto.


Vaia, a mín fánseme un pouco "repunantes" con tanta desconfianza, poñéndonos as cousas ben difíciles ós que só queremos inmovilizalas nunha indolora tarxeta SD. Mais coido que pra elas é mellor así que si fosen mais confianzudas, porque non todos levamos sempre tan boas intencións.




De tódolos xeitos, as previsibles dificultades que previamente che fixesen padecer, compénsanse coa beleza e gracilidade da súa figura. Cousa da que ésta darriba parece convencida, e ata semella que nos ofrece uns pasos de ballet. Plié-Demi Plié, 1,2,3,4... 



Mellor deixalas estar coas súas cousas. Si gostan que "corra o aire" será por algo...
A Natureza, sempre tan sabia, suxírelles prudencia...




1 comentario:

Agradezo tódolos comentarios, só pido sentidiño